Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35133

III. Outras disposicións

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 17 de xullo de 2018 pola que se ordena a publicación do Acordo do Consello da Xunta de Galicia do 12 de xullo de 2018 polo que se aproba a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia.

A aprobación da modificación da relación de postos de traballo da axencia pública autonómica Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia xustifícase polas razóns indicadas no punto primeiro do acordo.

En consecuencia, por proposta da directora da axencia, unha vez consultadas as organizacións sindicais presentes na Mesa Xeral de Negociación da Comunidade Autónoma e a Comisión de Persoal, o Consello da Xunta de Galicia, na súa reunión do día 12 de xullo de 2018, adoptou o seguinte

ACORDO:

Primeiro. Apróbase a modificación da relación de postos de traballo da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, nos termos que se sinalan no anexo a este acordo, debido ás súas necesidades funcionais e organizativas.

Segundo. Clasifícanse de libre designación os postos que a seguir se relacionan en aplicación do criterio de excepcionalidade que á marxe se indica, de conformidade co previsto na Lei 2/2015, do 29 de abril, do emprego público de Galicia, e co disposto na Resolución do 25 de febreiro de 2016, da Dirección Xeral da Función Pública, pola que se ditan instrucións para a tramitación de relacións de postos de traballo e a determinación dos criterios de excepcionalidade e funcións que definen as características que motivan a especial responsabilidade ou cualificación profesional dos postos de traballo de libre designación, de nivel 28 ou inferior, da Administración da Comunidade Autónoma de Galicia:

Código do posto

Denominación do posto

Criterio

PX.A11.00.003.15770.004

Xefatura Sección de Coord. e Invest. de Incidencias

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais

PX.A11.00.003.15770.006

Xefatura Sección Apoio Mat. Segurid. e Prot. Datos

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais

PX.A11.00.003.15770.040

Xefatura Departamento de Sistemas

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais

PX.A11.00.004.15770.050

Xefatura Departamento Moderniz. Admón. de Xustiza

Especial responsabilidade por garantir a protección de datos persoais

Terceiro. Ordénase a súa publicación no Diario Oficial de Galicia para os efectos da entrada en vigor a partir do día seguinte ao da súa publicación.

Visto o acordo adoptado polo Consello da Xunta de Galicia na súa reunión do 12 de xullo de 2018, relativo á aprobación da modificación da relación de postos de traballo da axencia pública autonómica Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, coa finalidade de cumprir o dito acordo, de conformidade coa Orde da Consellería de Facenda do 8 de xullo de 2013 sobre delegación de competencias na Dirección Xeral da Función Pública (DOG núm. 136, do 18 de xullo), dispoño que se publique no Diario Oficial de Galicia como anexo a esta resolución.

Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2018

O conselleiro de Facenda
P.D. (Orde do 8.7.2013)
José María Barreiro Díaz
Director xeral da Función Pública

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file