Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2018 Páx. 35950

III. Outras disposicións

Consellería de Política Social

ORDE do 24 de xullo de 2018 pola que se establecen as bases que rexerán a concesión de subvencións a corporacións locais para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social e a inclusión social da poboación xitana, inmigrante e outras persoas en risco de exclusión, e se procede á súa convocatoria para os anos 2018 e 2019 (cofinanciada parcialmente polo Fondo Social Europeo e polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional no marco dos programas operativos FSE Galicia 2014-2020 e Feder Galicia 2014-2020).

O Estatuto de autonomía de Galicia, no seu artigo 27.23, atribúelle á Comunidade Autónoma a competencia exclusiva en materia de asistencia social, en consonancia coa habilitación competencial outorgada ás comunidades autónomas polo artigo 148.1.20 da Constitución española.

A Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais para Galicia, establece, no seu artigo 58, que as competencias en materia de servizos sociais corresponderanlle á Administración da Comunidade Autónoma de Galicia e ás corporacións locais de Galicia, así como, se é o caso, ás demais entidades públicas previstas no Estatuto de autonomía de Galicia ou establecidas nesta lei. Así mesmo, a Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no seu artigo 5, establece que as actuacións que se desenvolvan desde as administracións públicas para a aplicación das medidas establecidas nesta lei rexeranse tamén polo principio de responsabilidade pública e solidariedade social, polo que os poderes públicos galegos desenvolverán as medidas reguladas nesta lei mediante a rede pública de servizos sociais e de emprego, sen prexuízo do fomento da participación e da colaboración complementaria das entidades de iniciativa social tanto na aplicación de recursos contra a exclusión como na mellora continua do sistema.

Segundo o Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social, a dita consellería é o órgano o que ten asumidas as competencias en materia de servizos sociais, incluíndo as políticas de inclusión social e as relativas á poboación inmigrante que lle corresponden á Xunta de Galicia.

A Unión Europea asume como prioridade converterse nunha economía intelixente, sustentable e inclusiva que goce de altos niveis de emprego, de produtividade e de cohesión social.

Para lograr a converxencia con España e a Unión Europea, Galicia deberá aumentar a súa taxa de emprego, mellorando as condicións de empregabilidade propoñendo oportunidades de integración social e laboral, especialmente entre aqueles grupos que teñen unha menor participación no mercado de traballo e que presentan un maior risco de exclusión.

Nesta liña, aumentar a participación no mercado laboral e mellorar a calidade e produtividade do traballo, impulsando a igualdade de oportunidades e a inclusión social dos colectivos máis desfavorecidos, son os principais obxectivos do presente período 2014-2020.

Este enfoque da inclusión social activa, recollido na Estratexia para a inclusión social de Galicia 2014-2020, está consolidado como unha das prioridades da Unión Europea e dos Estados membros e é prioritario para os fondos estruturais. Neste sentido, o Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006, no seu artigo 3, establece que o Fondo Social Europeo (en diante, FSE) apoiará, como prioridade de investimento, en relación ao obxectivo temático promover a inclusión social, loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, a inclusión social activa, con vistas a promover a igualdade de oportunidades, a participación activa e a mellora da posibilidade de atopar un emprego.

Así mesmo, a presente orde reguladora recolle tamén outra das prioridades establecidas na Estratexia para a inclusión social de Galicia 2014-2020, incluíndo axudas dirixidas ao investimento en centros de inclusión e emerxencia social regulados na Orde do 25 de xaneiro de 2008 pola que se regulan os requisitos específicos que deben cumprir os centros de inclusión e emerxencia social coa finalidade de reformar e/ou adaptar os devanditos equipamentos ás necesidades das persoas usuarias, ofrecéndolles servizos que redunden nunha mellora en calidade da atención dispensada.

Con base en todo o exposto, a Consellería de Política Social, en virtude das súas competencias en materia de inclusión social, considera de especial interese a posta en marcha de medidas dirixidas a compensar as dificultades que presentan determinados colectivos impulsando o desenvolvemento de actuacións como as que son obxecto desta orde.

Así, por unha banda, establece unha liña de axudas destinada á construción, reforma, adaptación e equipamento de centros de inclusión e emerxencia social, as cales constitúen, en moitos casos, un primeiro nivel de atención que brinda ás persoas usuarias o acceso ao resto dos recursos dispoñibles. Esta tipoloxía de axudas será financiada con cargo ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (en diante, Feder) no programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9, prioridade de investimento 9.7, obxectivo específico 9.7.1, en atención ao principio de complementariedade de fondos reiteradamente recomendado pola Unión Europea no emprego dos fondos estruturais.

Doutra banda, esta orde reguladora pretende impulsar programas baseados principalmente na atención a persoas que atravesan por procesos de enfraquecemento dos seus vínculos persoais e/ou sociais e que precisan dun acompañamento técnico que facilite e/ou posibilite a súa inserción social e laboral. Dentro deste contexto, os perceptores de rendas mínimas, persoas pertencentes a colectivos con dificultades de integración social como a comunidade xitana e as persoas inmigrantes, entre outros, considerásense grupos vulnerables e, por tanto, susceptibles de ser destinatarios de accións que os acompañen no seu proceso de cambio. Estas tipoloxías de programas serán financiados con fondos FSE no programa operativo FSE Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9: promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, prioridade de investimento 9.1: a inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de atopar un emprego, obxectivo específico 9.1.1: mellorar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción.

Existe crédito dispoñible para esta finalidade na Lei 8/2017, do 26 de decembro, de orzamentos xerais da Comunidade Autónoma de Galicia para o ano 2018.

Esta orde de convocatoria axústase ao disposto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeneral de subvencións, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, e no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, atendendo, en todo caso, aos principios básicos de publicidade, obxectividade e concorrencia.

Así mesmo, enmárcase nos programas operativos Feder e FSE Galicia para o período 2014-2020 e dáse debido cumprimento á normativa aplicable, de conformidade co disposto no artigo 125.3.e) do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establece disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, o Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, relativo ao Fondo Social Europeo e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1081/2006 do Consello, e o Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006, a Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020 e a Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

Segundo o establecido no artigo 14 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, as subvencións e a asistencia reembolsable que se beneficien dunha axuda pública non superior a 50.000 euros adoptarán a forma de baremos estándar de custos unitarios, de importes a tanto alzado ou de financiamento a tipo fixo. Por este motivo incorpórase nesta convocatoria o establecemento de métodos de custo simplificados.

A pesar de que o importe máximo das subvencións con cargo á presente orde supera a dita cifra, moitas das axudas unitariamente alcanzan, de maneira habitual, importes inferiores, polo que se incorpora nesta convocatoria o establecemento de métodos de custo simplificados, abarcando non só aqueles que teñan un importe inferior á devandita cifra, senón tamén aqueloutros que a superan.

Estas axudas están financiadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020 e polo Feder 2014-2020 nun 80 %, e pola Comunidade Autónoma de Galicia, ademais da contribución económica da Administración do Estado, a través do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade, no caso dos programas especificamente dirixidos á comunidade xitana.

Doutra banda as axudas ao investimento en centros de inclusión e emerxencia social xustificaranse a través de conta xustificativa do gasto realizado.

Na súa virtude, en uso das facultades que teño atribuídas pola Lei 1/1983, do 22 de febreiro, de normas reguladoras da Xunta e da súa Presidencia, e polo Decreto 176/2015, do 3 de decembro, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Política Social,

RESOLVO:

Artigo 1. Obxecto

1. Esta orde ten por obxecto o establecemento e regulación de subvencións ás corporacións locais en réxime de concorrencia competitiva dirixidas á construción, reforma, adaptación e equipamento de centros de inclusión e emerxencia social, así como ao desenvolvemento de programas polos servizos sociais de titularidade municipal que teñan por finalidade a inclusión sociolaboral de colectivos de elevada vulnerabilidade á exclusión social e laboral. O código deste procedemento é o BS623C.

2. Para os efectos da presente orde, terán a consideración de colectivos de elevada vulnerabilidade aqueles que cumpran o establecido no artigo 3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, e particularmente persoas pertencentes a colectivos con dificultades de integración social como a comunidade xitana e a poboación inmigrante residente en Galicia cando se trate de participantes nos programas descritos no artigo 5 da orde.

Artigo 2. Financiamento

1. Na concesión das subvencións reguladas nesta orde destínanse os importes sinalados a continuación para os anos 2018 e 2019:

Aplicación

Importe 2018 (€)

Importe 2019 (€)

Importe total (€)

12.03.312C.460.0

423.471,15

739.234,00

1.162.705,15

12.03.313C.460.1

329.323,50

654.829,00

984.152,50

12.03.313C.460.2

1.378.699,39

2.019.432,00

3.398.131,39

12.03.313C.760.0

410.363,00

436.499,00

846.862,00

Total

2.541.857,04

3.849.994,00

6.391.851,04

A partida 12.03.313C.760.0 destinarase ao investimento en centros de inclusión e emerxencia social e estará cofinanciada ao 80 % con fondos Feder do programa operativo de Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9, promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación, prioridade de investimento 9.7, investimento en infraestruturas sociais e sanitarias que contribúan ao desenvolvemento nacional, rexional e local e reduzan as desigualdades sanitarias, e o fomento da inclusión social mediante unha mellora do acceso aos servizos sociais, culturais e recreativos e a transición dos servizos institucionais aos servizos locais, obxectivo específico 9.7.1, investimento en infraestrutura social e sanitaria que contribúa ao desenvolvemento nacional, rexional e local, e reduza as desigualdades sanitarias e a transición dos servizos institucionais aos servizos locais, actuación CPSO 9.7.1.2, Actuacións de investimento en centros de inclusión social e en centros de menores para a adaptación das necesidades funcionais.

As partidas restantes están cofinanciadas ao 80 % con fondos do PO FSE Galicia 2014-2020, con encaixe no obxectivo temático 9, promover a inclusión social e loitar contra a pobreza e calquera forma de discriminación prioridade de investimento 9.1, a inclusión activa, tamén con vistas a promover a igualdade de oportunidades, así como a participación activa e a mellora da posibilidade de encontrar un emprego, obxectivo específico 9.1.1, mellorar a inserción socio-laboral de persoas en situación ou risco de exclusión social, a través da activación e de itinerarios integrados e personalizados de inserción, coa seguinte distribución por programas:

Programas dirixidos á inclusión social da comunidade xitana: 1.306.688,71 euros.

2018

2019

Total

509.290,20 €

797.398,51 €

1.306.688,71 €

Programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante: 1.162.705,15 euros.

2018

2019

Total

423.471,15 €

739.234,00 €

1.162.705,15 €

Programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social: 1.528.064,70 euros.

2018

2019

Total

595.572,89 €

932.491,81 €

1.528.064,70 €

Programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social: 1.547.530,48 euros.

2018

2019

Total

603.159,80 €

944.370,68 €

1.547.530,48 €

2. De acordo co previsto no artigo 30.2. do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia, excepcionalmente poderase ampliar a contía máxima dos créditos dispoñibles cando o aumento veña derivado dunha xeración, ampliación ou incorporación de crédito; cando existan remanentes doutras convocatorias financiadas con cargo ao mesmo crédito ou a créditos incluídos no mesmo programa ou en programas do mesmo servizo. O incremento do crédito queda condicionado á declaración de dispoñibilidade como consecuencia das circunstancias sinaladas e, se é o caso, logo da aprobación da modificación orzamentaria que proceda, previo informe favorable da modificación orzamentaria por parte do organismo intermedio competente do PO FSE Galicia 2014-2020, actualmente a Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos. A este respecto, poderá incrementarse crédito procedente do Ministerio de Sanidade, Servizos Sociais e Igualdade nos programas dirixidos á inclusión social da comunidade xitana.

3. Polo que respecta aos programas, de non esgotarse todo o crédito destinado a unha tipoloxía de subvención poderá ser utilizado no resto das tipoloxías, sempre que se respecten os principios de elixibilidade que establezan os fondos que financian as devanditas axudas.

Artigo 3. Entidades solicitantes

1. Poderán solicitar as subvencións que se regulan nesta orde as corporacións locais de ámbito municipal galegas que desexen implantar ou desenvolver algunha das actuacións mencionadas no artigo 1.

2. Enténdense incluídas no punto anterior as mancomunidades de concellos e agrupacións de concellos baixo calquera fórmula, incluída a de fusión municipal.

Non obstante o anterior e, en relación a aquelas solicitudes presentadas por calquera forma de agrupación de concellos, quedarán expresamente excluídas aquelas solicitudes nas que non se acredite a realización conxunta do programa. Para estes efectos, considerarase que non queda suficientemente acreditado este extremo cando os usuarios participantes do programa estean empadroados nun único concello dos integrantes da devandita agrupación ou o servizo a estes non se preste a través dun único dispositivo. Esta última característica non será aplicable no caso de programas de natureza inequívoca e exclusivamente formativa.

En todo caso, a solicitude presentada por calquera tipo de agrupación de concellos para o desenvolvemento dun servizo ou programa exclúe a posibilidade de solicitude por parte dun concello que forme parte da agrupación para o mesmo programa.

3. En calquera caso as corporacións locais solicitantes deberán cumprir os seguintes requisitos:

a) Estar inscritas no Rexistro de Entidades Prestadoras de Servizos Sociais regulado polo Decreto 254/2011, do 23 de decembro, polo que se regula o réxime de rexistro, autorización, acreditación e inspección dos servizos sociais en Galicia.

b) Aquelas corporacións locais solicitantes de subvencións para un programa en favor da poboación inmigrante deberán acreditar unha porcentaxe mínima de poboación inmigrante empadroada segundo as seguintes regras:

1º. Concellos: superar o 2,5 % de poboación inmigrante e un mínimo de 150 persoas inmigrantes empadroadas no concello. No caso de non cumprir a porcentaxe anterior deberán ter polo menos 1.000 persoas estranxeiras empadroadas no municipio.

2º. Consorcios locais, mancomunidades e agrupacións de concellos: superar o 2,5 % de poboación inmigrante o 50 % dos concellos que integran a entidade supralocal e ter unha media de 200 persoas inmigrantes empadroadas.

O cálculo da poboación inmigrante farase tendo en conta a poboación total e a poboación inmigrante empadroada no ano anterior ao da correspondente resolución de convocatoria.

Os solicitantes deberán manter os requisitos exixidos durante todo o exercicio económico para o cal se concede a subvención, excepto a porcentaxe de poboación sobre a poboación total empadroada.

c) As corporacións locais solicitantes da subvención para un programa da tipoloxía recollida no artigo 4.1.c) dirixido á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social non poderán dispoñer para o seu termo municipal doutros dispositivos de natureza pública distintos dos propios dirixidos ao desenvolvemento dun programa cuxo contido sexa a prestación do servizo de apoio á inclusión sociolaboral.

d) Todas as accións serán deseñadas, desenvoltas e avaliadas incorporando a perspectiva de xénero, o cal significa que se estudará en que medida a variable xénero inflúe nos procesos de exclusión e teranse en conta as diferentes circunstancias, expectativas e necesidades que teñen os homes e as mulleres ás que se dirixen polo mero feito de ser home ou muller.

Artigo 4. Accións subvencionables

1. Programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables:

a) Programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana.

b) Programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante.

c) Programas dirixidos á inclusión social de persoas en situación ou risco de exclusión social.

2. Programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social.

3. Investimento en centros de inclusión e emerxencia social, que poderán adoptar as seguintes modalidades:

a) Construción, ampliación, reforma, mellora e adaptación de elementos de carácter estrutural que melloren substancialmente a calidade do servizo que se vai prestar.

b) A adquisición e instalación de equipamento e mobiliario, así como a adquisición de vehículos de transporte vinculados á prestación dos servizos propios do centro, excluíndose expresamente os vehículos turismos.

c) Adquisición ou desenvolvemento de aplicacións informáticas que estean relacionadas coa actividade do centro.

Artigo 5. Prestacións subvencionables nos programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables e complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación o risco de exclusión social

1. En todos os programas enumerados no artigo 4.1 poderán subvencionarse as prestacións e servizos incluídos na Carteira de Servizos Sociais de Inclusión aprobada polo Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, que se relacionan a continuación:

a) Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral. Dentro deste servizo financiaranse:

1º. Da sección de inclusión básica. Comprende as prestacións de diagnose; deseño; seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou sociolaboral; acompañamento social; accións para a adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais incluídas as dirixidas a mellora da administración da economía familiar; o apoio socioeducativo para a adhesión a tratamentos de prescrición facultativa.

2º. Da sección de inclusión e transición ao emprego. Comprenderá as prestacións de diagnose; deseño; seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou sociolaboral; acompañamento social; accións para a adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais, incluídas as dirixidas a mellora da administración da economía familiar; as accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral; a mediación laboral; a prospección e intermediación laboral activa; apoio socioeducativo para a adhesión a tratamentos de prescrición facultativa.

3º. Prestación de reforzo socioeducativo para menores. Como prestación independente no marco das duas seccións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral, inclúe o reforzo, orientación e apoio ao alumnado para reforzar a importancia da educación, evitar o abandono prematuro da etapa de escolarización obrigatoria, reducir o absentismo escolar e facilitar a transición entre a educación primaria e a secundaria.

b) Excepcionalmente poderanse subvencionar fóra do servizo de apoio á inclusión sociolaboral as accións de formación adaptada cando desenvolvan contidos relacionados coas medidas comprendidas nas prioridades transversais da Estratexia de inclusión social de Galicia, nas que se inclúe a formación en alfabetización de coñecementos básicos dixitais; e as vinculadas coa redución da vulnerabilidade das persoas en risco o situación de exclusión social con baixa cualificación, nas que se inclúe a formación en competencias clave.

2. Ademais das prestacións comúns a todos os grupos poderán subvencionarse as seguintes prestacións específicas aos seguintes colectivos vulnerables:

a) Para a poboación xitana subvencionaranse os seguintes servizos:

1º. Servizo de apoio á inclusión residencial. Ademais das prestacións comúns a todos os grupos establecidos no artigo 4.1, poderán subvencionarse prestacións específicas para a poboación xitana dirixidas á prestación do servizo de apoio á inclusión residencial. Este servizo inclúe accións de apoio ás persoas en procesos de inclusión sociolaboral que, debido aos seus baixos ingresos e/ou outros factores de discriminación, teñen dificultades de acceso ou mantemento da estabilidade residencial. Subvenciónanse as prestacións obrigatorias da sección de Promoción do acceso e mantemento da vivenda: intermediación inmobiliaria, Prevención da discriminación no mercado da vivenda e acompañamento nos procesos de transición a recursos residenciais estables e a prestación opcional de Mediación e resolución de conflitos relacionados coa vivenda.

2º. Como módulo independente en calquera das súas seccións, subvencionarase a prestación de mediación social e/ou intercultural. Esta prestación deberá levarse a cabo por persoal especializado en distintos ámbitos como sanidade, educación ou vivenda, a través de accións de acompañamento presencial ou de sensibilización directa na contorna social próxima das persoas coas que se levan a cabo as accións de mediación, que teñan por finalidade a comunicación, o entendemento e a transformación das relacións entre as persoas e grupos sociais culturalmente diferenciados, así como previr e solucionar conflitos e/ou construír unha nova realidade social compartida. As accións de sensibilización non poderán representar máis dun 7 % do importe da axuda concedida para esta actuación.

b) Para a poboación inmigrante, subvencionaranse os seguintes servizos:

1º. O servizo de promoción da participación social, que está dirixido á adquisición de habilidades lingüísticas e ao coñecemento dos costumes, funcionamento e valores da sociedade de acollida; inclúe a prestación obrigatoria da sección de inmersión lingüística relativa ás accións formativas de alfabetización e competencia oral nas linguas oficiais de Galicia, e a prestación obrigatoria da sección de integración sociocultural relativa ás accións formativas dirixidas ao coñecemento dos valores e características da sociedade de acollida.

2º. Prestacións de asesoramento técnico especializado en materias propias de estranxeiría, nas que se enmarcan accións como a información, asesoramento e apoio nos trámites precisos para as autorizacións e renovacións de residencia, homologación de títulos, reagrupamentos familiares, nacionalidade e outras cuestións relacionadas coa normativa española en materia de estranxeiría.

3º. Como módulo independente en calquera das súas seccións, subvencionarase a prestación de mediación social e/ou intercultural. Esta prestación deberá levarse a cabo por persoal especializado en distintos ámbitos como sanidade, educación ou vivenda, a través de accións de acompañamento presencial ou de sensibilización directa na contorna social próxima das persoas coas que se levan a cabo as accións de mediación, que teñan por finalidade a comunicación, o entendemento e a transformación das relacións entre as persoas e grupos sociais culturalmente diferenciados, así como previr e solucionar conflitos e/ou construír unha nova realidade social compartida. As accións de sensibilización non poderán representar máis dun 7 % do importe da axuda concedida para esta actuación.

3. Nos programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social, considéranse programas de educación e apoio familiar aqueles que conteñan actuacións complementarias da intervención social individual expresamente incluídas no seu proxecto de inclusión, que teñen por obxecto promover a adquisición, por parte das familias, de competencias e habilidades para o correcto desenvolvemento das súas funcións parentais e educativas e aqueles outros obxectivos establecidos no artigo 19 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o seu funcionamento.

O importe máximo de subvención establecido para cada programa establécese en 106.667 euros para todo o período e para cada concello no caso de mancomunidades o fusión de concellos. Para o caso de que o crédito dispoñible non sexa suficiente para atender todas as actuacións solicitadas, as corporacións locais que soliciten varias actuacións nun mesmo programa deberán priorizalos por orden de importancia no anexo I.

Artigo 6. Persoas destinatarias das actuacións subvencionadas

As persoas destinatarias das actuacións subvencionables nos programas obxecto da axuda serán as perceptoras da renda de inclusión social de Galicia ou membros da súa unidade de convivencia, as persoas en situación ou risco de exclusión derivadas da rede de equipos de inclusión sociolaboral, e, en xeral, as afectadas por factores de exclusión social. Neste último suposto a situación de exclusión social acredítase mediante declaración responsable da entidade de que o beneficiario está nesa situación. Para a consideración destes factores haberá que aterse ao establecido nos artigos 3.1 e 3.3 da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia.

Así mesmo, en aplicación do artigo 56.5 da citada lei, no caso de unidades de convivencia con varias persoas en condicións de participar nun proxecto de inclusión sociolaboral estableceranse medidas persoalizadas para cada unha delas.

Ademais, de conformidade co previsto no artigo 20.3 do Decreto 99/2012, do 16 de marzo, polo que se regulan os servizos sociais comunitarios e o su financiamento, no caso dos programas complementarios de educación e apoio familiar dirixidos á familias en situación ou risco de exclusión social, será requisito adicional que a unidade familiar destinataria do servizo teña valorada e prescrita a alta no programa por parte do persoal técnico dos servizos sociais comunitarios municipais, e figure no corresponde expediente social.

En relación ás persoas inmigrantes, deberán ser persoas en situación ou risco de exclusión ou nunha situación de vulnerabilidade derivada de súa situación de inmigrante e ter constancia da condición ou a súa orixe estranxeira. A situación de exclusión ou vulnerabilidade acreditarase mediante declaración responsable da entidade.

Tamén poderán ser beneficiarias aquelas persoas solicitantes de asilo ou refuxiadas que puidesen chegar á Comunidade Autónoma de Galicia.

Na ficha de descrición da actuación do anexo IV deberán quedar reflectidos os criterios de selección das persoas destinatarias e o seu perfil.

No caso das axudas para investimento en centros de inclusión e emerxencia social, serán beneficiarias as corporacións locais que sexan titulares de centros de inclusión e emerxencia social.

Artigo 7. Gastos que se subvencionan

1. Para os efectos da presente orde, consideraranse como gastos subvencionables das actuacións establecidas no artigo 5 os seguintes:

a) Gastos subvencionables para a realización de programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables, que comprenderán:

1º. Gastos directos. Terán esta consideración os que a continuación se relacionan sempre que estean directamente relacionados coa actuación subvencionada e que, polo tanto, se refiran inequivocamente a ela:

1.1º. Gastos de persoal: persoal propio da entidade. Serán subvencionables as retribucións totais correspondentes á execución do programa, incluída a cotización empresarial á Seguridade Social e a parte proporcional da paga extraordinaria que lle corresponda. A identificación da actuación que se subvenciona deberá constar no contrato de traballo ou nunha previa asignación de funcións directas, tanto no caso de que a xornada de traballo estea integramente destinada á execución da dita actuación como no caso de dedicación parcial.

1.2º. Gastos de traballadores/as por conta propia.

1.3º. Axudas de custo e gastos de viaxe, que se rexerán na súa contía pola normativa establecida nos convenios colectivos aplicables.

1.4º. Gastos por seguros de accidentes do alumnado e participantes que cubran os riscos derivados da actividade subvencionada.

1.5º. Bolsas por asistencia a accións formativas que non sexan percibidas por persoas titulares dunha renda de inclusión social de Galicia que inclúa ese complemento.

1.6º. Axudas por desprazamento para participantes en accións subvencionables.

2º. Gastos de carácter indirecto. Terán a devandita consideración os que a continuación se relacionan, sempre que non se correspondan en exclusiva á actuación subvencionada por ter carácter estrutural pero resulten necesarios para a súa realización:

2.1º. Gastos de persoal.

2.2º. Gastos en material funxible.

2.3º. Gastos de alugueiro e mantemento das instalacións como luz, auga, calefacción, teléfono, limpeza e seguridade.

b) Gastos subvencionables de investimento en centros de inclusión e emerxencia social, que compenderán:

Poderá subvencionarse ata o 80 % dos gastos necesarios para a realización do investimento que se correspondan de maneira indubitada á operación cofinanciada, e deberán estar debidamente pagados con anterioridade á finalización do período de xustificación previsto na presente base reguladora, coas seguintes especificidades:

Será subvencionable a construción, ampliación, reforma e mellora dos centros, así como a adquisición de edificacións xa existentes para ser rehabilitadas ou postas en uso como centros de inclusión e emerxencia social.

Unicamente con respecto ás solicitudes para ampliación da superficie destinada para a atención das persoas usuarias, será subvencionable a adquisición de terreos nos que exista unha relación directa entre a compra e os obxectivos da operación, ata o límite do 10 % do gasto total subvencionable da operación, de conformidade co artigo 69.3 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e derrógase o Regulamento (CE) nº 1083/2006 do Consello, e do artigo 7.2 da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro, pola que se aproban as normas sobre os gastos subvencionables dos programas operativos do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional para o período 2014-2020.

Estes terreos deberán ser limítrofes ao establecemento principal, as cales, con todo, deberán estar próximas a este, de tal maneira que a súa utilización permita o desprazamento a pé polas persoas usuarias.

En todo caso, o importe subvencionable non poderá superar o valor de mercado dos terreos e dos bens inmobles, extremo que deberá acreditarse mediante certificado de taxador independente debidamente acreditado e inscrito no correspondente rexistro oficial.

Non será subvencionable a adquisición de terreos ou bens inmobles que pertenzan ou pertencesen durante o período de elixibilidade ao organismo responsable da execución ou a outro organismo ou entidade directa ou indirectamente vinculado ou relacionado con este.

Así mesmo, e unicamente con respecto á adquisición de equipamento necesario de adaptación funcional para prestación dos servizos, estes poderán ser de segunda man, sempre que conste unha declaración de quen o vende sobre a orixe dos bens e sobre que estes non foron obxecto de ningunha subvención nacional ou comunitaria, e que o prezo non sexa superior ao valor de mercado e ao custo dos bens novos similares; estes aspectos do prezo acreditaranse mediante certificación de taxación independente.

Só se subvencionará a adquisición ou o desenvolvemento de aplicacións informáticas cando estean relacionadas coa actividade do centro.

Para os efectos destas axudas non se considera subvencionable ningún tipo de taxa, tributo ou imposto excepto o imposto sobre o valor engadido (IVE) cando non sexa recuperable polo solicitante.

A operación para a que se solicita a axuda poderá comezar o 1 de xullo de 2018, pero de acordo co artigo 65.6 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, para ser subvencionable non poderá ter concluído materialmente na súa totalidade antes da presentación da solicitude de axuda.

2. En todo caso, os programas dirixidos á inclusión social subvencionados deberán cumprir as normas establecidas nos regulamentos (UE) nº 1303/2013 e 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e na Orde ESS/1924/2016, do 13 de decembro, pola que se determinan os gastos subvencionables polo Fondo Social Europeo durante o período de programación 2014-2020.

As subvencións para investimento deberán cumprir ademais das normas establecidas no Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, as normas do Regulamento (UE) nº 1301/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, sobre o Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional e sobre disposicións específicas relativas ao obxectivo de investimento en crecemento e emprego e polo que se derroga o Regulamento (CE) nº 1080/2006, segundo corresponda en función do financiamento da axuda.

3. O período de referencia para a imputación dos gastos relativos a todas as axudas reguladas na presente orde será do 1 de xullo de 2018 ao 31 de outubro de 2019.

4. As dúbidas ou controversias en relación coa subvencionabilidade dos gastos serán resoltas pola Consellería de Política Social por propia iniciativa ou por petición de calquera das entidades solicitantes.

5. Con respecto ás subvencións dirixidas a subvencionar programas de inclusión non está permitida a subcontratación dos gastos subvencionables. Non obstante o anterior, non se considerarán como gastos subcontratados aqueles nos que teña que incorrer a entidade beneficiaria para a realización por si mesma da actuación subvencionada, tales como a contratación de persoal monitor, alugueiro de instalacións para a realización das actuacións e/ou gastos de subministracións relacionadas con elas, sempre que non sexan provistos pola mesma persoa física ou xurídica.

Cando, de acordo co artigo 29.3 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o importe de cada un destes gastos supere os 15.000 euros, para o caso de subministracións e servizos, e 40.000 euros para contratos de obras, a entidade beneficiaria deberá solicitar como mínimo tres ofertas de diferentes empresas provedoras, con carácter previo á contracción do compromiso para prestación do servizo, excepto no caso de que polas especiais características dos gastos non exista no mercado suficiente número delas ou que os gastos se realizasen con anterioridade á solicitude da subvención.

Artigo 8. Compatibilidade das axudas

A percepción das axudas para os programas previstos no artigo 4.1 e 4.2 é incompatible coa percepción de calquera outra axuda pública de fondos comunitarios para o mesmo proxecto. Isto significa que a parte da xornada que un posto de traballo dedica aos programas obxecto desta convocatoria financiarase exclusivamente con estas axudas, e se é o caso, con achegas da propia corporación local, sen prexuízo de que ese mesmo posto de traballo poida estar tamén financiado por outras subvencións ou axudas públicas na parte da xornada non imputada a estes programas.

No caso das axudas para o investimento en centros haberá que aterse o disposto no artigo 65.11 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo, polo que a operación poderá recibir axuda de un ou varios fondos ou doutros instrumentos da Unión, a condición de que a partida de gasto para o reembolso por un fondo non estea subvencionada por outro fondo ou instrumento da Unión nin polo mesmo fondo conforme un programa distinto.

Nos supostos nos que se declare algunha outra axuda ou ingreso para financiar actuacións subvencionadas, o importe da subvención que corresponda, despois de aplicar os módulos correspondentes, diminuirase na mesma contía que o ingreso percibido.

É incompatible a participación dunha persoa nun programa de apoio a inclusión sociolaboral coa participación no mesmo período que se subvenciona noutro programa de apoio a inclusión sociolaboral de similar contido, realizado noutro dispositivo público ou privado de inclusión social financiado por fondos públicos. Para estes efectos, contarase coa información contida na aplicación informática Inclusión Social ou outras ferramentas que permitan a comprobación.

O conxunto de axudas percibidas para os programas e os investimentos en centros de inclusión e emerxencia social non poderá exceder o custo total subvencionable.

Artigo 9. Iniciación do procedemento

1. De conformidade co previsto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, a presentación das solicitudes realizarase unicamente por medios electrónicos a través do formulario normalizado do anexo I dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia, https://sede.xunta.gal. Para a presentación das solicitudes poderá empregarse calquera dos mecanismos de identificación e sinatura admitidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia, incluído o sistema de usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.gal/chave365).

Se algunha das persoas interesadas presenta a súa solicitude presencialmente, requiriráselle para que o emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación da solicitude aquela na que fose realizada a emenda.

2. O prazo de presentación das solicitudes será dun mes contado a partir do día seguinte da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia. Entenderase como último día do prazo o correspondente ao mesmo ordinal do día da publicación. Se ou último día do prazo fose inhábil, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte, e se no mes de vencemento non houbese día equivalente ao inicial do cómputo, entenderase que o prazo expira o último día do mes. Os sábados e festivos considéranse inhábiles para todos os efectos.

Excepcionalmente, no caso de imposibilidade funcional e/ou tecnolóxica que impidan a presentación electrónica da solicitude, poderanse presentar as solicitudes en soporte papel en calquera dos lugares e rexistros establecidos no artigo 16 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, utilizando o formulario normalizado dispoñible na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 10. Documentación complementaria necesaria para a tramitación do procedemento

1. A solicitude farase no anexo I e conterá o conxunto das axudas solicitadas e concedidas que cofinancien o programa. A solicitude deberá ir acompañada, ademais, pola seguinte documentación:

a) Certificación da entidade en que conste o acordo ou resolución da entidade local de solicitar a subvención.

b) Capacidade de representación legal da persoa que asina a solicitude naqueles supostos en que o asinante sexa persoa distinta daquela que teña o cargo de alcalde/alcaldesa, presidente/a da entidade local ou representante da agrupación de concellos.

c) Compromiso, asinado polo interventor da corporación local, do mantemento separado da contabilidade ou ingreso da subvención concedida, no caso de solicitude de investimentos.

d) En caso de solicitudes formuladas por calquera tipo de agrupación de concellos, deberán achegar:

1º. O convenio onde se faga constar expresamente os compromisos de execución asumidos por cada concello membro da agrupación.

2º. Capacidade de representación legal da persoa asinante da solicitude naqueles supostos en que sexa distinta daquela que teña ou cargo de alcalde/alcaldesa, presidente/a da entidade local ou representante da agrupación de concellos.

3º. Para os efectos establecidos no artigo 3, as mancomunidades, consorcios ou áreas metropolitanas que pretendan acreditar a realización conxunta de programas deberán presentar unha memoria de actuación na que conste unha relación de posibles destinatarios na que figure o seu empadroamento actual e a sede do servizo onde se lles vaia dispensar a atención.

4º. Memoria de aforro de custos presentada por calquera tipo de agrupación de concellos respecto da presentación individual.

e) Documentos específicos para a descrición dos programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables nos anexos III, IV, V e VI, segundo a tipoloxía do programa que se vaia presentar. Deberase presentar un anexo por cada un dos programas solicitados. A información mínima contida nestes anexos poderá ser ampliada, a discreción da entidade solicitante, nunha memoria complementaria. En todo caso, deberanse indicar as actuacións previstas ata o 30 de novembro de 2018 e desde o 1 de decembro de 2018 ata o 31 de outubro de 2019.

f) As entidades locais que soliciten axudas para investimento en centros de inclusión e emerxencia social deberán achegar:

1º. Memoria técnica xustificativa de investimento en centros de inclusión e emerxencia social no anexo II. En todo caso, deberanse desagregar os orzamentos previstos ata o 30 de novembro de 2018 e desde o 1 de decembro de 2018 e ata a finalización do período subvencionable.

2º. Proxecto de obra, reforma ou adaptación. No caso de equipamento este proxecto substituirase por unha memoria xustificativa da súa necesidade e un documento de condicións técnicas do material para subvencionar.

3º. Informe de viabilidade dos servizos administrativos da corporación local onde estea situado, ao que se lle achegarán todos os orzamentos necesarios para a execución da obra. No caso daqueles que individualmente superen a contía de 15.000 euros para o caso de subministracións e servizos e 40.000 euros para contratos de obras, achegaranse tres orzamentos para cada unha das partidas implicadas.

2. A documentación complementaria deberá presentarse electronicamente. As persoas interesadas responsabilizaranse da veracidade dos documentos que presenten. Excepcionalmente, a Administración poderá requirir a exhibición do documento orixinal para o cotexo da copia electrónica presentada. Se algunha das persoas interesadas presenta a documentación complementaria presencialmente, requiriráselle para que a emende a través da súa presentación electrónica. Para estes efectos, considerarase como data de presentación aquela na que fose realizada a emenda.

3. Sempre que se realice a presentación de documentos separadamente da solicitude deberase indicar o código e o órgano responsable do procedemento, o número de rexistro de entrada da solicitude e o número de expediente, se se dispón del.

4. No caso de que algún dos documentos que se vaian presentar de forma electrónica superase os tamaños máximos establecidos ou tivese un formato non admitido pola sede electrónica da Xunta de Galicia, permitirase a presentación deste de forma presencial dentro dos prazos previstos e na forma indicada no parágrafo anterior. A información actualizada sobre ou tamaño máximo e os formatos admitidos pode consultarse na sede electrónica da Xunta de Galicia.

Artigo 11. Comprobación de datos

De conformidade coa normativa de protección de datos, para a tramitación deste procedemento consultaranse os datos incluídos nos seguintes documentos elaborados polas administracións públicas:

a) NIF da entidade solicitante.

b) DNI ou NIE da persoa representante.

c) Certificado de estar ao día no pagamento das obrigas tributarias coa AEAT.

d) Certificado de estar ao día no pagamento coa Seguridade Social.

e) Certificado de estar ao día no pagamento coa Consellería de Facenda.

Excepcionalmente, no caso de que algunha circunstancia imposibilitase a obtención dos citados datos, poderase solicitar ás persoas interesadas a presentación dos documentos correspondentes.

Artigo 12. Instrución dos procedementos

1. A instrución dos procedementos corresponde á subdirección xeral competente en materia de inclusión e integración social. O órgano instrutor realizará de oficio cantas actuacións considere necesarias para a determinación, o coñecemento e a comprobación dos datos en virtude dos cales se debe formular a proposta de resolución.

2. De conformidade co previsto no artigo 14 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, os trámites administrativos que as persoas interesadas deban realizar durante a tramitación deste procedemento deberán ser realizados electronicamente accedendo á carpeta do cidadán da persoa interesada situada na sede electrónica da Xunta de Galicia.

3. Se a solicitude non reúne algúns dos requisitos exixidos, conforme o establecido no artigo 68 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, o órgano instrutor requirirá ás entidades interesadas para que, nun prazo improrrogable de dez días hábiles, emenden a falta ou acheguen os documentos preceptivos. Neste requirimento farase indicación expresa de que, se así non o fixesen, se terán por desistidas da súa petición, logo da correspondente resolución.

4. Unha vez revisadas as solicitudes e as emendas feitas, aquelas actuacións que reúnan todos os requisitos e a documentación necesaria serán remitidos á comisión encargada da súa valoración, regulada no artigo 11.

5. As solicitudes ou actuacións que non cumpran as exixencias contidas nesta orde ou na normativa de aplicación ou que non conteñan a documentación necesaria quedarán á disposición do órgano instrutor para que formule a proposta de resolución desestimatoria ou de inadmisión, que deberá ser motivada. A resolución será notificada nos termos establecidos no artigo 40 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro.

6. No exercicio das súas funcións, o instrutor do procedemento poderá solicitar informe á unidade administrativa con competencias en materia de autorización e inspección de servizos sociais acerca do grao de cumprimento da normativa en materia de inscrición de entidades e autorización dos centros e/ou programas de servizos sociais e tamén informes dos servizos técnicos pertinentes, tanto a nivel central como territorial, os cales non terán carácter preceptivo nin vinculante. Así mesmo, poderá requirir das entidades solicitantes das subvencións información ou documentación adicional que, non estando en poder da Administración, teña fundamental relevancia e unha relación directa para unha mellor avaliación das solicitudes.

Artigo 13. Notificacións e publicacións

1. De conformidade co previsto no artigo 45 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, publicaranse no Diario Oficial de Galicia (DOG), os actos administrativos e as correspondentes resolucións deste procedemento. Esta publicación producirá os efectos de notificación.

2. Así mesmo, as notificacións de resolucións e actos administrativos practicaranse complementariamente só por medios electrónicos, nos termos previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

3. As notificacións electrónicas realizaranse mediante o Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal dispoñible a través da sede electrónica da Xunta de Galicia (https://sede.xunta.gal). Este sistema remitirá ás persoas interesadas avisos da posta á disposición das notificacións á conta de correo e/ou teléfono móbil que consten na solicitude. Estes avisos non terán, en ningún caso, efectos de notificación practicada e a súa falta non impedirá que a notificación sexa considerada plenamente válida.

4. Neste caso as persoas interesadas deberán crear e manter o seu enderezo electrónico habilitado único a través do Sistema de notificación electrónica de Galicia-Notifica.gal, para todos os procedementos administrativos tramitados pola Administración xeral e do sector público autonómico. En todo caso, a Administración xeral poderá de oficio crear o indicado enderezo, para os efectos de asegurar o cumprimento polas persoas interesadas da súa obriga de relacionarse por medios electrónicos.

5. As notificacións entenderanse practicadas no momento no que se produza o acceso ao seu contido, entendéndose rexeitadas cando transcorresen dez días naturais desde a posta á disposición da notificación sen que se acceda ao seu contido.

6. Se o envío da notificación electrónica non fose posible por problemas técnicos, a Administración xeral e do sector público autonómico practicará a notificación polos medios previstos na normativa reguladora do procedemento administrativo común.

Artigo 14. Comisión de valoración

1. Conforme o establecido no artigo 21 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, crearase unha comisión de valoración que será o órgano colexiado encargado de emitir o correspondente informe no cal se concrete o resultado desa avaliación, indicando a puntuación e a axuda aplicable en cada caso. No funcionamento da comisión aplicaranse as disposicións que regulan os órganos colexiados contidas na Lei 40/2015, do 1 de outubro, de réxime xurídico do sector público e 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia. A composición da comisión de valoración será a seguinte:

a) Presidente/a: a subdirección xeral competente en materia de inclusión e integración social.

b) Vogais: a persoa titular da xefatura do servizo competente en materia de coordinación de programas de inclusión, a persoa titular da xefatura do servizo competente en materia de atención ás persoas inmigrantes e un/unha funcionario/a adscrito/a á subdirección xeral competente en materia de inclusión e integración social.

c) Secretario/a, con voz pero sen voto, un/unha funcionario/a por proposta da persoa titular da presidencia.

En caso de ausencia dalgún membro da comisión de valoración, será substituído pola persoa designada polo/a presidente/a.

Na composición da comisión de valoración procurarase acadar una presenza equilibrada de homes e mulleres.

2. Para o exercicio das súas funcións, esta comisión poderá ter en conta informes dos servizos técnicos pertinentes, que non terán carácter preceptivo nin vinculante.

3. O órgano instrutor elevará o informe emitido pola comisión de valoración xunto coa proposta de resolución ao órgano de resolución.

4. No caso de existiren solicitudes susceptibles de axuda, pero que non se inclúan na proposta anterior por estar esgotado o crédito dispoñible, quedarán en reserva para seren atendidas, ben co crédito que queda libre por producirse algunha renuncia ou por modificación nos proxectos inicialmente subvencionados, ou ben por incremento do crédito orzamentario destinado a esta subvención, de acordo co establecido nos artigos 30.2 e 33.7 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro. Para estes efectos, poderán realizarse sucesivas propostas de resolución conforme o sinalado nestas bases, as cales respectarán a orde de prelación previamente realizada.

Artigo 15. Criterios de valoración das subvencións

1. O procedemento de concesión das subvencións para programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables establecidos e complementarios de educación e apoio familiar dirixidos a familias en situación ou risco de exclusión social dos artigos 4.1 e 4.2 atenderá a un réxime de concorrencia competitiva, e as solicitudes valoraranse cun máximo de 100 puntos conforme o seguinte baremo:

a) Obxectivos, necesidade social, e carácter innovador do programa: ata 60 puntos coa seguinte desagregación:

1º. Complementariedade con outros recursos do Sistema galego de servizos sociais existentes no territorio: ata 15 puntos.

2º. Necesidade social: ata 10 puntos.

2.1º. No caso de programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana alcanzarán a puntuación máxima aqueles proxectos que consideren actuacións de erradicación do chabolismo.

2.2º. Nos programas dirixidos á inclusión social da poboación inmigrante, a necesidade social valorarase en función das porcentaxes de poboación que se indican a continuación:

2.2.1º. Do 2,5 % ao 3,5 % de poboación inmigrante: 1 punto.

2.2.2º. Do 3,5 % ao 5 % de poboación inmigrante: 2 puntos.

2.2.3º. De máis do 5 % de poboación inmigrante: 3 puntos.

2.2.4º. Adicionalmente, incrementaranse as puntuacións nos seguintes casos:

– Superar as 1.000 persoas inmigrantes: 3 puntos.

– Superar as 4.000 persoas inmigrantes: 5 puntos.

– Superar as 9.000 persoas inmigrantes: 7 puntos.

3º. Calidade técnica do proxecto referida ás actividades e aos recursos previstos para a consecución dos obxectivos do proxecto: 15 puntos.

4º. Grao de novidade respecto do resto de actuacións presentadas nesta convocatoria: ata 10 puntos.

5º. Continuidade na presentación de proxectos: 5 puntos.

b) Carácter integral dos proxectos de maneira que se aborden conxuntamente varias das prestacións subvencionables sinaladas no artigo 5: 10 puntos.

c) Realización de actividades específicas de promoción da igualdade de xénero: 5 puntos.

d) Proxectos compartidos: ata 30 puntos, distribuídos do seguinte modo:

1º. Pola presentación de solicitude conxunta por máis dunha entidade local baixo calquera fórmula (agrupación, asociación, mancomunidade, ou calquera outra similar, excepto a fusión de concellos): 10 puntos.

2º. Memoria de aforro de custos respecto da prestación de modo individual: 10 puntos.

3º. Carácter integral dos proxectos, cando na solicitude se aborden máis dunha das accións previstas no artigo 7: 10 puntos.

Ademais, outorgaranse 30 puntos pola presentación de solicitudes por parte dunha fusión de concellos. Neste caso, non serán de aplicación os criterios establecidos na letra d) do presente punto deste artigo.

2. O procedemento de concesión das subvencións para investimento de centros de inclusión e emerxencia social reguladas no artigo 4.3 será o de concorrencia competitiva atendendo aos seguintes criterios, cun máximo de 100 puntos por proxecto:

a) Impacto e necesidade social do investimento ou equipamento solicitado: ata 45 puntos coa seguinte desagregación:

1º. Impacto social ata 25 puntos segundo se trate de:

1) Obra nova: 25 puntos.

2) Reforma ou mellora do centro: 15 puntos.

3) Equipamento: 10 puntos.

2º. Necesidade social ata 20 puntos segundo se trate de:

1) Albergues e comedores: 20 puntos.

2) Centro de acollida: 10 puntos.

3) Centro atención social continuada e centro de día: 5 puntos.

b) Complementariedade do servizo a prestar polo centro con outros dispositivos de atención a persoas en exclusión, ata 20 puntos cando se trate dun disposición que complementa pero non duplica os existentes:

1º. Dispositivo que complementa, pero non duplica os existentes no territorio, ou é o único dispositivo existente na zona: 20 puntos.

c) Outras fontes de financiamento para a realización do investimento distintas dos fondos propios: 15 puntos.

d) A coordinación dos proxectos con outros axentes do territorio: ata 10 puntos coa seguinte desagregación:

1º. Con servizos sociais comunitarios: 5 puntos.

2º. Con outros axentes privados: 5 puntos.

e) Atención aos condicionantes de xénero no proxecto proposto: 10 puntos se acredita a existencia dun plan de igualdade.

Artigo 16. Determinación do importe das subvencións para programas

1. Unha vez valoradas as solicitudes por tipoloxías conforme os criterios establecidos no artigo anterior, obterase unha relación ordenada, a cal se empregará como listaxe para a asignación do crédito dispoñible na convocatoria, que se distribuirá segundo o establecido no seguinte punto.

2. O crédito asignado para cada anualidade de gasto distribuirase en función da puntuación xeral resultante en orde decrecente, de tal forma que, unha vez esgotado o crédito dispoñible para unha das anualidades, continuará asignándose o correspondente á outra anualidade de maneira independente. Para estes efectos, a anualidade de 2018 comprenderá actuacións comprendidas ata o 30 de novembro de 2018 e a anualidade de 2019 desde o 1 de decembro de 2018 ata o 31 de outubro de 2019.

3. Os módulos que se aplicarán ás prestacións subvencionables establecidas no artigo 5 serán os seguintes:

a) Módulo de apoio á inclusión sociolaboral:

1º. Sección de inclusión básica: 17,41 euros/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico cunha titulación universitaria, titulación superior de FP complementada cunha dilatada experiencia profesional e/ou formación especializada. Ou na súa falta, con coñecementos adquiridos no desempeño da súa profesión, complementados con formación específica no posto de traballo que sexa equivalente á titulación referida. En todo caso, respectaranse as exixencias de titulación específica para o desempeño da súa profesión, en todos os postos que así estea establecido pola normativa legal, cun máximo de 2.294 horas para o período subvencionable, que se corresponden coa dedicación dun/dunha profesional a xornada completa, ou varios profesionais con dedicación parcial. Neste suposto será necesario acreditar un número mínimo de 53 persoas atendidas, das cales o 60 % deberán ter realizadas polo menos as prestacións que a carteira de servizos sociais de inclusión considera obrigatorias para esta sección: diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral; acompañamento social; accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais.

2º. Sección de inclusión e transición ao emprego: 17,41 euros/hora de traballo efectivo mais o 40 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico coa mesma titulación que no apartado anterior, cun máximo de 2.294 horas para o período subvencionable que corresponden coa dedicación dun/dunha profesional a xornada completa, ou varios profesionais con dedicación parcial. Neste suposto será necesario acreditar un número mínimo de 53 persoas atendidas, das cales o 60 % deberán ter realizadas polos menos as prestacións que a carteira de servizos sociais de inclusión considera obrigatorias para esta sección: diagnose; deseño, seguimento e avaliación do proxecto de inclusión social e/ou laboral; acompañamento social; accións de adquisición e/ou fortalecemento das capacidades persoais e sociais; accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral.

O número de persoas atendidas exixido minorarase proporcionalmente en función da dedicación horaria declarada.

Se as persoas atendidas son persoas sen fogar ou se atopan en situación de exclusión severa, circunstancia que se fará constar no momento da solicitude, exixirase para unha dedicación a xornada completa a atención de 20 persoas que deberán ter realizadas, polo menos, as prestacións obrigatorias elixidas do mesmo xeito que no punto anterior.

O número de persoas atendidas exixido minorarase proporcionalmente en función da dedicación horaria declarada.

b) Módulo de formación adaptada/promoción da participación social/reforzo educativo: 17,41 euros/hora de traballo efectivo máis o 40 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico coa mesma titulación que a prevista na letra a).

Os importes establecidos corresponderán cando teñan dereito á certificación acreditativa da súa realización un mínimo de cinco participantes que teñan acreditada a asistencia, como mínimo, ao 60 % do total das horas da acción formativa ou, no caso de reforzo educativo, teñan asistido cinco participantes a un mínimo do 60 % do total das horas de formación.

c) Módulo de mediación social e/ou intercultural: 15,50 euros/hora de traballo efectivo mais o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos realizado por persoal técnico con formación profesional superior de grao medio, ou formación académica equivalente, complementada con coñecementos adquiridos por demostrada experiencia no seu posto de traballo en mediación intercultural.

d) Módulo de asesoramento técnico especializado no ámbito normativo en materia de estranxeiría: 17,41 euros/hora de traballo efectivo máis o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, cun máximo de 2.294 horas para o período subvencionable, que se corresponden coa dedicación dunha persoa coa titulación en dereito a xornada completa.

e) Módulo de apoio á inclusión residencial: 17,41 euros/hora de traballo efectivo mais o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico coa mesma titulación que a prevista na letra a).

f) Módulo de educación e apoio familiar: 17,41 euros/hora de traballo efectivo mais o 20 % en concepto doutros custos directos e indirectos, realizado por persoal técnico coa mesma titulación que a prevista na letra a).

A contía máxima de axuda por programa establécese en 106.667 euros para todo o período e para cada concello, en caso de mancomunidades ou fusión de concellos, que se subvenciona.

A subdirección xeral competente en materia de inclusión e integración social supervisará a realización de todas as actuacións previstas e poderá requirir á entidade solicitante a súa modificación se conteñen duplicidades ou contradicións que afecten a correcta xustificación das axudas.

Artigo 17. Determinación do importe das subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social

Para os efectos de determinar o importe da subvención haberá que aterse ao orzamento presentado pola entidade solicitante, e este non poderá superar o 80 % do orzamento total.

En ningún caso o importe máximo da axuda por proxecto a conceder superará o importe de 200.000 euros.

Para os efectos de determinar o importe das axudas para investimento en centros de inclusión e emerxencia social, terase en conta o orzamento presentado pola entidade local solicitante, sen que a axuda percibida exceda o custo total subvencionable.

Artigo 18. Resolución

1. A concesión das subvencións obxecto desta orde será resolta pola persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social, que resolverá por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social, por proposta do órgano instrutor e unha vez fiscalizada a proposta pola intervención delegada.

2. As resolucións recaídas notificaranse ás entidades interesadas no prazo máximo de cinco meses contados a partir do día seguinte ao da publicación da presente orde. As resolucións estarán motivadas e indicarán a puntuación acadada no proceso de valoración. Se vencese o prazo máximo para resolver sen que recaese resolución expresa, entenderase desestimada.

3. Coa notificación ao beneficiario informarase das condicións da axuda, de conformidade co establecido nos artigos 125.3.c) e d), 125.4.a) e 67.6) do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, no artigo 10 do Regulamento de execución (UE) nº 1011/2014 da Comisión, do 22 de setembro de 2014, polo que se establecen normas detalladas para a aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que respecta aos modelos para a presentación de determinada información á Comisión e normas detalladas sobre os intercambios de información entre beneficiarios e autoridades de xestión, autoridades de certificación, autoridades de auditoría e organismos intermedios, e no anexo III do Regulamento delegado (UE) nº 480/2014 da Comisión, do 3 de marzo de 2014, que complementa o Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento e do Consello polo que se establecen disposicións comúns relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión, ao Fondo Europeo Agrícola de Desenvolvemento Rural e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca, e polo que se establecen disposicións xerais relativas ao Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, ao Fondo Social Europeo, ao Fondo de Cohesión e ao Fondo Europeo Marítimo e da Pesca. Así mesmo, informaráselle de que a aceptación da subvención comunitaria implicará a súa aparición na lista pública de operacións cos nomes dos ou das beneficiarias, no suposto de seren entidades xurídicas, así como a outra información recollida no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, en relación co artigo 115.2 da mesma norma xurídica, que se publicará na páxina web
http://www.dgfc.sepg.minhafp.gob.es. En todo caso, nas axudas para investimento deberá notificarse a cada beneficiario un documento que estableza as condicións da axuda para a operación. A resolución de outorgamento da subvención comprenderá a identificación do beneficiario, contía da subvención e obrigas que correspondan ao beneficiario, método que debe aplicarse para determinar os custos e condicións para o pagamento, requisitos específicos relativos aos produtos ou servizos que deban obterse con ela, o plan financeiro e o calendario de execución, así como os demais requisitos previstos na normativa comunitaria para a selección da operación que debe conter o documento polo que se establecen as condicións da axuda (DECA).

4. Unha vez recibida a resolución de concesión da subvención, a corporación local beneficiaria deberá comunicar no prazo de dez días a súa aceptación. No caso de non comunicación, entenderase tacitamente aceptada en todas as súas condicións.

5. En aplicación do artigo 25 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, cando o importe da axuda da proposta de resolución sexa inferior ao que figura na solicitude, poderase instar a entidade beneficiaria a que, nun prazo de dez días, reformule a solicitude para axustar os compromisos e as condicións á subvención proposta e/ou formule as alegacións que considere pertinentes. En calquera caso, a reformulación de solicitudes deberá respectar o obxecto, as condicións e a finalidade da subvención, así como os criterios de valoración establecidos e que deron lugar ao seu outorgamento. Así mesmo, a dita reformulación non poderá comprometer a viabilidade do programa, polo que se deberán manter os gastos necesarios para o seu correcto desenvolvemento.

Artigo 19. Réxime de recursos

As resolucións expresas ou presuntas que se diten ao abeiro desta orde poñerán fin á vía administrativa e contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o mesmo órgano que as ditou, no prazo dun mes contado a partir da notificación da resolución, se esta fose expresa, ou en calquera momento a partir do día seguinte a aquel en que se produza o acto presunto, de acordo co previsto nos artigos 123 e 124 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, ou ben directamente recurso contencioso administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, de conformidade co establecido no artigo 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, no prazo de dous meses contados desde a súa notificación, se esta fose expresa, ou seis meses a partir do día seguinte ao que se produza o acto presunto.

No caso de presentar o recurso de reposición, non se poderá interpoñer recurso contencioso-administrativo ata que o recurso de reposición sexa resolto expresamente ou sexa desestimado por silencio.

Artigo 20. Modificación da resolución de concesión

1. Toda alteración das condicións tidas en conta para a concesión da subvención e, en todo caso, a obtención concorrente de axudas ou subvencións outorgadas por outras administracións ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais poderá dar lugar á modificación da resolución de concesión.

2. Así mesmo, poderá acordarse a modificación da resolución da subvención, por instancia do beneficiario, sempre que se cumpran os requisitos previstos no artigo 35 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

3. Sen prexuízo do establecido no artigo anterior e con carácter excepcional poderanse efectuar resolucións complementarias fóra do prazo establecido, cando non fose posible efectualas dentro del, por existir fondos procedentes de renuncias de subvencións inicialmente concedidas ou doutro tipo de remanentes, ou debido a un incremento dos créditos dispoñibles, nos termos establecidos polo artigo 31.2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño. Neste caso, salvo que se acuda a unha convocatoria complementaria, non poderán terse en conta outras solicitudes distintas ás consideradas para a resolución inicial.

Artigo 21. Infraccións e sancións

Será de aplicación aos beneficiarios das subvencións recollidas na presente orde o réxime de infraccións e sancións previsto na Lei 9/2007, do 13 de xuño, así como no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro.

Artigo 22. Obrigas das corporacións locais subvencionadas

1. As corporacións que sexan subvencionadas deberán:

a) Executar e acreditar a realización da actuación que fundamenta a concesión da subvención e o cumprimento dous requisitos e das condicións desta ante o órgano concedente. En todo caso as actuacións prestaranse de acordo co establecido na carteira de servizos sociais de inclusión definida no Decreto 61/2016, do 11 de febreiro, en todos os aspectos que sexan de aplicación.

b) Manter un sistema de contabilidade separado en relación con todas as transaccións relacionadas coa operación. No caso das subvencións financiadas polo programa operativo FSE Galicia 2014-2020, manter de forma separada na contabilidade o ingreso da axuda percibida.

c) En todo caso, respecto das axudas cofinanciadas co programa operativo FSE Galicia 2014-2020, ou Feder deberán conservar toda a documentación relativa á subvención durante un período de tres anos que se contará a partir do 31 de decembro seguinte á presentación das contas nas que estean incluídos os gastos da operación perante a Comisión Europea. O comezo deste prazo será oportunamente comunicado pola Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos.

d) Os beneficiarios comprométense a asumir a responsabilidade de adoptaren as medidas necesarias para facer chegar ao público información sobre as operacións financiadas polo programa operativo Feder/FSE de acordo co estipulado no artigo 2.2 do anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. En particular, deberán facer constar, en todo tipo de publicidade e información das actuacións realizadas a condición de subvencionadas pola Consellería de Política Social, se é o caso, polo Feder 2014-2020 ou PO FSE Galicia 2014-2020 segundo o establecido no anexo XII do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. En todas as medidas de información e comunicación que leven a cabo, o beneficiario deberá recoñecer o apoio recibido ao proxecto, e deberá figurar o emblema da Unión e unha referencia á Unión Europea, referencia ao Fondo Feder ou FSE que dá apoio ao proxecto e aos lemas dos Fondos. Durante a realización do proxecto e durante o período de duración dos compromisos de mantemento do investimento ou emprego informarase do apoio dos fondos a través dun cartel dun tamaño mínimo A3 nun lugar destacado e visible. Tamén se informará na páxina web, no caso de dispoñer dela, sobre a actuación e a axuda financeira recibida da Unión Europea e sobre os obxectivos e resultados da operación financiada. As características técnicas para a exhibición do emblema da Unión e referencia ao Fondo deberán axustarse ao establecido nos artigos 3, 4 e 5 do Regulamento de execución (UE) nº 821/2014 da Comisión, do 28 de xullo de 2014, pola que se establecen disposicións de aplicación do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello no que se refire ás modalidades concretas de transferencia e xestión das contribucións do programa, a presentación de información sobre os instrumentos financeiros, as características técnicas das medidas de información e comunicación das operacións, e o sistema para o rexistro e almacenamento de datos.

e) Informar, se é o caso, ás persoas destinatarias de que as actuacións nas que participan están financiadas pola Xunta de Galicia, a través da Consellería de Política Social, e se é o caso, cofinanciadas polo Feder e/ou programa operativo FSE Galicia 2014-2020, así como dos obxectivos dos fondos, figurando os emblemas, como mínimo, nos partes de asistencia/participación, enquisas de avaliación ou certificados de asistencia.

f) Adecuar a metodoloxía das actuacións, así como a de recollida e proceso de datos de seguimento e acreditación da realización da actividade de persoas beneficiadas ás fórmulas que, se é o caso, propoña a Consellería de Política Social e, se así é requirido, incorporarse como usuarias da aplicación informática deseñada e implantada para a xestión da Estratexia de inclusión social de Galicia 2014-2020. Así mesmo, deberán realizar as actuacións precisas para recoller información suficiente relativa ao desenvolvemento das actuacións que permita dar cumprimento aos requisitos de información a través de indicadores de produtividade e resultados enumerados no artigo 5 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013. Os indicadores de produtividade relativos á persoa solicitante refírense á data inmediatamente anterior ao inicio da vinculación do participante coas actuacións subvencionadas, mentres que os indicadores de resultado inmediato deberán referirse ao período comprendido entre o día posterior á finalización da súa vinculación coa operación e ás catro semanas seguintes, no período de xustificación da correspondente subvención. Así mesmo, a Administración poderá requirir novos datos no prazo de seis meses desde que finalice a vinculación do participante coa actividade cofinanciada, coa finalidade de formalizar os indicadores de resultado a longo prazo descritos no antedito regulamento. Para estes efectos, seralles facilitado ou acceso á aplicación informática Participa 1420. Polo que respecta aos indicadores de produtividade relativos ás axudas de investimento en centros de inclusión e emerxencia social, financiadas con Feder, realizarase un reconto global da capacidade máxima de persoas para as que está deseñado ou centro e no caso de adquisición de equipamento de uso social, farase unha estimación da poboación beneficiaria durante a súa vida útil.

g) Axustarse na execución das accións aos obxectivos que, se é o caso, estableza a Consellería de Política Social a través da Dirección Xeral de Inclusión Social. En particular, e coa periodicidade coa que sexa requirida, deberá comunicar á Dirección Xeral de Inclusión Social o cumprimento das accións subvencionadas polas persoas participantes, comunicación na que se fará constar toda a información precisa para dar cumprimento aos requirimentos de información asociados aos indicadores de produtividade e de resultado do FSE e Feder. En particular e con respecto ás persoas participantes, solicitará información sobre os indicadores de produtividade e resultado para FSE. Para a acreditación deste punto, a entidade deberá solicitar e custodiar unha declaración das persoas participantes ou outra documentación análoga que lle permita responsabilizarse da súa declaración conxunta perante a Dirección Xeral de Inclusión Social. Esta mesma obriga contraerase cos servizos sociais comunitarios de referencia da persoa participante, cando sexa solicitado para o seguimento da súa intervención social.

h) As infraestruturas e equipamentos subvencionados deberán permanecer destinadas ao fin concreto para o cal se concedeu por un período de cinco anos desde o pagamento final ao beneficiario, segundo establece o artigo 71 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, ao que se remite o artigo 7 da Orde HFP/1979/2016, do 29 de decembro. O incumprimento deste requisito dará lugar á revogación da subvención, co reintegro das cantidades percibidas e á exixencia dos xuros de demora legalmente establecidos desde o momento do pagamento da subvención, segundo o establecido no artigo 26.

i) Comunicar as variacións das datas de inicio e remate das actuacións previstas na solicitude, así como os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social, en especial, os relativos á subministración de información nos termos establecidos no artigo 4 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, de transparencia e bo goberno (Diario Oficial de Galicia núm. 30, do 15 de febreiro), toda a información necesaria para o cumprimento por aquela das obrigas previstas no título I da Lei 1/2016, e certificado no que se indique o número estimado da poboación beneficiada pola actuación no período subvencionado pola orde de convocatoria.

j) Controlar a asistencia ás accións formativas e expedir certificado de aproveitamento para os participantes que teñan asistido, como mínimo, ao 60 % do total das súas horas.

k) Solicitar, de ser o caso, á Dirección Xeral de Inclusión Social a autorización das modificacións que afecten as actuacións subvencionadas cunha antelación de cinco días á data na que se produzan.

l) Remitir no prazo de dez días os informes e demais documentación que reclamen os órganos competentes da Consellería de Política Social.

m) Someterse ás actuacións de comprobación e control e facilitar toda a información requirida pola Dirección Xeral de Inclusión Social, e ás verificacións dos organismos implicados na xestión e seguimento do PO FSE Galicia 2014-2020 e Feder, incluídas as visitas sobre o terreo, que se establezan en aplicación dos artigos 72, 73 e 74 do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro, así como pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, o Consello de Contas, o Tribunal de Contas, e outros órganos de control impostos pola normativa comunitaria no exercicio das súas funcións de fiscalización e control.

n) Contratar un seguro para o alumnado ou participantes nas actuacións que cubra os riscos que poidan ter durante o desenvolvemento das actividades como nos desprazamentos para a asistencia a elas.

o) Proceder ao reintegro dos fondos percibidos, total ou parcialmente, no suposto de incumprimento das condicións establecidas para a súa concesión ou nos supostos previstos no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño.

p) Todas aquelas obrigas e requisitos que se desprendan do articulado desta orde e dos artigos 10 e 11 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e da súa normativa de desenvolvemento.

2. Os servizos da Consellería de Política Social poderán efectuar as comprobacións que consideren oportunas en canto ao cumprimento por parte das entidades de iniciativa social participantes dos requisitos exixidos pola Lei 13/2008, do 3 de decembro, e pola súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, poderán solicitar informes dos servizos da rede pública de servizos sociais en canto aos aspectos de complementariedade, oportunidade e eficacia dos servizos e actuacións das entidades solicitantes recollidos nesta orde.

No que respecta ás obrigas previstas nas letras c) e d) de comunicar e informar os cidadáns de que as actuacións foron subvencionadas polo Feder 2014-2020 ou programa operativo FSE Galicia 2014-2020, para xustificar o cumprimento dos indicadores de comunicación previstos nos programas operativos, a Dirección Xeral de Inclusión Social solicitará proba documental do cumprimento desta obriga que deberá ser facilitada no prazo de 10 días. O incumprimento desta obriga ou non proporcionar a proba documental nos prazos exixidos poderá supoñer unha minoración da contía total da axuda na forma prevista no artigo 26.

Artigo 23. Prazos e modalidades de xustificación

1. A xustificación dos programas dirixidos á inclusión sociolaboral de colectivos vulnerables establecidos no artigo 4.1 e 4.2 xustificaranse a través das modalidades de custos simplificados previstas nos artigos 67.1.b) e d) do Regulamento (UE) nº 1303/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, e 14.2 do Regulamento (UE) nº 1304/2013 do Parlamento Europeo e do Consello, do 17 de decembro de 2013, de modo independente para cada unha das actuacións subvencionadas.

2. As subvencións para o investimento en centros de inclusión e emerxencia social a que se refire o artigo 4.3 xustificaranse pola modalidade de conta xustificativa do gasto realizado.

3. As entidades beneficiarias deberán xustificar cada anualidade de xeito independente. O primeiro período comprende as actuacións realizadas entre o 1 de xullo do 2018 e o 30 de novembro de 2018, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 5 de decembro de 2018; o segundo período comprende as actuacións realizadas entre o 1 de decembro de 2018 e o 31 de outubro de 2019, ambos incluídos, e a xustificación presentarase con data límite do 5 de novembro de 2019.

Artigo 24. Forma de xustificación

1. A documentación necesaria para xustificar os programas dirixidos á inclusión social da poboación xitana, inmigrante e persoas en situación ou risco de exclusión social previstos no artigo 4.1 será a seguinte:

a) Xustificación parcial das actuacións que se realizan durante todo o período subvencionable:

1º. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral: requirirá a presentación da seguinte documentación:

1.1º. Solicitude de pagamento da subvención no anexo VII.

1.2º. Declaración responsable para a fase de xustificación no anexo VIII.

1.3º. Memoria económica xustificativa no anexo IX.

1.4º. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade, no que conste un resumo do número total de horas no período subvencionado.

2º. No caso das accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral no marco do servizo de formación adaptada, reforzo educativo e prestacións do servizo de promoción da participación social, presentarase:

2.1º. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

2.2º. Declaración responsable no anexo VIII.

2.3º. Memoria económica xustificativa no anexo IX.

2.4º. Partes de asistencia das actuacións realizadas no período xustificado onde conste o número total de horas de formación asinados pola persoa participante, no caso dos menores polo/a pai/nai ou titor/a, e o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade.

3º. No caso das actuacións de mediación intercultural e asesoramento técnico especializado en materia de estranxeiría:

3.1º. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

3.2º. Declaración responsable no anexo VIII.

3.3º. Memoria económica xustificativa no anexo IX.

3.4º. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

4º. No caso das actuacións de inclusión residencial:

4.1º. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

4.2º. Declaración responsable no anexo VIII.

4.3º. Memoria económica xustificativa no anexo IX.

4.4º. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

b) Xustificación para as actuacións finalizadas.

1º. Prestacións do servizo de apoio á inclusión sociolaboral: requirirá a presentación da seguinte documentación:

1.1º. Solicitude de pagamento no anexo VII.

1.2º. Declaración responsable no anexo VIII.

1.3º. Memoria económica e xustificativa no anexo IX.

1.4º. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade, no que conste un resumo do número total de horas no período subvencionado.

1.5º. Acreditación do número total das persoas atendidas durante o período subvencionado. Se as persoas atendidas acadasen todas as prestacións obrigatorias, achegarase declaración responsable da entidade no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, que deberá estar asinada tamén polo traballador e o beneficiario da prestación, de que a persoa realizou as prestacións obrigatorias. Para as persoas atendidas que non acadasen as prestacións obrigatorias, presentarase declaración responsable da entidade de cales foron as persoas e de que se cumprimentaron para cada uno deles os indicadores de productividade. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social.

1.6º. Nas actuacións dirixidas á atención de persoas sen fogar ou exclusión severa presentarase certificado emitido por profesional competente acreditativo da situación.

1.7º. Memoria técnica do programa realizado segundo o guión do anexo X.

2º. No caso das accións promotoras do acceso e permanencia no mercado laboral no marco do servizo de formación adaptada, reforzo educativo e prestacións do servizo de promoción da participación social, presentarase:

2.1º. Solicitude de pagamento no anexo VII.

2.2º. Declaración responsable do anexo VIII.

2.3º. Memoria económica xustificativa do anexo IX.

2.4º. Declaración responsable da entidade de cales foron as persoas e de que se cubriron para cada unha delas os indicadores de productividade. Esta declaración deberá presentarse no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social. Esta declaración non é necesaria no caso do reforzo educativo.

2.5º. Partes de asistencia das actuacións onde conste o número total de horas de formación asinados pola persoa participante, no caso dos menores polo/a pai/nai ou titor/a, o/a responsable técnico/a da realización da actuación e a persoa responsable da entidade.

2.6º. Memoria técnica do programa realizado segundo o guión do anexo X.

3º. No caso das actuacións de mediación intercultural e asesoramento técnico:

3.1º. Solicitude de pagamento no anexo VII.

3.2º. Declaración responsable no anexo VIII.

3.3º. Memoria económica e xustificativa no anexo IX.

3.4º. Acreditación do número total das persoas atendidas durante o período subvencionado. Para iso achegarase declaración responsable da entidade no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, que deberá estar asinada tamén polo traballador e o beneficiario da prestación, de que a persoa realizou a prestación.

3.5º. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

3.6º. Memoria técnica do programa realizado segundo o guión do anexo X.

4º. No caso das actuacións de inclusión residencial:

4.1º. Solicitude de pagamento no anexo VII.

4.2º. Declaración responsable no anexo VIII.

4.3º. Memoria económica e xustificativa no anexo IX.

4.4º. Acreditación do número total das persoas atendidas durante o período subvencionado. Para iso achegarase declaración responsable da entidade no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, que deberá estar asinada tamén polo traballador e o beneficiario da prestación, de que a persoa realizou a prestación.

4.5º. Follas mensuais comprensivas da totalidade das horas efectivamente dedicadas ao programa, asinadas polo/a traballador/a ou traballadores e a persoa responsable da entidade.

4.6º. Memoria técnica do programa realizado segundo o guión do anexo X.

2. A documentación necesaria para xustificar os programas complementarios de educación e apoio familiar previstos no artigo 4.2, será a seguinte:

a) Xustificación parcial das actuacións que se realizan durante todo o período subvencionable:

1º. Solicitude de pagamento parcial no anexo VII.

2º. Declaración responsable no anexo VIII.

3º. Memoria económica e xustificativa no anexo IX.

4º. Resumo do total de horas efectivamente dedicadas ao programa polo persoal dedicado á actuación, asinado polo traballador e a entidade responsable.

b) Xustificación para as actuacións finalizadas:

1º. Solicitude de pagamento no anexo VII.

2º. Declaración responsable no anexo VIII.

3º. Memoria económica e xustificativa no anexo IX.

4º. Acreditación do número total das persoas atendidas durante o período subvencionado. Para iso achegarase declaración responsable da entidade no modelo que determine a Dirección Xeral de Inclusión Social, que deberá estar asinada tamén polo traballador e o beneficiario da prestación, no caso dos menores polo pai/nai ou titor/a, de que a persoa realizou a prestación.

5º. Resumo do total de horas efectivamente dedicadas ao programa polo persoal dedicado a actuación, asinado polo traballador e a entidade responsable.

6º. Memoria da actuación rematada no anexo X.

3. Para xustificar o investimento en centros de inclusión ou emerxencia social recollidos no artigo 4.3, achegarase a documentación que se relaciona a continuación:

a) Solicitude de pagamento no anexo VII.

b) Declaración responsable no anexo VIII.

c) Conta xustificativa do gasto realizado total ou parcial na anualidade na que se lle concedeu a subvención, que incluirá unha relación clasificada dos gastos con identificación do acredor, o concepto que permita identificar dun xeito inequívoco a subvencionabilidade do gasto de acordo coas normas aplicables, número de factura, nómina ou documento similar, importe, data de emisión, data de pagamento, sumas parciais (folla por folla) e total da relación. Esta realizarase mediante certificación do órgano que teña atribuída na devandita entidade as correspondentes facultades de control.

d) Facturas ou documentos contables de valor probatorio equivalente no tráfico xurídico mercantil ou con eficacia administrativa, con expresión do seu número, acredor, data de emisión, concepto e importe e data de pagamento. As facturas deberán cumprir ou disposto no Real decreto 1619/2012, do 30 de novembro, polo que se aproba o Regulamento no que se establecen as obrigas de facturación.

As facturas, como calquera documento acreditativo que figure na relación, deberán vir acompañadas dos documentos acreditativos de ter realizados os pagamentos do correspondente gasto, debendo cumprir os requisitos establecidos no artigo 42.2 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na normativa comunitaria. Non se admitirán xustificantes de pagamento en efectivo.

e) No caso de compravenda, achegarase escritura onde conste que o inmoble obxecto da subvención se destinará, polo menos durante os cinco anos seguintes á finalidade que serviu de fundamento á petición e, no caso de obra, a correspondente licenza municipal.

f) Evidencias do cumprimento das obrigas de información e publicidade.

g) Memoria das actuacións de investimento realizadas.

4. Para homoxeneizar a documentación xustificativa, toda a documentación debe presentarse obrigatoriamente segundo os modelos dispoñibles a través da páxina web da Consellería de Política Social, excepto aqueles que se poidan extraer da plataforma informática.

Artigo 25. Forma de pagamento

1. O importe de axuda que se vai percibir será o resultado obtido de multiplicar o importe de cada unidade de atención realizada polo número delas efectivamente xustificadas.

2. No caso do servizo de apoio á inclusión establecido no artigo 5.1.1), se non se acredita a atención do número mínimo de persoas establecido en función da dedicación horaria declarada ou non se mantén a porcentaxe de persoas que deben ter realizadas seis actuacións, procederase a unha redución proporcional da subvención concedida en función da porcentaxe do incumprimento.

3. Naquelas subvencións concedidas para a construción de centros de inclusión e emerxencia social, a subdirección xeral competente en materia de inclusión e integración social comprobará con carácter previo ao pagamento final que o centro conta coa autorización do órgano competente en materia de autorización e inspección de servizos sociais para a creación deste.

Artigo 26. Reintegro das subvencións concedidas

1. O incumprimento das obrigas contidas nesta orde ou demais normativa aplicable, así como das condicións que, se é ou caso, se establezan na resolución de concesión, dará lugar á obriga de devolver total ou parcialmente as subvencións percibidas, así como os xuros de demora correspondentes. Para facer efectiva a devolución a que se refire o punto anterior, tramitarase o oportuno procedemento de reintegro, que se axustará ao previsto no título II da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.

2. Particularmente, acadarán a porcentaxe dun 2 % de minoración sobre a contía total da axuda percibida o incumprimento das obrigas recollidas no artigo 22 letras b) e d) da orde. O incumprimento das obrigas establecidas no artigo 22.j) e 22.k) implicará que a correspondente acción formativa se considere non realizada, agás no caso da establecida no artigo 22.j), cando se poida acreditar que a non comunicación en prazo se debe a causas imprevistas debidamente xustificadas e comunicadas no momento en que se produzan.

Procederá o reintegro do 10 % no caso de incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a solicitude doutras axudas.

Procederá o reintegro do 100 % do importe da subvención percibida mais xuros de demora, sen prexuízo das sancións que puidesen corresponder, polo incumprimento da obriga de comunicar ao órgano concedente a obtención doutras axudas.

Non manter os investimentos obxecto da subvención durante o período de 5 anos suporá o reintegro da subvención correspondente ao activo non mantido, de forma proporcional ao período no que se incumprira este requisito.

No caso de condicións que constitúan obrigas que ou beneficiario debe acreditar en fase de xustificación, como obrigas de publicidade, comunicación doutras axudas, etc. estas deberán xustificarse, en todo caso, para poder proceder ao pagamento da subvención, polo que a gradación fixada neste punto só resultará aplicable para supostos de reintegro, no caso en que se detecte en controis posteriores ao pagamento algún incumprimento relativo a esas obrigas.

3. Igualmente procederá o reintegro do exceso percibido nos supostos nos que o importe da subvención, illadamente ou en concorrencia con axudas ou subvencións doutras administracións públicas ou doutros entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais supere o custo da actividade que vai desenvolver a entidade beneficiaria.

4. As cantidades que teñan que reintegrar as entidades beneficiarias terán a consideración de ingresos de dereito público e será de aplicación para a súa cobranza o previsto no artigo 14.4 do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro, na Lei 9/2007, do 13 de xuño, no Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, e na normativa comunitaria de aplicación.

5. Ás entidades beneficiarias das subvencións reguladas nestas bases seralles de aplicación o réxime de infraccións e sancións previsto no título IV da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e na súa normativa de desenvolvemento.

6. De conformidade co previsto no artigo 64 do Decreto 11/2009, do 8 de xaneiro, polo que se aproba o Regulamento da Lei 9/2007, do 13 de xuño, o beneficiario poderá realizar a devolución voluntaria de cantidades indebidamente percibidas mediante ingreso na conta habilitada da Facenda pública galega. O importe da devolución incluirá os xuros de demora. No documento de ingreso deberá identificarse o número do expediente, o concepto da devolución, e o nome e NIF do beneficiario. Unha vez ingresado, deberase informar a Dirección Xeral de Inclusión Social da devolución voluntaria realizada.

Artigo 27. Transparencia e bo goberno

1. De conformidade co artigo 17 da Lei 1/2016, do 18 de xaneiro, e co artigo 15 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, a consellería responsable da iniciativa publicará na súa páxina web oficial a relación das persoas beneficiarias e o importe das axudas concedidas. Incluirá, igualmente, as referidas axudas e as sancións que, como consecuencia delas, puidesen impoñerse nos correspondentes rexistros públicos, polo que a presentación da solicitude leva implícita a autorización para o tratamento necesario dos datos das persoas beneficiarias e a referida publicidade.

2. Por outra parte, de conformidade co previsto na Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións, transmitirase á Base de datos nacional de subvencións a información necesaria. Para os efectos de reintegro das subvencións, haberá que aterse ao disposto no título 2 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e no seu regulamento de desenvolvemento.

Artigo 28. Control

1. A Consellería de Política Social poderá levar a cabo as actividades de inspección que considere oportunas para controlar o cumprimento das axudas reguladas nesta orde.

2. Sen prexuízo do indicado no punto anterior, a Consellería de Política Social realizará, ben con persoal propio ou a través de empresas auditoras, actuacións de comprobación e control para verificar sobre o terreo o cumprimento das condicións para a percepción das axudas. As comprobacións incidirán sobre todos aqueles aspectos que garantan a realización dos compromisos adquiridos e o cumprimento dos requisitos fixados nesta orde. O persoal encargado da verificación levantará acta da actuación de control, que asinará a entidade á cal se lle entregará unha copia, e presentaralla ao órgano competente da Dirección Xeral de Inclusión Social xunto co informe de verificación. A entidade queda obrigada a facilitarlle ao persoal designado copia da documentación que se lle solicite relativa ao expediente obxecto de control.

Nas subvencións superiores a 60.000 euros no seu cómputo individual será requisito imprescindible a comprobación material do investimento polo órgano concedente, que poderá encomendarlla a outro órgano distinto, da que quedará constancia no expediente mediante acta de conformidade asinada, tanto pola persoa representante da Administración como pola entidade beneficiaria.

3. Ademais do anterior, todas as axudas estarán sometidas á función interventora e de control financeiro exercida pola Intervención Xeral da Comunidade Autónoma, nos termos que establece o título III da Lei 9/2007, do 13 de xuño, e á súa normativa de desenvolvemento. Así mesmo, estará sometida ás actuacións de comprobación previstas na lexislación do Tribunal de Contas e do Consello de Contas e aqueloutras que determine a súa condición de subvencionada polo PO FSE Galicia 2014-2020.

Disposición adicional primeira. Delegación de competencias

Autorízase expresamente a persoa titular da Dirección Xeral de Inclusión Social a actuar por delegación da persoa titular da Consellería de Política Social para resolver a concesión, denegación, modificación ou outras incidencias das subvencións previstas nesta orde, así como para autorizar e dispoñer gastos, o recoñecemento das obrigacións e a proposta de pagamentos, en relación co disposto no artigo 73.a) do Decreto lexislativo 1/1999, do 7 de outubro.

Disposición adicional segunda. Información básica sobre protección de datos persoais

Os datos persoais recadados neste procedemento serán tratados na súa condición de responsable pola Xunta de Galicia, Consellería de Política Social, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que se derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta do cidadán. Nestes datos inclúense os recadados da aplicación informativa «Inclusión Social» titularidade da Xunta de Galicia, e que ten por obxecto facer o seguimento das prestación sociais outorgadas ás persoas beneficiarias das axudas.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interese público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo, determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, reflictíndose esta circunstancia no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias, cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia. Os datos serán comunicados á Dirección Xeral de Política Financeira, Tesouro e Fondos Europeos da Consellería de Facenda coa finalidade de realizar a xestión, seguimento, control, coordinación e estudo da execución e avaliación dos programas operativos dos fondos procedentes da Unión Europea na súa condición de organismo intermedio dos programas operativos en virtude das funcións atribuídas pola autoridade de xestión dos programas operativos segundo o disposto nos artigos 125, punto 2, artigo 140, puntos 3 a 5, e anexo XIII, punto 3, do Regulamento (UE) nº 1303/2013 e as súas disposicións de desenvolvemento.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito nesta norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais dos que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www. xunta.gal/proteccion-datos-persoais

Disposición derradeira primeira. Habilitación para o desenvolvemento da orde

Autorízase a persoa titular do órgano de dirección con competencias en materia de inclusión social da Consellería de Política Social para ditar as normas que sexan necesarias para o desenvolvemento e a execución desta orde.

Disposición derradeira segunda. Entrada en vigor

Esta orde entrará en vigor o día seguinte ao da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2018

José Manuel Rey Varela
Conselleiro de Política Social

missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file
missing image file

ANEXO X

Guión para a elaboración da memoria de actuación das actividades realizadas

1. Datos relativos á actuación.

a) Denominación da entidade.

b) Denominación da actuación con indicación do marco en que se desenvolve.

2. Xustificación da actuación.

3. Obxectivos.

a) Obxectivo xeral.

b) Obxectivos específicos.

4. Recursos empregados.

a) Recursos humanos especificando a súa titulación e dedicación horaria á actuación.

b) Recursos materiais especificando os que son cedidos e a cooperación con outras entidades, se é o caso.

5. Actuacións desenvolvidas.

a) Cronograma.

b) Datas de inicio e remate.

c) Número de horas.

d) Modo de selección de participantes.

e) Metodoloxía do programa, incluíndo como se aplicou a perspectiva de xénero no seu desenvolvemento. Referencia ás técnicas e procedementos da intervención facendo especial fincapé, se é o caso, naqueles con compoñente innovador.

f) Relación de participantes con expresión do DNI ou equivalente.

g) Lugar onde se realiza e descrición das instalacións.

h) Outros datos de interese (asistencia, número de baixas, motivación, dificultades, etc.) desagregados por sexo.

i) Coordinación con outros dispositivos (equipos de inclusión, servizos sociais comunitarios, outras entidades, etc.

6. Datos relativos ás persoas participantes (só para actuacións do artigo 4.1.a) e 4.1.b)1º. Para o resto de actuacións esta información achegarase a través dos cuestionarios que se lles faciliten).

a) Perfil:

1º. Clasificación segundo o sexo (número de homes, número de mulleres).

2º. Clasificación segundo idade (por sexo).

3º. Clasificación por nivel de estudos, etc. (por sexo).

4º. Clasificación segundo problemáticas (inmigrantes, minorías étnicas, sen teito, etc.) por sexo.

5º. Clasificación por situación laboral e sexo.

b) Perfil das persoas con inserción laboral:

1º. Número total de insercións laborais.

2º. Clasificación segundo o sexo (número de homes, número de mulleres).

3º. Clasificación segundo idade (por sexo).

4º. Clasificación segundo problemáticas dos participantes por sexo (inmigrantes, minorías étnicas, sen teito, etc.).

5º. Clasificación por nivel de estudos por sexo, etc.

6º. Datos relativos ao tipo de contrato, xornada e sector de actividade por sexo.

7. Avaliación cualitativa da actuación.

a) Grao de cumprimento de obxectivos.

b) Protocolo de seguimento de actuacións e participantes.

c) Valoración do alumnado/persoas participantes/usuarias.

d) Resultado de indicadores de avaliación.

e) Conclusións. Aspectos que destacaría como boa práctica.

As entidades deberán seguir este guión, podendo engadir nas súas memorias os aspectos que consideren significativos para a valoración das actuacións desenvolvidas.

A entidade deberá presentar unha memoria para cada unha das actuacións subvencionadas.