Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 9 de xullo de 2018 pola que se notifica a proposta de resolución do expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/66/2016-RP1.

O 4 de xuño de 2018, a instrutora do Servizo de Inspección Urbanística II da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística formulou proposta de resolución no expediente sancionador e de reposición da legalidade POL/66/2016-RP1, tramitado pola realización de actuacións abusivas dentro da zona de servidume de protección do dominio público marítimo-terrestre, na rúa Ribeira do Chazo, número 20-22, termo municipal da Illa de Arousa (Pontevedra).

Ao non poderse realizar a notificación persoal da resolución a Miguel Ángel Ramos García, José Enrique Gándara Lemos, María del Carmen Lorenzo Chazo e Juan José Martín Martínez, en representación da Asociación de Ciudadanos Europeos Pro Derechos Humanos (Ciuprode), mediante esta cédula, e ao abeiro do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles aos interesados a dita proposta de resolución mediante un anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 46 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, o acto non se publica na súa integridade, comunícaselles aos interesados que o texto íntegro da proposta de resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, situada no Edificio Witland, 1º andar, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de dez (10) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula no Boletín Oficial del Estado. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

Os interesados disporán dun prazo de quince (15) días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para que poidan examinar o expediente e obter as copias dos documentos que constan neste, formular alegacións e presentar os documentos e informacións que xulguen pertinentes.

Para que conste e lles sirva de notificación aos citados interesados, en cumprimento do disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018

José Antonio Cerdeira Pérez
Director da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística