Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35339

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo para os traballos de posta en valor do sector nordeste do castro de Viladonga e acondicionamento do paseo superior da súa muralla principal, en Castro de Rei, campaña 2018-2019, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020, obxectivo temático 6, prioridade de investimento 6.3, obxectivo específico 6.3.1, actuación 6.3.1.1 (contratación documentalmente simplificada).

missing image file

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil de contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=280584.

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 44, do 2 de marzo de 2018.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: traballos de posta en valor do sector nordeste do castro de Viladonga e acondicionamento do paseo superior da súa muralla principal, en Castro de Rei: campaña 2018-2019, cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (80 %), no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 181.818,18 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato:

a) Data da adxudicación: 21 de xuño de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 11 de xullo de 2018.

c) Contratista: Terra Arqueos, S.L.

d) Importe de adxudicación: 160.918,00 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 12 de xullo de 2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria