Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Xoves, 19 de xullo de 2018 Páx. 34225

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Noia

ANUNCIO da convocatoria de tres prazas de policía local, grupo C, subgrupo C1, polo sistema de oposición libre, incluídas na oferta de emprego público 2018.

Mediante o Decreto do concelleiro delegado con responsabilidades na Área de Persoal, número 1323/2018, do 19 de xuño, aprobáronse a convocatoria e as bases reguladoras do proceso selectivo para a cobertura en propiedade de tres prazas vacantes no corpo da Policía Local do Concello de Noia, grupo C, subgrupo C1, escala Administración especial, subescala servizos especiais, escala básica e categoría de policía, polo sistema de oposición libre.

No Boletín Oficial da provincia da Coruña número 120, do 26 de xuño de 2018, publicáronse integramente as bases reguladoras do proceso selectivo, oposición libre, para a provisión en propiedade de tres prazas no corpo da Policía Local do Concello de Noia, incluídas na oferta de emprego público 2018.

O prazo de presentación de solicitudes será de vinte (20) días naturais contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado.

Noia, 28 de xuño de 2018

O alcalde
P.D. (Decreto 497/2018)
Saturnino Balderrábano Mayo
Concelleiro responsable da Área de Persoal