Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37447

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

ANUNCIO do 22 de xuño de 2018, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se fai público o outorgamento de demasía da concesión de explotación denominada Trevinca número 4289, no termo municipal de Carballeda de Valdeorras.

A Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria de Ourense comunica que o director xeral de Enerxía e Minas lle outorgou a Pizarras Rozadais, S.L. a demasía da concesión de explotación que a seguir se describe:

Nome: Trevinca.

Número de expediente: 4289.

Recurso: sección C.

Termo municipal: Carballeda de Valdeorras.

Titular: Pizarras Rozadais, S.L.

Superficie: seis (6) cuadrículas.

O que se fai público para coñecemento xeral e en cumprimento do artigo 27.2 da Lei 3/2008, do 23 de maio, de ordenación da minaría de Galicia.

Ourense, 22 de xuño de 2018

Santiago Álvarez González
Xefe territorial de Ourense