De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícaselles ás persoas que se especifican no anexo, a resolución do recurso de alzada interposto contra a resolución recaída no expediente tramitado no Rexistro de Parellas de Feito de Galicia na provincia de Ourense, por non ser posible a súa notificación por correo certificado.
Para coñecer o contido íntegro da resolución que se sinala no anexo a este anuncio, os interesados poderán comparecer no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, nas dependencias da Dirección Xeral de Xustiza, sita na rúa Madrid, 2-4, 2º, 15781 Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.
Este anuncio publícase para que conste e lle sirva de notificación aos interesados en cumprimento do disposto nos artigos 44 e 46 a Lei 39/2015, do 1 de outubro. A eficacia desta notificación queda supeditada á súa publicación no taboleiro de edictos único (TEU) do Boletín Oficial del Estado.
Así mesmo, ponse en coñecemento dos interesados que a resolución relacionada no anexo esgota a vía administrativa e poderán interpor recurso contencioso-administrativo ante o xulgado contencioso-administrativo correspondente no prazo de dous meses contado desde o día seguinte ao da súa notificación, e sen prexuízo de que poidan presentar calquera outro recurso que estimen conveniente.
Santiago de Compostela, 18 de xullo de 2018
Juan José Martín Álvarez
Director xeral de Xustiza
ANEXO
|
Nº de expediente |
Recorrentes |
Acto notificado |
Sentido do acto notificado |
|
OU-2018/00011 |
Neysa Zaibett Padilla Cadena Luz Elena Díaz Puentes |
Resolución do recurso de alzada |
Desestimación |


