Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37457

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia Galega de Infraestruturas

ANUNCIO do 30 de xullo do 2018, do Servizo Provincial de Pontevedra, polo que se fai pública unha notificación de resolución de expediente de reclamacións de danos (expediente RD/PO-082/2017 e varios máis).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ás persoas relacionadas no anexo o acto que se indica no expediente de reclamación de danos en materia de estradas (Lei 6/2015, do 7 de agosto, de estradas de Galicia), devolta polo servizo de Correos, por resultar descoñecido/a o seu destinatario/a ou ben porque, intentada a notificación, non se puido efectuar.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, os interesados dispoñen dun prazo de dez (10) días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para comparecer na sede do Servizo Provincial da Axencia Galega de Infraestruturas (avenida María Victoria Moreno, 43, 1º, Edificio Administrativo Pontevedra 36003), se desexan examinar o expediente e coñecer o contido íntegro deste acto, que contén tamén ofrecemento de prazo de alegacións ou de recursos. Transcorrido o dito prazo de dez (10) días sen efectuarse a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao do vencemento do prazo sinalado para comparecer.

Fáiselles saber que contra a dita resolución, definitiva na vía administrativa, cabe recurso contencioso-administrativo ante o xulgado do contencioso-administrativo da circunscrición en que o demandante teña o seu domicilio, ou no de Pontevedra, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao remate do prazo de dez días antes sinalado ou ao da comparecencia do/a interesado/a, se é o caso.

Para que conste e lles sirva de notificación aos interesados, asino e selo este anuncio.

Pontevedra, 30 de xullo de 2018

Fausto Núñez Vilar
Xefe do Servizo Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente

Persoa interesada

Acto notificado

Estrada

RD/PO-082/2017

Sanxenxo Explotaciones Forestales, S.L.

Resolución de expediente

VG-4.1 (Sanxenxo, A Lanzada)

RD/PO-173/2017

Ipsumgal, S.A.

Resolución de expediente

PO-510 (Atios, Salvaterra de Miño)

RD/PO-174/2017

María del Carmen Leitón Durán

Resolución de expediente

PO-403 (Salvaterra de Miño, Ponteareas)

RD/PO-215/2017

Unigamas España, S.L.

Resolución de expediente

PO-344 (Forcadela, Couso)

RD/PO-227/2017

Julio González Alonso

Resolución de expediente

PO-331 (Torneiros, Gondomar)

RD/PO-241/2017

Quinta do Sobreiro, S.L.

Resolución de expediente

PO-510 (Atios, Salvaterra de Miño)