Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34522

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2018, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se emprazan os interesados no recurso contencioso-administrativo P.O. 110/2018, interposto por Noelia Cortón Iglesias.

A Dirección Xeral da Función Pública recibiu un oficio do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia polo que solicita o expediente relativo ao recurso contencioso-administrativo P.O. 110/2018, interposto por Noelia Cortón Iglesias contra a Resolución da Consellería de Facenda da Xunta de Galicia, do 1 de febreiro de 2018, pola que se desestima o recurso de alzada interposto contra a Resolución do 31 de outubro de 2017, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo auxiliar da Administración xeral da Comunidade Autónoma de Galicia, subgrupo C2 (DOG núm. 210, do 6 de novembro).

En consecuencia, esta dirección xeral acordou nesta data, de conformidade co disposto no artigo 49 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, a remisión do correspondente expediente administrativo ao referido tribunal.

O que se notifica para xeral coñecemento de todas as persoas interesadas no procedemento, que son emprazadas para que poidan comparecer como parte nos autos da Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal, no prazo de nove días, contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2018

José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública