Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 144 Luns, 30 de xullo de 2018 Páx. 35276

III. Outras disposicións

Instituto Enerxético de Galicia

RESOLUCIÓN do 23 de xullo de 2018 pola que se redistribúen e se minoran os créditos orzamentarios por epígrafes recollidas na Resolución do 26 de decembro de 2017 pola que se aproban as bases reguladoras das subvencións para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables destinadas a particulares e cofinanciadas parcialmente co Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural (Feader) no marco do Programa de desenvolvemento rural (PDR) de Galicia 2014-2020, se anuncia a convocatoria anticipada para o ano 2018 e se procede á selección das entidades colaboradoras que participarán na xestión destas subvencións.

1. Mediante a Resolución do 26 de decembro de 2017 desta dirección referida no encabezamento, publicada no Diario Oficial de Galicia núm. 21, do 30 de xaneiro de 2018, acordouse a aprobación das bases reguladoras xunto coa convocatoria de subvencións, cuxo procedemento administrativo de concesión se tramitará en réxime de concorrencia competitiva, para a creación, mellora e ampliación de pequenas infraestruturas para proxectos de enerxías renovables, destinadas a particulares, para o ano 2018.

Tal e como consta na parte expositiva da citada resolución, o financiamento desta convocatoria faise con cargo aos orzamentos do Instituto Enerxético de Galicia para o ano 2018 e sendo a procedencia dos fondos de diversa natureza: Fondos da Comunidade Autónoma, fondos comunitarios derivados do programa operativo Feader Galicia 2014-2020 e fondos dos orzamentos xerais do Estado.

O artigo 2.1 das bases reguladoras relativo ao financiamento prevé unha dotación inicial de 6.220.000 euros e no parágrafo segundo dese mesmo artigo establécese a posibilidade de ampliar o crédito coa condición dunha maior dispoñibilidade derivada dalgunha das circunstancias previstas no artigo 30. 2 do Decreto 11/2009, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda.

Polo anteriormente exposto, esta dirección

RESOLVE:

Primeiro. Minorar a dotación de fondos inicialmente prevista nesta convocatoria na contía de 1.432.000 euros, polo que o importe total asignado para estas axudas tras esta modificación ascende a 4.788.000 euros.

Segundo. Unha vez minorados os fondos, estes distribúense do seguinte xeito:

MEDIDA 7.2 Creación, mellora e expansión de infraestruturas a pequena escala, incluíndo enerxía renovable e aforro enerxético

Aplicación
orzamentaria

Dotación orzamentaria

Importe inicial

Modificación

Importe final

Biomasa (tipoloxía B2-B3, en zonas non densamente poboadas)

09.A2.733A.780.1

1.840.000,00 €

-818.000,00 €

1.022.000,00 €

Total

1.840.000,00 €

-818.000,00 €

1.022.000,00 €

 

Aplicación
orzamentaria

Dotación orzamentaria

Importe inicial

Modificación

Importe final

Biomasa (excluída a tipoloxía B2-B3, en zonas non densamente poboadas)

09.A2.733A.780.1

3.580.000,00 €

-2.158.000,00 €

1.422.000,00 €

Xeotermia

09.A2.733A.780.2

500.000,00 €

37.000,00 €

537.000,00 €

Aerotermia e solar

09.A2.733A.780.3

300.000,00 €

1.507.000,00 €

1.807.000,00 €

Total

4.380.000,00 €

-614.000,00 €

3.766.000,00 €

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2018

Ángel Bernardo Tahoces
Director do Instituto Enerxético de Galicia