Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35884

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria

RESOLUCIÓN do 6 de xullo de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato de servizo de catalogación e/ou recollida de datos de fondos pertencentes ao Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela, á Biblioteca de Galicia, á Biblioteca Pública de Lugo e á Biblioteca do IES Lucus Augusti, e a súa incorporación aos catálogos colectivos do patrimonio bibliográfico e da Rede de bibliotecas de Galicia (contratación documentalmente simplificada).

De acordo co previsto no artigo 154 do texto refundido da Lei de contratos do sector público, Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, faise pública a formalización do seguinte contrato administrativo:

1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.gal/resultado.jsp?N=280574

d) Diario oficial e data de publicación do anuncio de licitación: DOG núm. 44, do 2 de marzo de 2018.

2. Obxecto do contrato:

a) Tipo: servizos, non suxeito a regulación harmonizada.

b) Descrición: catalogación e/ou recollida de datos de fondos pertencentes ao Arquivo-Biblioteca da Catedral de Santiago de Compostela, á Biblioteca de Galicia, á Biblioteca Pública de Lugo e á Biblioteca do IES Lucus Augusti (Lugo), e a súa incorporación aos catálogos colectivos do patrimonio bibliográfico e da Rede de bibliotecas de Galicia.

3. Tramitación e procedemento:

a) Tramitación: ordinaria, con pluralidade de criterios.

b) Procedemento: aberto.

4. Orzamento base de licitación: 66.115,70 €, IVE excluído.

5. Formalización do contrato.

a) Data da adxudicación: 22 de xuño de 2018.

b) Data da formalización do contrato: 29 de xuño de 2018.

c) Contratista: Outros Adaxes, S.L.

d) Importe de adxudicación: 66.115,70 €, IVE excluído.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: oferta economicamente máis vantaxosa ao obter a maior puntuación, logo da aplicación dos criterios de adxudicación que se establecen no prego de cláusulas administrativas que rexe o procedemento.

Santiago de Compostela, 6 de xullo de 2018

O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria
P.D. (Orde do 25.1.2012)
Jesús Oitavén Barcala
Secretario xeral técnico da Consellería de Cultura,
Educación e Ordenación Universitaria