Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 148 Venres, 3 de agosto de 2018 Páx. 36269

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Outes

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a ampliación da ordenanza de solo industrial no núcleo urbano da Ribeira do Freixo.

Aprobada inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal para a ampliación da ordenanza de solo industrial no núcleo urbano da Ribeira do Freixo, mediante Acordo do Pleno do 28 de xuño de 2018, de conformidade co artigo 60.6 da Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, sométese a información pública polo prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao de publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.

Durante o dito prazo poderá ser examinado por calquera interesado nas dependencias municipais, para que se formulen as alegacións que se consideren pertinentes ou obter copias. Así mesmo, estará á disposición na sede electrónica deste concello, en www.outes.gal.

Quedan suspendidas as licenzas para a área afectada pola modificación. A duración da suspensión é dun máximo de dous anos e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva da modificación.

Outes, 10 de xullo de 2018

María Beatriz Molinos Vidal
Alcaldesa