Eu, Marina Pilar García de Evan, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 332/2018 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jaime Solla Viturro contra Ecometal Galicia, S.L., José Vicente Sobradelo García e o Fondo de Garantía Salarial, sobre despedimento, ditouse a seguinte resolución:
Acordo:
– Admitir a trámite a demanda presentada e en consecuencia:
– Citar as partes para que comparezan o día 6.8.2018 ás 11.45 horas na Secretaría deste xulgado, para a celebración do acto de conciliación ante a letrada da Administración de xustiza e, unha vez intentada, e en caso de non se alcanzar a avinza, o día 6.8.2018 ás 11.50 horas na planta baixa, Sala de Vistas, Edificio dos Xulgados, para a celebración do acto de xuízo ante o/a maxistrado/a.
– Cítese o Ministerio Fiscal.
– Advírtese á parte demandante que, en caso de non comparecer á sinalización sen alegar xusta causa que motive a suspensión dos actos de conciliación e xuízo, se terá por desistida da súa demanda. Advírtese, igualmente, á parte demandada que a súa non comparecencia aos referidos actos non impedirá a súa celebración, continuando estes sen necesidade de declarar a súa rebeldía.
– Respecto aos outrosís solicitados para os efectos previstos no artigo 81.4 da LXS, paso dar conta ao xuíz.
Ademais, tense por anunciado o propósito de comparecer asistido/a representado/a de avogado/a ou graduado social para os efectos do artigo 21.2 da LXS e por designado domicilio para os efectos de comunicacións, artigo 53 da LXS.
– Antes da notificación desta resolución ás partes paso a dar conta á súa señoría do sinalamento efectuado.
Notifíquese ás partes, facéndolles saber que en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.
Modo de impugnación: mediante recurso de reposición ante quen dita esta resolución, no prazo de tres días hábiles seguintes á súa notificación, con expresión da infracción que a xuízo do recorrente contén esta, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.
A letrada da Administración de xustiza».
E para que sirva de notificación en legal forma a José Vicente Sobradelo García, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no boletín oficial correspondente.
Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.
Santiago de Compostela, 5 de xullo de 2018
A letrada da Administración de xustiza