Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 140 Luns, 23 de xullo de 2018 Páx. 34455

III. Outras disposicións

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 5 de xullo de 2018 pola que se revisa a declaración de zonas sensibles no ámbito territorial das bacías hidrográficas de Galicia-Costa.

A Directiva 91/271/CEE, do Consello, do 21 de maio, sobre o tratamento das augas residuais urbanas, establece unha serie de medidas coa finalidade de garantir que as ditas augas sexan tratadas correctamente antes da súa vertedura.

O Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas, incorporou ao ordenamento interno a mencionada directiva, regulando a obriga de dispor dun sistema de colectores para a recollida e condución das augas residuais en determinadas aglomeracións urbanas e fixando os distintos tratamentos aos que deberán someterse tales augas antes da súa vertedura ás augas continentais ou marítimas, distinguindo se esas verteduras se efectúan en zonas sensibles ou non.

O artigo 7.3 do citado Real decreto lei 11/1995 prevé que a Administración xeral do Estado declarará as zonas sensibles nas bacías hidrográficas que excedan o ámbito territorial dunha comunidade autónoma e que as comunidades autónomas efectuarán a devandita declaración nos restantes casos e darán a oportuna publicidade no respectivo diario oficial.

O artigo 7.2 do Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, de desenvolvemento do Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas, dispón que a declaración de zonas sensibles debe revisarse polo menos cada catro anos.

Mediante a Resolución da Presidencia de Augas de Galicia, do 22 de maio de 2001 (DOG do 30 de maio), declarouse a ría de Pontevedra como zona sensible.

Mediante a Resolución da Presidencia de Augas de Galicia do 28 de xaneiro de 2009 (DOG do 4 de febreiro) mantívose a declaración da ría de Pontevedra como zona sensible e declarouse como zona sensible a ría de Ferrol.

Mediante a Resolución da Presidencia de Augas de Galicia do 28 de xaneiro de 2013 (DOG do 27 de marzo) mantívose a declaración das rías de Pontevedra e de Ferrol como zonas sensibles e declaráronse como zonas sensibles os encoros e as lagoas indicados no anexo da resolución.

Polo tanto, transcorridos máis de catro anos desde a última declaración de zonas sensibles no ámbito territorial das bacías hidrográficas de Galicia-Costa, procede realizar a súa revisión, co fin de, se for o caso, manter a cualificación como zonas sensibles das designadas anteriormente e/ou proceder á declaración de novas zonas como sensibles.

O artigo 11.1 da Lei 9/2010, do 4 de novembro, de augas de Galicia, dispón que corresponden a Augas de Galicia no ámbito da xestión das bacías intracomunitarias, as competencias que o ordenamento xurídico vixente en materia de augas atribúe aos organismos de bacía.

Realizados os pertinentes estudos, logo de dar audiencia aos concellos afectados e de acordo co establecido no artigo 7 do citado Real decreto 509/1996, do 15 de marzo,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar como zonas sensibles as que se relacionan no anexo da presente resolución, para os efectos previstos no Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas, e de acordo co criterio a) establecido no anexo II do Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, de desenvolvemento do Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro, polo que se establecen as normas aplicables ao tratamento das augas residuais urbanas.

Segundo. Tendo en conta o indicado no punto anterior, de acordo co Real decreto 509/1996, do 15 de marzo, nos lagos e cursos de auga que desemboquen en lagos, lagoas, encoros e baías pechadas que teñan intercambio de augas escaso e nos que, polo tanto, pode producirse unha acumulación, convén prever a eliminación de fósforo e tamén poderá considerarse a eliminación de nitróxeno.

As autorizacións de verteduras poderán impoñer requisitos máis rigorosos cando sexa necesario para garantir que as augas receptoras cumpran coas normas de calidade ambiental fixadas na normativa vixente e cos obxectivos ambientais que se establezan nos plans hidrolóxicos.

Terceiro. Identificar para cada unha das mencionadas zonas sensibles as aglomeracións urbanas que vertan nelas e que contan na actualidade con máis de 10.000 habitantes equivalentes. Esta relación completarase con aquelas aglomeracións urbanas que superen os 10.000 habitantes equivalentes durante o período de vixencia da presente resolución, tras a revisión que se faga na Comunidade Autónoma de Galicia das aglomeracións urbanas en que se estrutura o territorio, de acordo co establecido no artigo 3 do citado Real decreto lei 11/1995, do 28 de decembro.

Cuarto. Dar publicidade desta declaración mediante a súa inclusión no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Esta declaración de zonas sensibles deberase revisar nun prazo máximo de catro anos.

Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2018

Beatriz Mato Otero
Presidenta de Augas de Galicia

ANEXO

Relación de zonas sensibles e de aglomeracións urbanas maiores de 10.000 habitantes equivalentes afectadas pola declaración de zonas sensibles na Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa

Zona sensible

Aglomeración maior de 10.000 habitantes equivalentes

Concellos pertencentes á aglomeración

Código de masa de auga

(EUMSPFCOD)

Código de zona protexida (EUZPROTCOD)

Ría de Pontevedra

Pontevedra-Marín-Poio

Pontevedra, Marín e Poio

ES014MSPF27

ES014ZSENESCM626

Bueu

Bueu

ES014MSPF48

 

 

ES014MSPF8

Ría de Ferrol

-

-

ES014MSPF39

ES014ZSENZPZSGC1

-

-

ES014MSPF52

O Miñor (A Ramallosa)

Gondomar

Gondomar e Vigo

ES014MSPF25

ESCA2018

Encoro das Forcadas

-

-

ES014MSPFES.014.MR.069.000.03.00

ES014ZSENZPZSGC12

Encoro de Baiona

-

-

*

ES014ZSENZPZSGC23

Encoro de Beche

-

-

*

ES014ZSENZPZSGC18

Encoro de Caldas de Reis

-

-

ES014MSPFES.014.MR.253.000.03.00

ES014ZSENZPZSGC17

Encoro de Cecebre

-

-

ES014MSPFES.014.MR.122.000.02.00

ES014ZSENZPZSGC13

Encoro do Con

-

-

ES014MSPFES.014.MR.248.000.01.00

ES014ZSENZPZSGC22

Encoro de Eiras

-

-

ES014MSPFES.014.MR.298.025.02.00

ES014ZSENZPZSGC15

Encoro de Ponte Olveira

-

-

ES014MSPFES.014.MR.184.000.03.03

ES014ZSENZPZSGC11

Encoro de Pontillón de Castro

-

-

ES014MSPFES.014.MR.273.052.03.00

ES014ZSENZPZSGC14

Encoro de Rosadoiro

-

-

ES014MSPFES.014.MR.131.000.01.00

ES014ZSENZPZSGC21

Encoro de Santa Uxía

-

-

ES014MSPFES.014.MR.184.000.03.01

ES014ZSENZPZSGC20

Encoro de Vilasenín ou San Cosmade

-

-

ES014MSPFES.014.MR.204.038.05.00

ES014ZSENZPZSGC19

Encoro de Zamáns

-

-

ES014MSPFES.014.MR.311.006.01.00

ES014ZSENZPZSGC16

Lagoa de Baldaio

-

-

ES014MSPF35

ES014ZSENZPZSGC7

Lagoa de Bodeiro

-

-

**

ES014ZSENZPZSGC2

Lagoa de Carnota-Caldebarcos

-

-

ES014MSPF32

ES014ZSENZPZSGC8

Lagoa de Corrubedo

(Artes-Carregal)

-

-

ES014MSPF30

ES014ZSENZPZSGC9

Lagoa de Doniños

-

-

**

ES014ZSENZPZSGC5

Lagoa de Frouxeira

-

-

ES014MSPF40

ES014ZSENZPZSGC10

Lagoa de San Pedro de Muro

-

-

**

ES014ZSENZPZSGC4

Lagoa de Sobrado dos Monxes

-

-

**

ES014ZSENZPZSGC6

Lagoa de Vixán

-

-

**

ES014ZSENZPZSGC3

* Encoros que no momento da designación non cumprían os criterios para a súa designación como masa de auga.

** Lagoas pendentes de clasificar como masa de auga debido ás súas particulares características.