A Consellería de Política Social está a tramitar o Proxecto de decreto de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social.
Na súa virtude, de conformidade co disposto no artigo 42.3 da Lei 16/2010, do 17 de decembro, de organización e funcionamento da Administración xeral e do sector público autonómico de Galicia,
ACORDO:
Primeiro. Someter a información pública, por un prazo de quince días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio, o Proxecto de decreto de desenvolvemento da Lei 10/2013, do 27 de novembro, de inclusión social de Galicia, no relativo á tramitación da renda de inclusión social de Galicia e das axudas de inclusión social.
Segundo. O texto do proxecto de decreto poderase consultar no portal de transparencia da Xunta de Galicia:http://transparencia.xunta.gal/tema/informacion-de-relevancia-xuridica/normativa-en-tramitacion/pendente-de-aprobación/-/nt/0285/proxecto-decreto-desenvolvemento-lei-102013-27-novembro-inclusion-social-galicia
Terceiro. As persoas físicas e xurídicas interesadas e a cidadanía, en xeral, poden facer as proposicións, as suxestións ou as recomendacións que consideren oportunas a este proxecto de decreto mediante a presentación de escrito, en calquera dos lugares previstos no artigo 16.4 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, dirixido á Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Política Social; Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781, Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 17 de xullo de 2018
Francisco Javier Abad Pardo
Secretario xeral técnico da Consellería de Política Social