Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35300

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 552/2015).

PO. Procedemento ordinario 552/2015

Demandante: José Antonio González Somoza

Avogado: Xavier Castro Martínez

Demandados: Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Promonoia, S.L.

Avogado/a: letrado/a de Fogasa

Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 552/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Antonio González Somoza contra Promonoia, S.L. e Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Visto o estado destas actuacións, sinálase novamente para a realización dos actos de conciliación e, de ser o caso, xuízo, o vindeiro día 26 de setembro de 2018, ás 10.15 e 10.20 horas, respectivamente. Cítense, para o efecto, as partes e expídanse para tal fin os despachos oportunos, cos apercibimentos contidos na primeira cédula.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá ante quen dita esta resolución no prazo de tres días hábiles seguintes ao da súa notificación, con expresión da infracción cometida na resolución ao xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

A letrada da Administración de xustiza».

Para que sirva de notificación en legal forma a Promonoia, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza