Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 147 Xoves, 2 de agosto de 2018 Páx. 35833

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1192/2018 GA).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación (RSU) 1192/2018 GA

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 530/2016 Xulgado do Social número 2 de Lugo

Recorrente: Juan José Gayoso Cabarcos

Graduado social: José Luis Piñón Calvo

Recorridos: Fogasa, Canteras Industriales del Bierzo, S.A., Grupo Ceminosa, S.A., Hormigones de Valdeorras, S.A., Hormigones Cambre, S.L., administración concursal Hormigones Cambre (José Manuel Rodríguez Gutiérrez), Aro Proyectos de Asesoramiento, S.L., Concretos de Lugo, S.L., Concretos de Ourense, S.L., Canteras del Noroeste, S.L., administración concursal de Canteras Industriales del Bierzo (Amalia Fernández Doyague)

Avogados: letrado de Fogasa, José Antonio Martínez Álvarez, Beatriz Campelo Núñez (...), (...), Amalia Fernández Doyague (...), (...), (...), Amalia Fernández Doyague

Procuradores: (...), Amalia Mosquera Herrero (...), (...), (...), (...), (...), (...), (...), (...), (...)

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, letrada da Administración de xustiza da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1192/2018 desta sección, seguido por instancia de Juan José Gayoso Cabarcos contra o Fogasa e as empresas Canteras Industriales do Bierzo, S.A., Grupo Ceminosa, S.A., Hormigones de Valdeorras, S.A., Hormigones Cambre, S.L., a administración concursal Hormigones Cambre (José Manuel Rodríguez Gutiérrez), Aro Proyectos de Asesoramiento, S.L., Concretos de Lugo, S.L., Concretos de Ourense, S.L., Canteras del Noroeste, S.L., e a administración concursal de Canteras Industriales del Bierzo (Amalia Fernández Doyague), sobre resolución de contrato, se ditou a seguinte resolución:

«Decidimos:

Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da parte demandante contra o auto que desestima o recurso de reposición interposto contra o auto que declara a falta de competencia, entendendo que a competente é a xurisdición mercantil, debemos revogar e revogamos a citada resolución e declaramos a competencia desta xurisdición social para resolver a demanda acumulada de extinción do contrato e reclamación de cantidade e grupo de empresas coas precisións contidas na fundamentación xurídica desta resolución.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas deste Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 37 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 37 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Concretos de Lugo, S.L. e Concretos de Ourense, S.L. (no BOCYL e DOG), e Hormigones Cambre, S.L. e Canteras del Noroeste, S.L. (no BOCYL e BOCM), en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 29 de xuño de 2018

A letrada da Administración de xustiza