Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35880

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

CÉDULA do 4 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica o escrito de trámite de audiencia dun expediente sancionador por infracción na orde social 09812589F/15/05/2018/2.2.A.

Intentada a notificación do escrito de trámite de audiencia ao interesado, ditado polo xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense, polo que se acorda o inicio do expediente sancionador arriba referenciado, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula, e segundo o disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, efectúase a notificación por medio de anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), a súa eficacia quedará condicionada á publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado (BOE).

Así mesmo, fáiselles saber que o dito escrito de trámite de audiencia non pon fin á vía administrativa e que contra el cabe formular escrito de alegacións, ante esta xefatura territorial, dentro do prazo dos quince (15) días hábiles seguintes ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado (BOE), conforme o previsto no artigo 37.3 do Real decreto 928/1998, do 14 de maio, regulador dos procedementos para a imposición de sancións por infraccións da orde social e para os expedientes liquidatorios de cotas da Seguridade Social.

Sen prexuízo do anterior, e en virtude do disposto nos artigos 44 e 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, este anuncio publícase no Diario Oficial de Galicia.

Os interesados, durante este prazo, poderanse presentar ante a oficina de emprego Ourense Centro, situada na rúa Progreso, 11, baixo, Ourense, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para coñeceren integramente o contido do escrito de trámite de audiencia ditado polo xefe territorial.

Advírteselles aos interesados que, de non formularen alegacións en tempo e forma, a proposta de inicio do expediente sancionador adquirirá firmeza.

Ourense, 4 de xuño de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense

ANEXO

Expediente: 09812589F/15/05/2018/2.2.A.

Nome: José Antonio Tejero Fernández.

Concello: Ourense.

Precepto infrinxido: rexeitamento dunha oferta de emprego (artigo 25.4.a) do texto refundido da Ley de infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000).

Contido do escrito de trámite de audiencia: inicio do procedemento sancionador coa proposta de perda de tres meses do dereito á prestación ou subsidio por desemprego recoñecido (artigo 47.1.b) do Real decreto lexislativo 5/2000).