Para dar cumprimento ao disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, segundo o cal a publicación no Boletín Oficial del Estado resulta preceptiva «cando os interesados nun procedemento sexan descoñecidos, se ignore o lugar da notificación ou ben, intentada esta, non se puidese efectuar...», mediante este anuncio infórmase da consignación do prezo xusto determinado polo Xurado de Expropiación de Galicia, máis os xuros correspondentes, no procedemento expropiatorio sobre os bens e dereitos afectados pola instalación eléctrica denominada LMT, CT, RBT Curro de Arriba, no concello de Narón (expediente IN407A 2015/81-1), correspondentes aos predios e ás titularidades que se sinalan no cadro anexo que máis abaixo se detalla.
A Coruña, 10 de xullo de 2018
Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña
ANEXO
Expediente: IN407A 2015/81-1.
Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.
Denominación da instalación: LMT, CT, RBT Curro de Arriba.
Concello: Narón.
Predio |
Depósito |
Titularidade proposta |
1 |
1165/2018 |
Herdeiros de José Freire López |