Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37139

II. Autoridades e persoal

b) Nomeamentos

Consellería de Infraestruturas e Vivenda

ORDE do 9 de xullo de 2018 pola que se nomean vogais do Xurado de Expropiación de Galicia.

O Xurado de Expropiación de Galicia foi creado pola Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia (Louga), que se identifica como o órgano colexiado permanente da Comunidade Autónoma de Galicia especializado nos procedementos para a fixación do prezo xusto na expropiación forzosa, cando a Administración expropiante sexa a comunidade autónoma ou as entidades locais do seu ámbito territorial, actuando nas súas funcións con plena autonomía funcional. Esta mesma consideración mantense no artigo 11 da lei actualmente vixente, Lei 2/2016, do 10 de febreiro, do solo de Galicia, que derroga e substitúe a anterior.

O desenvolvemento normativo regulamentario recóllese no Decreto 223/2005, do 16 de xuño, polo que se aproba o Regulamento de organización e funcionamento do Xurado de Expropiación de Galicia, plenamente vixente, que, entre outros aspectos, establece, no seu artigo 1, a natureza e as funcións deste órgano.

O artigo 4.7 do citado regulamento establece, respecto da composición do xurado, que os distintos organismos, entidades e colexios profesionais proporán, cada un deles, un representante que actuará como vogal titular. Así mesmo, queda prevista a designación, do mesmo xeito, dun vogal suplente que actuará en caso de vacante, ausencia, enfermidade ou calquera outra causa que imposibilite a asistencia daquel titular.

O artigo 4.8 do citado regulamento di que os vogais aos que se refire o parágrafo anterior poderán ser substituídos polas entidades, organizacións e asociacións que os designase, e que os así nomeados permanecerán no seu cargo, como máximo, polo tempo que lle restase ao substituído para o cumprimento do seu mandato.

En virtude das ordes do 5 de maio, do 9 de xullo e do 17 de xullo de 2014 polas que se nomean vogais do Xurado de Expropiación de Galicia (publicadas no DOG dos días 12 de maio, 28 de xullo e 30 de xullo de 2014), realizouse o nomeamento de vogais, titulares e suplentes, en representación de varios destes organismos e entidades. Esgotada a vixencia do seu mandato e despois de realizar os trámites formais de solicitude de designación aos organismos e entidades sinaladas no anteriormente mencionado artigo 4, estas achegaron a súa proposta, dado que os anteriores nomeamentos estaban xa vencidos.

Por todo iso,

DISPOÑO:

Artigo único

Noméanse as persoas que se relacionan no anexo, como vogais do Xurado de Expropiación de Galicia, por un período de catro anos.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2018

Ethel María Vázquez Mourelle
Conselleira de Infraestruturas e Vivenda

ANEXO

Vogais do Xurado de Expropiación de Galicia segundo o disposto no artigo 4.2.c), d), e) e f) do Decreto 223/2005, do 16 de xuño.

– En representación da Consellería de Facenda.

Titular: Xan Xosé Castro Dapena.

Suplente: Carlos Darriba López.

– En representación da Federación Galega de Municipios e Provincias.

Titular: César López Arribas.

Suplente: Miguel Fernández Solís.

– En representación do Consello Galego de Consumidores e Usuarios.

Titular: Rosa Rodríguez Vales-Villamarín.

Suplente: Yolanda Pérez Rivera.

– En representación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Agrónomos de Galicia:

Titular: José Carlos González Cabo.

Suplente: José Antonio Rivas Paz.

– En representación do Colexio Oficial de Enxeñeiros Industriais de Galicia:

Titular: Manuel Aurelio Colmenero Guzmán.

Suplente: José Ángel Alonso Guerrero.

– En representación do Colexio Notarial de Galicia:

Titular: Manuel Remuñán López.

Suplente: Mª del Carmen Carreira Simón.

– En representación do Colexio de Economistas de Galicia:

Titular: Enrique Domínguez Docampo.

Suplente: Carlos Díaz Pérez.

– En representación do Colexio de Enxeñeiros de Minas do Noroeste de España:

Titular: Juan Ricoy Alonso.

Suplente: Enrique García Tamargo.

– En representación do Colexio Oficial de Arquitectos de Galicia:

Titular: José Manuel Alonso Velasco.

Suplente: Alberto de Paula Prieto.