Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35345

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 4 de xullo de 2018, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a persoa interesada para ser notificada por comparecencia.

Ante a imposibilidade da notificación persoal nos termos establecidos nos artigos 40 e seguintes da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, e de conformidade co disposto nos seus artigos 44 e 46, emprázase á persoa interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez (10) días contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, e o lugar de comparecencia será na sede da Área Provincial do Instituto Galego de Vivenda e Solo na Coruña, rúa Vicente Ferrer, núm. 2, piso 9º, ala sur, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Transcorrido o dito prazo sen efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

A Coruña, 4 de xullo de 2018

Susana Mª Vázquez Romero
Xefa da Área Provincial da Coruña

ANEXO

Persoa
interesada

DNI/NIE/NIF

Acto obxecto da notificación

Rosa Mª Pombo da Silva

...286J

Notificación da adxudicación dunha vivenda de promoción pública en arrendamento, pola que se concede o prazo de 15 días para aceptar a adxudicación da vivenda e presentar a documentación, de acordo co disposto no artigo 28.2 do Decreto 1/2010, do 8 de xaneiro, polo que se regula o Rexistro Único de Demandantes de Vivenda da Comunidade Autónoma de Galicia e a adxudicación das vivendas protexidas, toda vez que foi notificada a adxudicación e non presentaron a documentación.

Expediente C-1-IV/78, cta. 51, Ferrol.