Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 145 Martes, 31 de xullo de 2018 Páx. 35401

III. Outras disposicións

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

EXTRACTO da Orde do 13 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases reguladoras e se procede á convocatoria de bolsas destinadas ao alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participa en programas de mobilidade con países extracomunitarios no curso 2018/19.

BDNS (Identif.): 409593.

De conformidade co previsto nos artigos 17.3.b) e 20.8.a) da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, publícase o extracto da convocatoria cuxo texto completo pode consultarse na Base de datos nacional de subvencións (http://www.pap.minhap.gob.es/bdnstrans/index).

Primeiro. Persoas beneficiarias

O alumnado das universidades do Sistema universitario de Galicia que participe, no curso 2018/19, en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+.

Segundo. Obxecto

Convocar, en réxime de concorrencia competitiva, 140 bolsas destinadas ao alumnado do Sistema universitario de Galicia que participe, no curso 2018/19, en programas de intercambio con países extracomunitarios, agás o programa Erasmus+, relacionados cos estudos que está a cursar.

Terceiro. Bases reguladoras

Publícanse conxuntamente coa convocatoria.

Cuarto. Orzamento e contía das bolsas

O importe global previsto na orde é de 238.000 €.

Cada bolsa terá unha dotación máxima de 1.700 €.

Quinto. Prazo de presentación de solicitudes

O prazo de presentación de solicitudes abranguerá desde o día seguinte ao da publicación desta convocatoria no Diario Oficial de Galicia ata o 5 de setembro de 2018.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2018

Román Rodríguez González
Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria