No artigo 74 da Lei 5/1998, do 18 de decembro, de cooperativas de Galicia, modificada pola Lei 14/2011, do 16 de decembro, e no Decreto 430/2001, do 18 de decembro, polo que se aproba o Regulamento do Rexistro de Cooperativas de Galicia, no artigo 53, establece a obrigatoriedade de publicar, no Diario Oficial de Galicia, a modificación do artigo 2 dos estatutos sociais (cambio de domicilio social) da entidade Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega, acordada na reunión do órgano de administración do 19 de xuño de 2018, por unanimidade. Consta como novo domicilio social a rúa Ferrería, 27, baixo, concello de Vigo.
RESOLVO:
Dispor a publicación no Diario Oficial de Galicia da modificación do artigo 2 dos estatutos (cambio de domicilio social), da entidade Catro Ventos Editora, S. Coop. Galega.
Vigo, 19 de xullo de 2018
Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra