Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34556

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Mar

ANUNCIO do 5 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica a resolución do expediente PSC-CO-241/2018-PPM e un máis.

De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de ser intentada sen éxito a notificación persoal a través do servizo de Correos, notifícase ás persoas interesadas que se sinalan no anexo deste anuncio, a resolución do expediente PSC-CO-241/2018-PPM e un máis.

A eficacia do acto queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), polo que o prazo para presentar o recurso computarase desde esa publicación.

As persoas interesadas poderán comparecer nas oficinas da sede da Xefatura Territorial da Consellería do Mar, sitas na rúa Ramón y Cajal, 2-5º, da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución e constancia de tal coñecemento.

Contra a resolución do expediente de referencia, que non pon fin á vía administrativa, poderán as persoas interesadas interpoñer recurso de alzada ante a conselleira do Mar no prazo dun mes, contado o dito prazo a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE), de conformidade co disposto nos artigos 121 e 122 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, en relación coa disposición transitoria terceira, letra c) da mesma lei.

A Coruña, 5 de xullo de 2018

O xefe territorial da Coruña
P.D. (Resolución do 6.10.2017)
Mª José Cancelo Baquero
Xefa do Servizo de Recursos Mariños

ANEXO

Nº de expediente

Interesados

DNI/NIF/NIE

Acto que se notifica

Enderezo

PSC-CO-241/2018-PPM

Eloy Gómez Roo

53489141L

Resolución

Arral-Rianxiño, 64, 1º B, Rianxo

PSC-CO-429/2018-PRE

Adolfo Ares Rey

52459333J

Resolución

Ría Azor, 44, 4º, Palmeira, Ribeira