Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34532

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 21 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente sancionador 2017446TA-CO por infraccións en materia sanitaria.

Non se puido levar a cabo a notificación da resolución do expediente sancionador 2017446TA-CO incoado a Franklin Sosa Sosa.

De acordo co previsto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, procédese á súa notificación mediante anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE). Poderá consultar o expediente nas dependencias da Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade, sita na rúa Durán Loriga, 3, A Coruña.

A resolución non esgota a vía administrativa e poderá interpoñer recurso de alzada, ante o conselleiro de Sanidade, no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, segundo establecen os artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

No caso de estar de acordo co contido desta resolución, o pagamento voluntario da sanción poderá efectualo en calquera entidade bancaria colaboradora empregando os impresos normalizados que lle facilitarán nas dependencias da xefatura territorial.

Os prazos serán os seguintes:

– Sancións notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes: ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

– Sancións notificadas entre os días 16 e último de cada mes: desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o primeiro día hábil seguinte.

A Coruña, 21 de xuño de 2018

A xefa territorial da Coruña
P.S. (Artigo 19.3 do Decreto 41/2013, do 21 de febreiro)
Marta Gil Pérez
Xefa do Servizo de Xestión da Coruña

ANEXO

Nº expediente: 2017446TA-CO.

Interesado: Franklin Sosa Sosa (Café Bar Palenque 2).

DNI/NIF/CIF: 51270152R.

Último enderezo coñecido: avda. de Vilagarcía, 26-1º A, 15706 Santiago de Compostela.

Figueiras, 4, baixo, O Milladoiro, 15895 Ames.

Feitos imputados: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.