Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2018 Páx. 36175

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

RESOLUCIÓN do 13 de xullo de 2018 pola que se fai pública a formalización do contrato do servizo de asistencia técnica para a coordinación do desenvolvemento do Plan de transporte público de Galicia-Plan de transporte a demanda e proxectos de explotación resultantes, cofinanciado nun 80 % polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. OT4 PI04.05. OE04.05.01.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización do seguinte contrato:

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Consellería de Infraestruturas e Vivenda.

b) Dependencia que tramita o expediente: Secretaría Xeral Técnica.

c) Número de expediente: 9/2018 M.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=275144

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: servizo.

b) Descrición: prestación do servizo de asistencia técnica para a coordinación do desenvolvemento do Plan de transporte público de Galicia (PTPG) en colaboración coa Dirección Xeral de Mobilidade, dependente da Consellería de Infraestruturas e Vivenda da Xunta de Galicia.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71311200-3.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

Procedemento: aberto, non suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado: 220.827,42 €.

5. Orzamento base de licitación.

Importe neto: 220.827,42 €. Importe total: 267.201,18 €.

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 24.5.2018.

b) Data de formalización do contrato: 20.6.2018.

c) Adxudicatario: UTE KPMG Asesores, S.L.-Iceacsa Consultores, S.L.U.

d) Importe de adxudicación:

Importe neto: 197.132,64 €. Importe total con IVE: 238.530,49 €.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: as sinaladas na resolución de adxudicación publicada no perfil do contratante.

Santiago de Compostela, 13 de xullo de 2018

A conselleira de Infraestruturas e Vivenda
P.D. (Orde do 7.9.2017; DOG núm. 179, do 20 de setembro)
Joaquín Macho Canales
Secretario xeral técnico da Consellería de Infraestruturas e Vivenda