Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35348

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Campo Lameiro

ANUNCIO da aprobación definitiva dun estudo de detalle.

Mediante o Acordo da Xunta de Goberno Local do 2 de xullo de 2018, aprobouse definitivamente o estudo de detalle referido ao reaxuste de aliñacións en San Miguel (área afectada polo estudo de detalle), co obxecto de proceder ao reaxuste da aliñación das parcelas de titularidade municipal con referencias catastrais 36007AO23000460000DO e 36007AO23000010000DA da rúa da Igrexa, lugar de San Miguel, o cal se publica para os efectos dos artigos 82 da Lei 2/2016, de 10 de febreiro, do solo de Galicia, e 199 do seu regulamento,

ACORDO:

Visto que, aprobado inicialmente mediante o Acordo do Pleno, do 11 de abril de 2018, o estudo de detalle para reaxuste de aliñacións en San Miguel, foi sometido a información pública durante o prazo dun mes, segundo anuncio publicado no Diario Oficial de Galicia núm. 82, do 27 de abril de 2018, e anuncio no xornal Faro de Vigo, do 18 de abril de 2018. Así mesmo, outorgóuselles audiencia aos interesados polo prazo de dez (10) días.

Visto que no período de información pública non foron presentadas alegacións de ningún tipo.

Visto o informe de Secretaría, e de conformidade co disposto no artigo 22.2.c) da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, a Xunta de Goberno, por unanimidade, acorda:

Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle referido ao reaxuste aliñacións en San Miguel (área afectada polo estudo de detalle), co obxecto de proceder ao reaxuste da aliñación das parcelas de titularidade municipal con referencias catastrais 36007AO23000460000DO e 36007AO23000010000DA da rúa da Igrexa, lugar de San Miguel; queda extinguida a suspensión de licenzas.

Segundo. Publicar o acordo de aprobación definitiva no Diario Oficial de Galicia e o texto dos documentos que o integran, así como o índice de planos do estudo de detalle, no Boletín Oficial da provincia.

Terceiro. Notificalles este acordo aos propietarios e aos demais interesados directamente afectados polo estudo de detalle.

Cuarto. Comunicarlle á consellería competente en materia de urbanismo a aprobación do estudo de detalle referido ao reaxuste de aliñacións en San Miguel (área afectada polo estudo de detalle), co obxecto de proceder ao reaxuste da aliñación das parcelas de titularidade municipal con referencias catastrais 36007AO23000460000DO e 36007AO23000010000DA da rúa da Igrexa, lugar de San Miguel, á vez que se lle dá traslado dun exemplar en soporte dixital, debidamente diligenciado, co fin de ser inscrito no Rexistro de Planeamento Urbanístico de Galicia.

Quinto. Facultar o alcalde presidente para subscribir e asinar toda clase de documentos e, en xeral, para todo o relacionado con este asunto.

Contra este acordo, interporase recurso contencioso-administrativo, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade co artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, da xurisdición contencioso-administrativa.

Campo Lameiro, 7 de xullo de 2018

Julio Sayáns Bugallo
Alcalde