Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 151 Mércores, 8 de agosto de 2018 Páx. 36858

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 18 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se fai pública a Resolución do 18 de xullo de 2018 pola que se denega o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 2 e 3 do polígono 4, do termo municipal de Arzúa (110/2017).

En cumprimento do establecido no artigo 48 da Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, faise público que, de acordo co establecido no artigo 60.1.c) da Lei 7/2012, do 28 de xuño, de montes de Galicia, a Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural da Coruña denegou, mediante a Resolución do 18 de xullo de 2018, o cambio de actividade forestal a agrícola das parcelas 2 e 3 do polígono 4, do termo municipal de Arzúa. O proxecto foi sometido previamente a avaliación ambiental simplificada e o informe de impacto ambiental foi emitido con data 28 de maio de 2018, publicado no Diario Oficial de Galicia número 122, do 27 de xuño.

A Coruña, 18 de xullo de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña