Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 146 Mércores, 1 de agosto de 2018 Páx. 35760

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

ANUNCIO do 2 de xullo de 2018 polo que se fai público o requirimento ditado no expediente de denuncia en materia de verteduras de augas residuais coa clave DH.D15.62509.

Con data do 5 de xuño de 2018 ditouse requirimento en materia de verteduras de augas residuais no expediente de denuncia de referencia seguido contra Ricardo Calvo Cobas (termo municipal de Santiago de Compostela).

Intentada a notificación dos ditos actos por correo certificado con aviso de recepción no domicilio que consta no expediente, foi devolta polo servizo de Correos. Polo tanto, e de acordo co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas, mediante este anuncio notifícaselle o requirimento ao interesado, e fáiselle saber que unha copia del está á súa disposición nas oficinas de Augas de Galicia (praza de Camilo Díaz Baliño, 7-9, 15781 Santiago de Compostela), e que se lle outorga un prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao desta publicación no Boletín Oficial del Estado, para os efectos de comparecer nestas oficinas para proceder á notificación do dito requirimento, tempo durante o cal poderá presentar as alegacións e probas que considere oportunas.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2018

Roberto Rodríguez Martínez
Director de Augas de Galicia