Mediante a Orde do 23 de febreiro de 2018 (Diario Oficial de Galicia nº 48, do 8 de marzo) convocouse o concurso de méritos específico entre persoal funcionario de carreira dos corpos docentes que imparten ensinanzas reguladas na Lei orgánica de educación 2/2006, do 3 de maio, para cubrir postos de persoal docente en prazas sometidas a convenio ou a programas específicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.
Logo de realizada a valoración inicial pola comisión de selección, publicouse no portal da internet da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria o baremo provisional dos méritos e a relación provisional de persoas excluídas e a causa da súa exclusión. Logo de revisadas as reclamacións presentadas, con base no disposto polo artigo 7 da citada convocatoria,
DISPOÑO:
Primeiro. Facer pública, no anexo a esta orde, a adxudicación definitiva dos postos obtidos no concurso público convocado pola referida orde.
Segundo. De conformidade co disposto no artigo 8 da citada orde, as persoas seleccionadas deberán incorporarse ás prazas obtidas con data do 1 de setembro do ano 2018, en réxime de comisión de servizos por un período de un ano e ata un máximo de seis, e con reserva do posto de traballo de orixe.
Terceiro. Contra esta orde, que lle pon fin á vía administrativa, as persoas interesadas poderán formular con carácter potestativo un recurso de reposición ante o conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, de conformidade co establecido na Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, ou ben directamente o recurso contencioso-administrativo no prazo de dous meses ante o xulgado do contencioso-administrativo que resulte competente, segundo o establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.
Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2018
Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
ANEXO
Apelidos e nome |
DNI oculto |
Denominación da praza |
Correa Jorge, Javier |
****0400* |
1. E.E. Antonio Escaño (590214) |
Estévez Diéguez, José Manuel |
****9854* |
1. E.E. Antonio Escaño (591202) |
Fernández Martínez, Alfredo E. |
****8938* |
1. E.E. Antonio Escaño (591202) |
Tenreiro Allegue, Vidal |
****5532* |
2. E.N. da Graña (590101) |
Pereira Romero, José Luis |
****5110* |
2. E.N. da Graña (591201) |
Piñeiro Edreira, Ángel |
****3938* |
2. E.N. da Graña (591201) |
Luca de Tena López-Escobar, Iago |
****2863* |
3. CIFP Coia-Vigo (591206) |
Aneiros López, Antonio |
****7345* |
4. Asesor Abalar. Zona Ferrol |
Salgado Álvarez, Ignacio Amando |
****5600* |
4. Asesor Abalar. Zona Allariz |
Blanco Madernaz, Antonio |
****9508* |
4. Asesor Abalar. Zona O Barco |
Iglesias Diz, Xosé Manuel |
****4710* |
4. Asesor Abalar. Zona Tui |
Anido Canedo, Julio |
****7694* |
5. Asesor Abalar Xade |
García Rodríguez, César Valentín |
****3593* |
6. Asesor Abalar Desenvolvemento |
Varela Gestoso, Fernando |
****4562* |
6. Asesor Abalar Desenvolvemento |
Ortigueira Hermida, Matilde Isabel |
****9705* |
7.1. Complexo Hospitalario Pontevedra |
Porta Rodríguez, María Pilar |
****3789* |
7.2. Hospital Arquitecto Marcide Ferrol |
Patiño Grela, Víctor Manuel |
****3725* |
8. IES Sabón (591201) |
Pita Graña, Alberto |
****1515* |
8. IES Sabón (591226) |
Lage Gil, Eva María |
****3662* |
9. Convenio ONCE |
Darriba Rodríguez, Lucía |
****3570* |
10. Coordinador/a escolarización poboación marxinada |