Por Resolución do 25 de abril de 2018, da Consellería de Economía, Emprego e Industria, declarouse a utilidade pública, en concreto, así como a compatibilidade con diversos dereitos mineiros, do proxecto do parque eólico Pena Forcada-Catasol II, emprazado no concello de Laxe (A Coruña) e promovido pola sociedade Gas Natural Fenosa Renovables, S.L.U. (IN661A 2010/3-1).
De conformidade co disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio emprázase á Asociación Ecoloxista Verdegaia, a Extracción y Transformación del Granito, S.L. e aos herdeiros de Purificación Carril Lema (rpte.: Perfecto de la Fuente Carril) para ser notificadas por comparecencia, por non ter sido posible practicar a notificación prevista na citada norma, logo dos intentos efectuados.
As persoas interesadas ou os seus representantes legais deberán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na sede da Dirección Xeral de Enerxía e Minas, sita no Edificio Administrativo San Caetano s/n, bloque 5, 4º andar, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres. A eficacia deste anuncio queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial do Estado (BOE).
Transcorrido o prazo indicado no parágrafo anterior sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2018
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas