Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35224

III. Outras disposicións

Consellería de Sanidade

ORDE do 20 de xullo de 2018 pola que se publica o Acordo sobre as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e entidades adscritas a esta consellería e ao dito organismo.

Coa data 6 de xullo de 2018, na mesa sectorial de negociación do persoal estatutario os/as representantes da Administración sanitaria e as organizacións sindicais CIG, CESM (na condición de adherida), UGT, CSIF e SATSE asinaron o Acordo sobre as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e as entidades adscritas á Consellería de Sanidade e ao dito organismo, de conformidade coas previsións que ao respecto conteñen o artigo 38 da Lei do Estatuto básico do empregado público (texto refundido aprobado polo Real decreto legislativo 5/2015, do 30 de octubre), o artigo 154 da Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e os artigos 79 e 80 da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do estatuto marco de persoal estatutario dos servizos de saúde.

Neste momento, unha vez que o dito acordo, por proposta desta consellería, foi expresa e formalmente aprobado polo Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do 19 de xullo de 2018, procede a súa publicación.

De conformidade co que antecede,

DISPOÑO:

Artigo único

Publícase, para xeral coñecemento e efectividade, o Acordo sobre as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e as entidades adscritas á Consellería de Sanidade e ao dito organismo, asinado con data 6 de xullo de 2018 na mesa sectorial de negociación do persoal estatutario polos representantes da Administración sanitaria e as organizacións sindicais CIG, CESM (na condición de adherida), UGT, CSIF e SATSE, o cal entrará en vigor o día da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2018

Jesús Vázquez Almuíña
Conselleiro de Sanidade

Acordo polo que se establecen as bases da carreira profesional no ámbito
do Servizo Galego de Saúde e as entidades adscritas á Consellería
de Sanidade e ao dito organismo

A Administración sanitaria e as organizacións sindicais representativas teñen constatado a necesidade de regular e implantar un modelo de carreira profesional para o persoal das institucións sanitarias públicas de Galicia en desenvolvemento do previsto nesta materia pola Lei 55/2003, do 16 de decembro, do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde, e no que se refire ao persoal sanitario con formación universitaria pola Lei 44/2003, do 21 de novembro, de ordenación das profesións sanitarias.

Porén, as circunstancias económicas, as medidas adoptadas no ámbito do emprego público e a normativa e dispoñibilidades orzamentarias imposibilitaron promover unha negociación con certas expectativas de consenso na Mesa Sectorial de Negociación.

A mellora da situación económica e orzamentaria, que xa derivou na recuperación nos últimos anos de certos dereitos suspendidos, permitiu que a Administración sanitaria e as organizacións sindicais acordasen no mes de outubro de 2017 iniciar a negociación das bases da carreira profesional, e impulsala de modo prioritario na procura de finalizar a negociación e acadar un acordo, no mes de xuño de 2018.

Tras a negociación na Mesa Sectorial, con este acordo agora asinado entre a Administración e as organizacións CIG, CESM (na condición de adherida), UGT, CSIF e SATSE regúlanse unhas bases da carreira profesional que permitirán recoñecer a achega dos/das profesionais das institucións sanitarias públicas, ao longo da súa vida laboral, á mellora da calidade da prestación, impulsando e valorando o seu desenvolvemento nos aspectos relevantes para a correspondente profesión, grupo ou categoría profesional.

Polo demais, as partes asinantes, con suxeición ao principio de cobertura orzamentaria ineludible para a Administración, pactan certas medidas excepcionais de progreso na carreira profesional para o colectivo de persoal fixo, sobre todo aquel que foi afectado dun modo máis relevante, nos últimos anos, nas súas expectativas de desenvolvemento profesional.

1. Obxecto.

2. Concepto e obxectivos da carreira profesional.

3. Características da carreira profesional.

4. Ámbito de aplicación.

5. Requisitos para acceder ao sistema de carreira profesional e progresar nel.

6. Estrutura de graos.

7. Procedemento.

8. Órganos de avaliación.

9. Baremos.

10. Recoñecemento dos graos de carreira profesional acadados noutros servizos de saúde.

11. Incidencia da promoción interna na carreira profesional.

12. Efectos da carreira profesional.

13. Complemento de carreira.

14. Réxime transitorio e excepcional de encadramento.

15. Outras cláusulas.

1. Obxecto.

Este acordo ten por obxecto establecer as bases da carreira profesional no ámbito do Servizo Galego de Saúde e as entidades adscritas á Consellería de Sanidade e ao dito organismo.

2. Concepto e obxectivos da carreira profesional.

Enténdese por carreira profesional o dereito dos/das profesionais a progresar de maneira individualizada como recoñecemento ao seu desenvolvemento en canto a coñecementos, formación, experiencia, investigación, docencia e outros aspectos relevantes, segundo o caso, para a correspondente profesión, grupo ou categoría profesional, así como á súa participación nos obxectivos da organización.

Son obxectivos do sistema de carreira profesional:

a) Recoñecer a achega dos/das profesionais á mellora da calidade dos servizos sanitarios públicos.

b) Distinguir os/ás profesionais outorgando un recoñecemento obxectivo á súa competencia profesional individual.

c) Xerar máis corresponsabilidade dos/das profesionais e fomentar a cultura do compromiso co sistema sanitario público, promovendo a actualización dos seus coñecementos e competencias e a mellora da súa cualificación.

d) Lograr un maior grao de motivación dos/das profesionais que permaneza ao longo da súa vida laboral e, con iso, propiciar a mellora dos servizos públicos sanitarios e de xestión.

3. Características da carreira profesional.

a) Voluntaria: corresponde ao persoal decidir se se incorpora ao sistema de carreira e o ritmo de progresión nos diferentes graos que a configuran, cumprindo os requisitos establecidos.

b) Personalizada: o recoñecemento do grao ten carácter persoal e individual e farase considerando os méritos presentados polo/a interesado/a de conformidade cos principios de igualdade, mérito, capacidade e publicidade.

c) Progresiva: o acceso aos diferentes graos recoñecidos na carreira farase sucesivamente ao longo da vida laboral, de forma que o acceso ao grao superior só será posible acreditando o recoñecemento do grao inmediatamente inferior e tras un período de permanencia nel.

d) Avaliable: o sistema fundaméntase na avaliación, suxeita a baremo, dos méritos do/a interesado/a.

e) Transparente: os elementos e criterios de avaliación serán públicos.

f) Actualizable por medio da revisión periódica dos elementos que se consideran na avaliación, de modo que respondan á realidade e ás necesidades cambiantes do servizo de saúde e dos seus profesionais e á contorna sanitaria e social. Esta actualización realizarase coa publicidade necesaria para garantir o seu coñecemento, con antelación suficiente, por parte do persoal interesado.

g) Irreversible: os graos serán irreversibles e consolidados para todos os efectos, coa excepción prevista no punto 6 (estrutura de graos).

h) Aberta: non ten limitacións de acceso (sen cotas), sempre que se cumpran os requisitos básicos establecidos e os criterios definidos para obter cada grao.

i) Homologable: o sistema deséñase consonte os criterios xerais de homologación e incorpora mecanismos para o recoñecemento dos graos de carreira profesional acadados noutros servizos de saúde.

j) Independente do posto de traballo que se ocupe: obter un grao de carreira determinado ou acceder a outro non implica cambiar de posto de traballo nin a actividade que o/a profesional desenvolve.

4. Ámbito de aplicación.

– Persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade e ao dito organismo.

– Persoal das institucións sanitarias do Servizo Galego de Saúde con outra relación xurídica (funcionario ou laboral) transferido ao dito organismo como consecuencia do traspaso de institucións sanitarias das corporacións locais ou da Administración do Estado.

– Persoal laboral do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade e ao dito organismo incluído no ámbito de aplicación do Decreto 91/2007, do 26 de abril, de integración no réxime estatutario, e nas ordes da Consellería de Sanidade que se ditaron na súa execución.

5. Requisitos para acceder ao sistema de carreira profesional e progresar nel.

– Para acceder ao sistema de carreira e progresar no recoñecemento dos graos sucesivos o/a profesional deberá cumprir os seguintes requisitos básicos:

a) Estar incluído no ámbito de aplicación establecido no punto 4 anterior.

b) Estar en situación de activo ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza. Non se procederá ao recoñecemento de graos na situación de suspensión de funcións declarada como consecuencia da tramitación dun procedemento xudicial ou expediente disciplinario.

c) Presentar a solicitude de recoñecemento de grao (para os graos I a IV, no prazo que estableza a convocatoria correspondente).

– Adicionalmente, para o acceso aos graos I a IV:

d) No caso do persoal fixo: ter destino definitivo no Servizo Galego de Saúde ou entidade adscrita.

Como excepción, poderá acceder ao sistema de carreira e progresar no recoñecemento dos graos sucesivos o/a profesional en situación de reingreso provisional nunha praza do organismo ou entidade adscrita.

e) Acreditar o período de permanencia establecido no punto 6 seguinte.

f) Superar a correspondente avaliación.

6. Estrutura de graos.

– Grao inicial: poderá acceder o persoal fixo da categoría e o persoal estatutario interino en praza vacante ou fixo doutra categoría que estea a desempeñar unha praza vacante por promoción interna temporal. Supón a opción por incorporarse ao sistema de avaliación de carreira profesional na correspondente categoría.

– Graos I a IV:

Persoal licenciado sanitario.

Grao I: poderase acceder tras 5 anos de permanencia no grao inicial (+ avaliación favorable).

Grao II (sénior): poderase acceder tras 5 anos de permanencia no grao I (+ avaliación favorable).

Grao III (experto): poderase acceder tras 5 anos de permanencia no grao II (+ avaliación favorable).

Grao IV (referente): poderase acceder tras 7 anos de permanencia no grao III (+ avaliación favorable).

Persoal diplomado/graduado sanitario.

Grao I: poderase acceder tras 5 anos de permanencia no grao inicial (+ avaliación favorable).

Grao II (sénior): poderase acceder tras 6 anos de permanencia no grao I (+ avaliación favorable).

Grao III (experto): poderase acceder tras 6 anos de permanencia no grao II (+ avaliación favorable).

Grao IV (referente): poderase acceder tras 7 anos de permanencia no grao III (+ avaliación favorable).

Persoal técnico sanitario (sanitario de formación profesional) e persoal de xestión e servizos.

Grao I: poderase acceder tras 5 anos de permanencia no grao inicial (+ avaliación favorable).

Grao II: poderase acceder tras 6 anos de permanencia no grao I (+ avaliación favorable).

Grao III: poderase acceder tras 6 anos de permanencia no grao II (+ avaliación favorable).

Grao IV: poderase acceder tras 7 anos de permanencia no grao III (+ avaliación favorable).

Para os efectos de completar o período de permanencia será computado o tempo transcorrido en situación de servizo activo ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza.

De conformidade co previsto no punto 7 deste acordo, a resolución de recoñecemento do grao inicial terá efectos desde o día de presentación da solicitude, sempre que nesa data se cumpran os requisitos para o acceso. En consecuencia, a partir desa mesma data poderase computar o período de permanencia necesario para solicitar o grao I.

Igualmente, e con independencia da data na que se produzan os efectos do recoñecemento dos graos I, II ou III, o día inicial para computar o período de permanencia necesario para poder solicitar o grao seguinte (II, III ou IV) retrotraerase ao primeiro día do prazo que foi establecido para a presentación de solicitudes, sempre que nesa data se cumpran os requisitos para o acceso.

Os graos recoñecidos poderán manterse por un período de tempo indefinido e superior aos períodos mínimos de permanencia establecidos para cada grao.

Como excepción, perderá un grao de carreira profesional quen sexa sancionado/a, con carácter firme, pola comisión dunha falta disciplinaria grave ou moi grave.

Poderá presentarse unha nova solicitude, para acceder ao grao perdido, unha vez transcorrido un ano desde a súa perda.

7. Procedemento.

A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde establecerá os modelos de solicitude para acceder aos sucesivos graos (de ser o caso, os modelos de autoavaliación).

A solicitude de recoñecemento de grao deberá ser dirixida á xerencia ou entidade na que o/a interesado/a preste servizos. Cando estea nunha situación distinta á de activo, dirixirá a súa solicitude á xerencia ou entidade na cal teña a súa praza reservada.

– Grao inicial: poderano solicitar en calquera momento os/as profesionais que reúnan os requisitos establecidos (puntos 5 e 6 anteriores).

Tras comprobar se o/a solicitante acredita ou non os requisitos básicos para acceder ao grao inicial, a xerencia ou entidade trasladará á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde a súa proposta respecto ao recoñecemento do grao inicial (estimación ou desestimación), para os efectos de que o citado centro directivo dite a correspondente resolución.

A resolución sobre o recoñecemento de grao ditarase no prazo dos tres meses seguintes á presentación da solicitude. No caso de non ditarse a resolución nese prazo, a solicitude entenderase desestimada.

A resolución de recoñecemento do grao inicial terá efectos desde o día de presentación da solicitude, sempre que nesa data se cumpran os requisitos para o acceso.

– Graos I a IV: os procedementos para acceder aos graos I a IV iniciaraos a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde mediante convocatorias publicadas unha vez ao ano, no terceiro trimestre, no Diario Oficial de Galicia. Cada convocatoria determinará o prazo para presentar as solicitudes, que non poderá ser inferior a un mes.

Os requisitos para acceder ao grao solicitado (puntos 5 e 6 anteriores) deberán reunirse dentro do prazo de presentación de solicitudes.

Tras a constatación de que o/a solicitante acredita os requisitos básicos para acceder ao grao, trasladarase a solicitude e a documentación anexa ao correspondente órgano de avaliación (comité ou subcomité).

O dito órgano realizará a avaliación e proporá a estimación ou desestimación do recoñecemento de grao. A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde ditará a correspondente resolución.

A resolución sobre o recoñecemento de grao ditarase no prazo dos catro meses seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes. No caso de non ditarse a resolución nese prazo, a solicitude entenderase desestimada. A resolución de recoñecemento do grao terá efectos desde o día primeiro do cuarto mes seguinte a aquel en que finalizou o prazo de presentación de solicitudes.

No caso de que unha avaliación sexa finalmente negativa, o/a profesional poderá presentar unha nova solicitude transcorrido un ano desde a presentación da solicitude anterior.

– Trámite adicional de alegacións (avaliacións negativas):

As avaliacións negativas serán notificadas polo comité ou subcomité ao/á interesado/a, coa finalidade de que, no prazo de quince días hábiles, poida presentar as alegacións e a documentación complementaria que considere pertinentes. En función do que resulte deste trámite de alegacións, o dito órgano ratificará a súa avaliación negativa ou proporá o recoñecemento de grao.

Co obxecto de avanzar na transparencia e simplificación dos procedementos, impulsarase a utilización do currículo do profesional habilitado electronicamente (FIDES/expedient-e) para realizar o rexistro dos méritos, datos e información relevantes para a carreira profesional.

A formalización das solicitudes de recoñecemento de grao será efectuada polas persoas interesadas a través do currículo do profesional habilitado electronicamente (FIDES/expedient-e), de conformidade co que estableza a Dirección Xeral de Recursos Humanos na correspondente convocatoria.

8. Órganos de avaliación.

A avaliación levarana a cabo por comités de avaliación específicos creados en cada institución ou entidade. Poderán constituírse subcomités en atención ás categorías que sexan obxecto de avaliación.

Así mesmo, cando así o xustifiquen o número de solicitantes e/ou as características propias da prestación en cada nivel asistencial, poderán constituirse órganos de avaliación específicos para a atención primaria e a atención hospitalaria.

– Funcións:

a) Realizar a avaliación para o acceso aos graos de carreira profesional.

b) Solicitar os informes complementarios que considere conveniente para realizar a avaliación.

c) Emitir os informes que lle sexan solicitados acerca da avaliación.

d) Formular proposta ao órgano con competencia en materia de recoñecemento de graos de carreira profesional, en relación co resultado da avaliación.

– Composición:

Os comités ou subcomités de avaliación estarán compostos pola persoa que exerza a Presidencia e, polo menos, sete vogais (incluído secretario/a, con voz pero sen voto). Exercerá a presidencia a persoa titular da xerencia ou dirección da institución ou aqueloutra en quen delegue. O/a presidente/a exercerá o voto de calidade no caso de que for preciso.

As persoas que desempeñen as vogalías serán nomeadas pola persoa titular da xerencia ou dirección, atendendo ás categorías que sexan obxecto de avaliación. Na súa designación garantirase a presenza de, polo menos:

– Un avaliador externo designado por sociedades científicas ou, no seu defecto, pola Axencia Galega para a Xestión do Coñecemento en Saúde (ACIS).

– Un representante dos órganos de dirección.

– Dous representantes dos órganos de representación do persoal.

– Un representante do servizo, unidade ou área de traballo do persoal avaliado.

No caso do persoal sanitario con titulación universitaria, o comité estará integrado, na súa maioría, por profesionais da mesma profesión sanitaria do persoal avaliado.

A secretaría será exercida por un/unha profesional da área de recursos humanos, con voz pero sen voto.

Os/as vogais serán nomeados entre o persoal do Servizo Galego de Saúde ou dalgunha entidade pública adscrita á Consellería de Sanidade ou ao dito organismo, con nomeamento de persoal fixo nalgunha categoría para a cal se exixa posuír titulación de nivel académico igual ou superior á exixida á categoría que sexa obxecto de avaliación.

Con carácter xeral, os/as vogais deberán ter recoñecido un grao igual ou superior ao que solicite o persoal que sexa avaliado.

Os membros dun comité ou subcomité non poderán estar presentes na súa propia avaliación.

9. Baremos.

Os baremos adaptaranse ás características de cada colectivo profesional, profesión ou categoría e estarán relacionados, segundo o caso, cos coñecementos, competencias, actividade asistencial ou desempeño do posto, formación, docencia, investigación, innovación e implicación e compromiso coa organización.

Como anexos I a III figuran a estrutura básica dos baremos, o número de puntos necesario para acceder aos sucesivos graos e a puntuación mínima e máxima a acadar en cada área de avaliación.

Anexo I: profesións sanitarias con titulación universitaria.

Anexo II: categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico sanitario).

Anexo III: categorías de xestión e servizos.

A Administración sanitaria, logo de negociación na Mesa Sectorial, aprobará e publicará no Diario Oficial de Galicia, en anexos detallados, os baremos aplicables para o acceso aos sucesivos graos dos diversos colectivos profesionais, profesións ou categorías, concretando as actividades que serán valoradas en cada caso dentro da estrutura básica que figura como anexos I a III, os indicadores ou parámetros que resulten precisos para a avaliación e as puntuacións asignadas.

Cando se decida a actualización ou revisión dos baremos, realizarase coa publicidade necesaria para garantir o seu coñecemento, con antelación suficiente, por parte do persoal interesado.

Tenderase á aplicación de sistemas obxectivos de avaliación (indicadores obxectivables). Con todo, poderán utilizarse sistemas de autoavaliación, de avaliación dos superiores xerárquicos e dos membros do servizo, unidade ou equipo, ou dos/as usuarios/as, sometidos a contraste.

Os baremos de méritos e o proceso de avaliación poderán modularse en atención ás características asistenciais e/ou organizativas das diversas institucións, centros, servizos ou unidades.

Os baremos axustaranse para atender ás situacións en que o persoal non desempeñe de modo efectivo a profesión ou funcións que correspondan ao seu nomeamento.

Valoraranse exclusivamente os méritos acadados durante o período en que o/a profesional permaneceu encadrado/a no grao inmediatamente inferior.

10. Recoñecemento dos graos de carreira profesional acadados noutros servizos de saúde.

O Servizo Galego de Saúde recoñecerá, para todos os efectos, os graos de carreira recoñecidos e acreditados polo persoal estatutario fixo que se incorpore ao servizo activo no organismo ou entidade adscrita polos sistemas previstos no capítulo VII da Lei 55/2003, do 16 de decembro, do estatuto marco do persoal estatutario dos servizos de saúde e normativa de desenvolvemento.

O recoñecemento realizarase por solicitude dirixida á Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde. Este centro directivo publicará o modelo de solicitude.

A solicitude poderá presentarse a partir da incorporación efectiva a un posto do Servizo Galego de Saúde ou entidade adscrita.

O/a solicitante deberá achegar unha copia compulsada da resolución de recoñecemento de grao ditada polo órgano competente do servizo de saúde de orixe ou un certificado que acredite o recoñecemento. Na dita documentación deberá figurar o grao recoñecido, a categoría/especialidade e a data de efectos do recoñecemento.

A Dirección Xeral de Recursos Humanos ditará a resolución sobre o recoñecemento do grao no prazo dos tres meses seguintes á presentación da solicitude. No caso de non ditarse a resolución nese prazo, a solicitude entenderase desestimada.

A resolución de recoñecemento do grao terá os seguintes efectos económicos:

– Se a solicitude se presenta no prazo de tres meses contados desde a data de incorporación ao Servizo Galego de Saúde ou entidade adscrita na categoría correspondente, recoñeceranse os efectos económicos desde a data de incorporación.

– Se a solicitude se presenta transcorrido o prazo anterior, os efectos económicos recoñeceranse desde o día primeiro do mes seguinte a aquel en que se presentou a solicitude.

O recoñecemento do grao suporá a plena incorporación ao réxime de carreira profesional regulado neste acordo, incluídos os efectos retributivos (contías por grao) que se establecen nel.

Para acceder ao grao seguinte aplicarase plenamente o dito réxime, tomando en consideración o período de permanencia xa acreditado no servizo de saúde de orixe.

Os órganos de avaliación, cando analicen a solicitude de acceso a un novo grao, avaliarán tamén os méritos correspondentes ao período de permanencia no servizo de saúde de orixe. Esta avaliación realizarase consonte os criterios aplicables con carácter xeral, e o órgano de avaliación deberá requerir ao solicitante a documentación que sexa precisa para valorar eses méritos nas mesmas condicións –ou semellantes, se iso non resulta posible– ás aplicadas no período que se complete no Servizo Galego de Saúde ou entidade adscrita.

11. Incidencia da promoción interna na carreira profesional.

O persoal fixo dunha categoría que pase a prestar servizos noutra por promoción interna:

– Recibirá o mesmo tratamento que o persoal desta última categoría para os efectos de acceder á carreira profesional e progresar nela.

– Manterá o dereito a percibir o complemento de carreira correspondente aos graos recoñecidos na categoría de orixe.

No suposto de que se teñan recoñecidos graos retribuídos de diversas categorías (graos I a IV) percibirase o complemento de carreira correspondente a todos os graos recoñecidos, ata o límite de catro graos. Cando o/a profesional teña recoñecidos máis de catro graos, percibirá o complemento de carreira correspondente aos catro graos de maior contía.

Cando se trate de promoción interna temporal, o período correspondente poderá computar como período de permanencia para os efectos de poder acceder ao grao seguinte na categoría de orixe.

O sistema de avaliación adaptarase para atender a esta situación na cal non se desempeñan as funcións da categoría de orixe.

12. Efectos da carreira profesional.

O recoñecemento de graos de carreira outorgará aos/ás profesionais os seguintes dereitos:

a) Á súa constancia para os efectos do currículo.

b) A facer constar publicamente o grado de carreira que teñan acadado.

c) A acceder ao grao superior sempre que se acrediten os demais requisitos exixidos.

d) Á percepción do complemento de carreira, nos termos establecidos no puntos 11 e 13.

13. Complemento de carreira.

Os graos I a IV recoñecidos ao persoal estatutario fixo retribuirase mediante o complemento de carreira establecido como retribución complementaria de carácter fixo para o correspondente grao e categoría.

As contías anuais que se perciban por este complemento devindicaranse en 12 mensualidades e serán as seguintes (por cada grao):

Persoal licenciado sanitario

2.981,88 €

Persoal diplomado sanitario

1.863,72 €

Persoal sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos

A1

2.400,36 €

A2

1.679,76 €

C1

1.083,36 €

C2

919,44 €

E (agrupacións profesionais)

743,04 €

Este complemento percibirase en todo caso na situación de servizo activo na correspondente categoría e durante o desempeño de postos ou cargos no ámbito da Administración sanitaria.

O complemento de carreira absorberá os complementos persoais transitorios de conformidade coa normativa orzamentaria.

14. Réxime transitorio e excepcional de encadramento.

No segundo semestre de 2018 tramitarase un sistema transitorio de encadramento para o acceso, por unha soa vez, a un único grao (o grao I ou o seguinte a aquel que o/a profesional xa teña recoñecido).

Este sistema excepcional de encadramento habilítase para acceder ou progresar na carreira da categoría/especialidade na cal o/a profesional estea en situación de activo (ou con reserva de praza) o 1 de xullo de 2018.

Poderá participar neste proceso o persoal estatutario fixo do Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade e ao dito organismo que nesa data reúna os seguintes requisitos:

a) Estar en situación de servizo activo (ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza) e ter destino definitivo no Servizo Galego de Saúde ou entidade. Como excepción, poderá participar o/a profesional en situación de reingreso provisional nunha praza do organismo ou entidade.

b) Para o persoal con polo menos un grao de carreira profesional recoñecido na categoría/especialidade en que está en activo:

– Acreditar un período de permanencia dun ano no último grao recoñecido.

Para os efectos de computar o período de permanencia tomarase en consideración o tempo transcorrido en situación de servizo activo ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza.

- Acreditar, como mínimo, os seguintes períodos de servizos prestados como persoal estatutario, na devandita categoría/especialidade, por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde.

– Persoal licenciado sanitario:

• Para acceder ao grao II: 12 anos.

• Para acceder ao grao III: 18 anos.

• Para acceder ao grao IV: 23 anos.

– Persoal diplomado sanitario, persoal sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos:

• Para acceder ao grao II: 12 anos.

• Para acceder ao grao III: 19 anos.

• Para acceder ao grao IV: 25 anos.

c) Para o persoal ao cal lle resulta de aplicación o sistema retributivo da Lei 55/2003, do estatuto marco (transitoriamente Real decreto lei 3/1987 e normativa complementaria) que non teña recoñecido algún grao de carreira profesional na categoría/especialidade na que está en activo: para acceder ao grao I será preciso acreditar un mínimo de cinco anos de servizos prestados como persoal estatutario, na dita categoría/especialidade, por conta e baixo a dependencia de institucións sanitarias do Sistema nacional de saúde. Desta experiencia, polo menos un ano deberá ser como persoal estatutario fixo.

Criterios para o cómputo da experiencia profesional.

a) Servizos prestados noutra categoría/especialidade.

Con carácter xeral, aos servizos prestados na actual categoría engadirase o 50 % do período de servizos prestados noutra categoría. Excepcións:

– Persoal licenciado sanitario: engadirase o 100 % do período de servizos prestados noutra categoría e/ou especialidade de persoal licenciado sanitario.

– Persoal diplomado sanitario: engadirase o 100 % do período de servizos prestados noutra categoría categoría e/ou especialidade de persoal diplomado sanitario.

– Persoal sanitario de formación profesional e persoal de xestión e servizos: engadirase o 100 % do período de servizos prestados noutra categoría do mesmo nivel académico (subgrupo ou, de ser o caso, grupo).

b) Aplicaranse, como criterios complementarios, os utilizados nos concursos de traslados (atención continuada ou gardas, permisos sen soldo, reducións de xornada, nomeamentos a tempo parcial...).

c) Os servizos prestados como persoal estatutario poderán completarse cos prestados como persoal funcionario ou laboral nas institucións hospitalarias e entidades públicas incluídas no ámbito de aplicación dos decretos 447/1996, do 26 de decembro, e 91/2007, do 26 de abril.

O recoñecemento do grao requirirá a avaliación favorable dos méritos do/a interesado/a. Os criterios de avaliación figuran como anexo IV.

– Órganos de avaliación:

Constituiranse un comité de avaliación en cada xerencia ou entidade adscrita. Tamén poderán constituírse subcomités en atención ás categorías que sexan obxecto de avaliación.

Os comités/subcomités de avaliación terán tres membros: a persoa titular da xerencia ou dirección (ou persoa en quen delegue), que desempeñará a presidencia, e outros dous membros designados por ela. Entre eles, un/unha profesional da área de recursos humanos, que actuará de secretario/a.

– Procedemento:

O proceso iniciarase no segundo semestre de 2018 por resolución da Dirección Xeral de Recursos Humanos publicada no Diario Oficial de Galicia. A convocatoria determinará o prazo para presentar solicitudes, que non poderá ser inferior a un mes.

A formalización das solicitudes realizarase a través do currículo do profesional habilitado electronicamente (FIDES/expedient-e).

A solicitude de recoñecemento de grao deberá ser dirixida á xerencia ou entidade na cal o/a interesado/a preste servizos. Cando estea nunha situación distinta á de activo, dirixirá a súa solicitude á xerencia ou entidade na cal teña a súa praza reservada.

Tras a constatación de que o/a solicitante acredita os requisitos básicos para acceder ao grao, trasladarase a solicitude e a documentación anexa ao correspondente comité de avaliación.

O comité/subcomité proporá a estimación ou desestimación dos recoñecementos de graos e a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde ditará as correspondentes resolucións.

A resolución sobre o recoñecemento administrativo do grao ditarase no prazo dos catro meses seguintes á finalización do prazo de presentación de solicitudes. No caso de non ditarse a resolución nese prazo, a solicitude entenderase desestimada.

Trámites adicionais (avaliacións negativas):

– As avaliacións negativas serán notificadas polo comité ao/á interesado/a, coa finalidade de que, no prazo de quince días hábiles, poida presentar as alegacións e a documentación complementaria que considere pertinentes. En función do que resulte deste trámite de alegacións, o comité ratificará a súa avaliación negativa ou proporá o recoñecemento de grao.

– A Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, antes de resolver expresa e finalmente sobre a desestimación do recoñecemento de grao, dará conta á comisión de seguimento do acordo.

Estes trámites adicionais non serán precisos cando a desestimación do recoñecemento de grao estea motivada polo incumprimento dos requisitos básicos, non por unha avaliación negativa.

Atendendo ás dispoñibilidades orzamentarias, o pagamento do complemento de carreira recoñecido no punto 13 anterior, e derivado deste réxime transitorio e excepcional de encadramento, producirase en dúas anualidades, distribuído nunha porcentaxe do 60 % no ano 2019 e do 40 % no ano 2020 (100 % da contía a partir do ano 2020).

15. Outras cláusulas:

1. Na execución do sistema de carreira profesional aplicarase o principio xeral de que o mesmo período de tempo non poderá ser computado para o progreso na carreira (recoñecemento efectivo de graos) de diversas categorías.

2. Comisión de seguimento: constituirase unha comisión de seguimento entre a Administración e as organizacións sindicais asinantes do presente acordo. Corresponderalle á dita comisión realizar o seguimento das medidas que se adopten na súa aplicación e resolver as cuestións que xurdan na interpretación e execución do acordado.

A comisión de seguimento poderá acordar a constitución de comisións periféricas e a atribución a estas de determinadas funcións (entre outras, a de recibir información sobre as solicitudes que sexan desestimadas polo incumprimento dos requisitos básicos).

3. Os/as aspirantes que superen o proceso selectivo de persoal laboral fixo convocado pola Resolución do 20 de xaneiro de 2015, da Dirección Técnica da Fundación Pública Centro de Transfusión de Galicia (Diario Oficial de Galicia do 24 de marzo), e opten por integrarse no réxime estatutario no prazo de toma de posesión (bases 11.5 e 11.6 da convocatoria), poderá acceder ao grao I nas condicións e cos mesmos efectos previstos no réxime transitorio e excepcional de encadramento.

4. Mediante ordes da Consellería de Sanidade realizaranse, no segundo semestre de 2018, novas ofertas de integración no réxime estatutario dirixidas ao persoal funcionario e laboral fixo incluído no ámbito de aplicación dos decretos 447/1996, do 26 de decembro, e 91/2007, do 26 de abril, e o persoal que resulte integrado poderá acceder ao grao I nas condicións e cos mesmos efectos previstos no réxime transitorio e excepcional de encadramento.

5. A primeira convocatoria para acceder aos graos I a IV, consonte o procedemento ordinario, publicarase no segundo semestre do ano 2020.

6. Na dita convocatoria (2020) o persoal que tivese acadado a condición de fixo do Servizo Galego de Saúde ou entidades adscritas antes do 31 de decembro de 2011, e que no momento desa primeira convocatoria sexa persoal estatutario, quedará exonerado do requisito de permanencia no grao anterior previsto no punto 6 deste acordo, sempre que permanecese continuadamente en situación de servizo activo (ou en calquera outra situación administrativa que supoña reserva de praza) desde o último recoñecemento de grao.

A mesma exoneración (período de permanencia) aplicarase ao persoal dos modelos tradicionais de atención primaria que estea integrado funcionalmente (Orde do 16 de maio de 2006, Diario Oficial de Galicia do 30 de maio; Acordo do 16 de febreiro de 2007, Diario Oficial de Galicia do 7 de marzo) e non teña completada a súa carreira profesional.

En función das dispoñibilidades orzamentarias, o pagamento do complemento de carreira recoñecido producirase en dúas anualidades, distribuído nunha porcentaxe do 50 % no ano 2021 e do 50 % no ano 2022 (100 % da contía a partir do ano 2022).

7. Coa entrada en vigor do «réxime transitorio e excepcional de encadramento» (punto 14) quedarán sen efecto, na súa totalidade, os réximes extraordinarios de carreira profesional acordados na Mesa Sectorial e aplicados no Servizo Galego de Saúde e entidades públicas adscritas á Consellería de Sanidade e ao dito organismo.

8. A Consellería de Sanidade ditará as disposicións necesarias para o desenvolvemento deste acordo, no ámbito da organización e materias propias dese departamento.

ANEXO I

Profesións sanitarias con titulación universitaria

Estrutura básica do baremo

Área I. Actividade asistencial.

Valorarase atendendo a indicadores previamente fixados e relativos principalmente á actividade, rendemento eficiente e eficaz, calidade e praxe correcta. Poderán incorporarse igualmente, entre outros, parámetros relacionados coa evidencia científica, eliminación da variabilidade clínica, mellora de procesos, actualización de técnicas e procedementos, adecuación á organización e carteira de servizos.

Área II. Competencia asistencial.

Para a súa valoración elaborarase un mapa de competencias profesionais no cal se determinará cada unha das tarefas profesionais que, referíndose á boa práctica profesional e á praxe enfocada á mellora continua, permitan un adecuado desenvolvemento profesional e unha avaliación continua da achega do/a profesional a un mellor servizo, tanto directamente ao paciente como a unha potenciación da organización dentro das prioridades deseñadas por ela.

O mapa de competencias contará co desenvolvemento tanto de tarefas profesionais básicas como de tarefas singulares que acheguen mellora á asistencia no marco dos obxectivos da organización.

En canto non se definan as áreas e as formas de avaliación e medida dos mapas de competencias comúns ou específicos de cada categoría, a avaliación da competencia asistencial enmarcarase dentro dos indicadores de actividade asistencial, unificándose as áreas I e II e acumulándose as súas puntuacións máxima e mínima.

Área III. Formación, docencia, investigación e innovación.

a) Formación.

Actividades de formación continuada debidamente acreditadas, en termos semellantes aos previstos nos baremos dos procesos de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para as profesións sanitarias. Outras actividades formativas, non específicas, relacionadas cos obxectivos estratéxicos da organización, sobre todo aquelas que incidan en habilidades e competencias que supoñan unha innovación no desempeño das correspondentes funcións. Formación universitaria de posgrao (ciencias da saúde) relacionada coa categoría/especialidade, singularmente aquela que contribúa a unha formación avanzada, de carácter especializado.

b) Docencia.

Docencia nas actividades de formación continuada (anterior punto a). Funcións docentes cualificadas no ámbito da formación sanitaria especializada e universitaria.

c) Investigación e innovación sanitaria.

Publicación de traballos científicos e de investigación, en termos semellantes aos previstos nos baremos dos procesos de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para as profesións sanitarias. Participación en actividades, proxectos, redes cooperativas e grupos de investigación e innovación, de interese público e xeral e debidamente aprobados, recoñecidos e/ou acreditados. Realización de actividades orientadas á transferencia dos resultados de investigación (patentes...).

Área IV. Implicación e compromiso coa organización.

Actividades indicativas do compromiso do/da profesional coa organización e da súa participación na xestión interna do servizo ou unidade para a mellora da calidade: dispoñibilidade efectiva para a prestación de servizos en centros de distintas localidades ou en centros que sexan de difícil cobertura asistencial. Dedicación exclusiva no desempeño do posto do sector público. Desempeño de postos de xefatura, coordinación, supervisión, dirección e responsabilidade. Colaboración en proxectos corporativos de carácter social, sociosanitario ou de prevención de riscos laborais. Participación en grupos de traballo, comisións clínicas e comités constituídos formalmente. Participación en tribunais e órganos de selección/provisión/avaliación. Participación nos protocolos deseñados pola organización para a acollida do persoal de nova incorporación. Outras actividades indicativas da implicación e compromiso coa organización que non sexan obxecto de valoración noutras áreas do baremo.

O número máximo de puntos que se poden obter en cada grao, por cada área de avaliación, é o seguinte:

Área

Grao I

Grao II

Grao III

Grao IV

I

Actividade asistencial

55

55

50

50

II

Competencia asistencial

15

10

10

15

III

Formación continuada, docencia, investigación e innovación

15

20

25

20

IV

Implicación e compromiso coa organización

15

15

15

15

Total

100

100

100

100

Con carácter xeral, para acceder a cada grao haberá que superar cando menos un número mínimo de puntos que para cada grao se sinalan a continuación:

a) Grao I: 60 puntos.

b) Grao II: 65 puntos.

c) Grao III: 70 puntos.

d) Grao IV: 75 puntos.

Ademais, para o recoñecemento do grao correspondente será necesario obter polo menos un 30 % do número máximo de puntos previstos en cada unha das áreas I, II e III.

ANEXO II

Categorías sanitarias de formación profesional (persoal técnico sanitario).

Estrutura básica do baremo

Área I. Actividade asistencial.

Valorarase a actividade e desempeño individual, rendemento eficiente e eficaz, calidade e praxe correcta. Poderá valorarse igualmente a mellora e actualización de procesos e métodos de traballo.

Área II. Competencia asistencial.

Para a súa valoración elaborarase un mapa de competencias profesionais no cal se determinará cada unha das tarefas profesionais que, referíndose á boa práctica profesional e á praxe enfocada á mellora continua, permitan un adecuado desenvolvemento profesional e unha avaliación continua da achega do/da profesional a un mellor servizo.

O mapa de competencias contará co desenvolvemento tanto de tarefas profesionais básicas como de tarefas singulares que acheguen mellora á asistencia no marco dos obxectivos da organización.

Mentres non se desenvolvan os mapas de competencias, a avaliación da competencia enmarcarase dentro dos indicadores de actividade, unificándose as áreas I e II e acumulándose as súas puntuacións máxima e mínima.

Área III. Formación, docencia, investigación e innovación.

Actividades de formación continuada debidamente acreditadas, en termos semellantes aos previstos nos baremos dos procesos de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde para os/as profesionais da área sanitaria de formación profesional. Outras actividades formativas, non específicas, relacionadas cos obxectivos estratéxicos da organización. Docencia nestas actividades de formación continuada. Publicación de traballos científicos e de investigación, en termos semellantes aos previstos nos baremos dos procesos de provisión de prazas de persoal estatutario de formación profesional do Servizo Galego de Saúde. Participación en actividades, proxectos, redes cooperativas e grupos de investigación e innovación, de interese público e xeral e debidamente aprobados, recoñecidos e/ou acreditados.

Área IV. Implicación e compromiso coa organización.

Actividades indicativas do compromiso do/da profesional coa organización e da súa participación na xestión interna do servizo ou unidade para a mellora da calidade: colaboración en proxectos corporativos de carácter social, sociosanitario ou de prevención de riscos laborais. Participación en grupos de traballo, comisións clínicas e comités constituídos formalmente. Participación en tribunais e órganos de selección/provisión/avaliación. Participación nos protocolos deseñados pola organización para a acollida do persoal de nova incorporación. Outras actividades indicativas da implicación e compromiso coa organización que non sexan obxecto de valoración noutras áreas do baremo.

O número máximo de puntos que se poden obter en cada grao, por cada área de avaliación é o seguinte:

Área

Grao I

Grao II

Grao III

Grao IV

I

Actividade asistencial

55

55

50

50

II

Competencia asistencial

20

15

15

20

III

Formación continuada, docencia, investigación e innovación

15

20

25

20

IV

Implicación e compromiso coa organización

10

10

10

10

Total

100

100

100

100

Con carácter xeral, para acceder a cada grao haberá que superar cando menos un número mínimo de puntos que para cada grao se sinalan a continuación:

a) Grao I: 60 puntos.

b) Grao II: 65 puntos.

c) Grao III: 70 puntos.

d) Grao IV: 75 puntos.

Ademais, para o recoñecemento do grao correspondente será necesario obter polo menos un 30 % do número máximo de puntos previstos en cada unha das áreas I, II e III.

ANEXO III

Categorías de xestión e servizos

Estrutura básica do baremo

1. Persoal de formación universitaria.

Área I. Actividade profesional.

Avaliarase o desempeño individual, o rendemento eficiente e eficaz e a mellora de procesos, técnicas e métodos de traballo.

Área II. Competencia profesional.

Para a súa valoración elaborarase un mapa de competencias profesionais no cal se determinarán cada unha das tarefas profesionais que, referíndose á boa práctica profesional, permitan un adecuado desenvolvemento profesional e unha avaliación continua da achega do/da profesional a un mellor servizo.

O mapa de competencias contará co desenvolvemento de tarefas profesionais básicas e, de ser o caso, de tarefas singulares.

Mentres non se definan os mapas de competencias, e os criterios de avaliación, valoraranse conxuntamente as áreas I e II, acumulándose as súas puntuacións máxima e mínima.

Área III. Formación, docencia, investigación e innovación.

Actividades de formación continuada debidamente acreditadas ou avaladas, en termos semellantes aos previstos nos baremos dos procesos de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Outras actividades formativas, non específicas, relacionadas cos obxectivos estratéxicos da organización. Docencia nestas actividades de formación continuada. Publicación de traballos científicos e de investigación, en termos semellantes aos previstos nos baremos dos procesos de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Participación en actividades, proxectos, redes cooperativas e grupos de investigación e innovación, de interese público e xeral e debidamente aprobados, recoñecidos e/ou acreditados.

Área IV. Implicación e compromiso coa organización.

Actividades indicativas do compromiso do/da profesional coa organización e da súa participación na xestión interna do servizo ou unidade para a mellora da calidade: desempeño de postos de xefatura, coordinación, dirección e responsabilidade. Colaboración en proxectos corporativos de carácter social, sociosanitario ou de prevención de riscos laborais. Participación en grupos de traballo, comisións técnicas e comités constituídos formalmente. Participación en tribunais e órganos de selección/provisión/avaliación. Participación nos protocolos deseñados pola organización para a acollida do persoal de nova incorporación. Outras actividades indicativas da implicación e do compromiso coa organización que non sexan obxecto de valoración noutras áreas do baremo.

O número máximo de puntos que se poden obter en cada grao por cada área de avaliación é o seguinte:

Área

Grao I

Grao II

Grao III

Grao IV

I

Actividade profesional

55

55

50

50

II

Competencia profesional

15

10

10

15

III

Formación continuada, docencia, investigación e innovación

15

20

25

20

IV

Implicación e compromiso coa organización

15

15

15

15

Total

100

100

100

100

Con carácter xeral, para acceder a cada grao haberá que superar, cando menos, un número mínimo de puntos que para cada grao se sinalan a continuación:

a) Grao I: 60 puntos.

b) Grao II: 65 puntos.

c) Grao III: 70 puntos.

d) Grao IV: 75 puntos.

Ademais, para o recoñecemento do grao correspondente será necesario obter polo menos un 30 % do número máximo de puntos previstos en cada unha das áreas I, II e III.

2. Outro persoal de xestión e servizos.

Área I. Desempeño profesional.

Avaliarase o desempeño individual, o rendemento eficiente e eficaz e a mellora de procesos, técnicas e métodos de traballo.

Área II. Competencia profesional.

Para a súa valoración elaborarase un mapa de competencias profesionais no cal se determinará cada unha das tarefas profesionais que, referíndose á boa práctica profesional, permita un adecuado desenvolvemento profesional e unha avaliación continua da achega do/da profesional a un mellor servizo.

O mapa de competencias contará co desenvolvemento de tarefas profesionais básicas e, de ser o caso, de tarefas singulares.

Mentres non se definan os mapas de competencias e os criterios de avaliación, valoraranse conxuntamente as áreas I e II, acumulándose as súas puntuacións máxima e mínima.

Área III. Formación e docencia.

Actividades de formación continuada debidamente acreditadas ou avaladas, en termos semellantes aos previstos nos baremos dos procesos de provisión de prazas de persoal estatutario do Servizo Galego de Saúde. Outras actividades formativas, non específicas, relacionadas cos obxectivos estratéxicos da organización. Docencia nestas actividades de formación continuada.

Área IV. Implicación e compromiso coa organización.

Actividades indicativas do compromiso do/da profesional coa organización e da súa participación na xestión interna do servizo ou unidade para a mellora da calidade: desempeño de postos de xefatura, coordinación e responsabilidade. Colaboración en proxectos corporativos de carácter social, sociosanitario ou de prevención de riscos laborais. Participación en grupos de traballo, comisións técnicas e comités constituídos formalmente. Participación en tribunais e órganos de selección/provisión/avaliación. Participación nos protocolos deseñados pola organización para a acollida do persoal de nova incorporación. Outras actividades indicativas da implicación e do compromiso coa organización que non sexan obxecto de valoración noutras áreas do baremo.

O número máximo de puntos que se poden obter en cada grao por cada área de avaliación é o seguinte:

Área

Grao I

Grao II

Grao III

Grao IV

I

Desempeño profesional

55

55

50

50

II

Competencia profesional

20

15

15

20

III

Formación continuada e docencia

15

20

25

20

IV

Implicación e compromiso coa organización

10

10

10

10

Total

100

100

100

100

Con carácter xeral, para acceder a cada grao haberá que superar, cando menos, un número mínimo de puntos que para cada grao se sinalan a continuación:

a) Grao I: 60 puntos.

b) Grao II: 65 puntos.

c) Grao III: 70 puntos.

d) Grao IV: 75 puntos.

Ademais, para o recoñecemento do grao correspondente será necesario obter polo menos un 30 % do número máximo de puntos previstos en cada unha das áreas I, II e III.

ANEXO IV

Réxime transitorio e excepcional de encadramento

Criterios de avaliación.

I. Persoal licenciado sanitario.

Superará a avaliación o/a profesional que teña participado, nos exercicios 2013 a 2017, nos obxectivos asistenciais da institución na cal estivese prestando servizos, reflectidos nos programas especiais do complemento de produtividade variable, e acredite o seu cumprimento nun 70 % en cada un dos cinco exercicios, ou nun 75 % de media nos ditos exercicios.

O persoal integrado funcionalmente nas unidades e servizos de atención primaria será avaliado e poderá superar a avaliación, de conformidade cos criterios determinados na Orde do 16 de maio de 2006 (Diario Oficial de Galicia do 30 de maio).

Neste caso non será preciso utilizar outros criterios de avaliación.

Con carácter subsidiario, superará igualmente a avaliación o/a profesional que acredite calquera das actividades –a) a i)– relacionadas nos criterios xerais de avaliación.

II. Persoal diplomado sanitario.

Superará a avaliación o/a profesional que acredite calquera das actividades relacionadas nos puntos a), b), c), d), e), f), g) e i) dos criterios xerais de avaliación.

III. Persoal sanitario técnico (sanitario de formación profesional).

Superará a avaliación o/a profesional que acredite calquera das actividades relacionadas nos puntos a), c), e), f) e g) dos criterios xerais de avaliación.

IV. Persoal de xestión e servizos.

– Categorías para as cales se require formación universitaria: superará a avaliación o/a profesional que acredite calquera das actividades relacionadas nos puntos a), b), c), e), f) e g) dos criterios xerais de avaliación.

– Categorías para as cales se require un título específico de formación profesional: superará a avaliación o/a profesional que acredite calquera das actividades relacionadas nos puntos a), c), e), f) e g) dos criterios xerais de avaliación.

– Outras categorías: superará a avaliación o/a profesional que acredite calquera das actividades relacionadas nos puntos a), e), f) e g) dos criterios xerais de avaliación.

Criterios xerais de avaliación.

Réxime transitorio e excepcional de encadramento.

a) Formación continuada:

– Recibida: realización de cursos que teñan un contido relacionado coas funcións propias da categoría/especialidade (4 créditos/40 horas). Só se valorarán os cursos de formación realizados con posterioridade á obtención do título exixido para o acceso á categoría/especialidade.

– Impartida: para os/as profesionais que impartisen os cursos anteditos: 10 horas.

Os cursos realizados en materia de prevención de riscos, igualdade entre mulleres e homes, prevención e loita contra a violencia de xénero, informática, xestión clínica, bioestatística e metodoloxía da investigación valoraranse en calquera categoría/especialidade e con independencia da data de obtención do título exixido para o acceso.

b) Realización de todos os cursos de doutoramento (sistema anterior ao Real decreto 185/1985) ou do programa de doutoramento ata o nivel de suficiencia investigadora, segundo os reais decretos 185/1985 e 778/1998, ou pola obtención do diploma de estudos avanzados (DEA)/título de doutor/máster universitario oficial, máster universitario-título propio, experto universitario, especialista universitario.

c) Publicación de traballos científicos e de investigación:

Publicación dun artigo dos que teñen asignada a maior puntuación consonte os últimos criterios publicados pola Dirección Xeral de Recursos Humanos, no Diario Oficial de Galicia, para os procesos de provisión de prazas da correspondente categoría/especialidade.

O resto das publicacións valoraranse ponderadas de conformidade cos ditos criterios, para acadar esa puntuación mínima suficiente.

d) Por impartir formación sanitaria especializada: dous anos como xefe de estudos, tres anos como titor ou cinco anos como colaborador docente.

Para estes efectos, o colaborador docente é o/a profesional dos diferentes dispositivos dunha unidade docente por onde rotan os/as especialistas en formación que, sen ser titor, colabora de forma activa na súa formación, asumindo a orientación, a supervisión e o control das actividades que realicen durante as rotacións.

e) Dous anos de funcións de dirección, subdirección, xefatura, coordinación e supervisión nas institucións sanitarias ou na Administración sanitaria.

f) Dous anos en situación de excedencia por coidado de fillos e familiares ou nunha situación na cal o/a profesional, estando exento de desempeñar as funcións inherentes ao seu nomeamento, desenvolva actividades ou funcións de interese xeral ou público ou de carácter representativo: programas de cooperación internacional, membro do Goberno ou órganos de Goberno das comunidades autónomas, membro das institucións da Unión Europea ou das organizacións internacionais, cargos electivos de representación política, postos ou cargos directivos en organismos ou entidades instrumentais do sector público, dispensas para a realización de funcións sindicais, participación nos órganos constitucionais ou órganos estatutarios das comunidades autónomas e, en xeral, calquera outra situación similar ás anteriores.

g) Nomeamento e participación na totalidade do proceso como membro dalgún tribunal cualificador de procesos selectivos.

h) Dous anos de servizos prestados nos hospitais públicos do Barco, Verín, Burela, Cee e Monforte, caracterizados pola súa distancia e illamento e que sofren especiais dificultades de cobertura.

i) Dous anos de servizos prestados en municipios especialmente illados ou en condicións de soidade, consonte os criterios que establece a normativa de ordenación da atención primaria.

Valoraranse as actividades realizadas a partir do 1 de xaneiro de 2008.

As actividades de formación universitaria de posgrao valoraranse con independencia da data da súa realización.