Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37467

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Fundación Galicia Europa

ANUNCIO do 3 de agosto de 2018 polo que se convocan, en réxime de concorrencia competitiva, corenta prazas de formación para o desenvolvemento no ano 2018 das actividades formativas de especialización en financiamento comunitario, programa TecEuropa.

O día 2 de agosto de 2018 publicouse no Diario Oficial de Galicia a Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para conceder, durante o ano 2018, actividades formativas de especialización en financiamento comunitario, programa TecEuropa, e a aprobación das bases reguladoras polas que se rexerá a concesión, en réxime de concorrencia competitiva, das prazas para participar no dito programa.

Segundo o establecido no artigo 15 dos estatutos da Fundación Galicia Europa, en ausencia do presidente da Fundación corresponde ao vicepresidente asinar as convocatorias públicas das axudas, subvencións e bolsas formativas da Fundación.

Á vista do anteriormente exposto

DISPOÑO:

Primeiro. Convocatoria

1. Convocar 40 prazas de formación para o desenvolvemento da actividade formativa, programa TecEuropa, de conformidade coas bases reguladoras establecidas no anexo I da Orde do 20 de xullo de 2018 pola que se autoriza a Fundación Galicia Europa para realizar, durante o ano 2018, actividades formativas de especialización en financiamento comunitario, programa TecEuropa, e se aproban as bases reguladoras para a súa convocatoria.

2. Datas e lugar de realización da actividade formativa:

A primera edición desenvolverase entre os días 26 e 30 de novembro en Bruxelas e os días 11 de decembro (mañá e tarde) e 12 de decembro (mañá) en Santiago de Compostela (20 persoas).

A segunda edición terá lugar entre os días 26 e 30 de novembro en Bruxelas e os días 13 de decembro (mañá e tarde) e 14 de decembro (mañá) en Santiago de Compostela (20 persoas).

3. Co fin de asegurar unha representación equilibrada do persoal das distintas entidades, o número de prazas destinadas á reserva mínima para cada grupo distribuirase da seguinte maneira (por cada edición):

a) 7 prazas para persoal con relación laboral nalgunha das entidades membros do padroado da FGE: Xunta de Galicia, Abanca, Consorcio Zona Franca de Vigo, Deputación Provincial da Coruña, Deputación Provincial de Lugo e Axencia Galega de Innovación (Gain).

b) 6 prazas para persoal con relación laboral nalgunha das entidades locais galegas.

c) 4 prazas para persoal con relación laboral nalgunha entidade pertencente ao terceiro sector en Galicia.

d) 3 prazas para persoal vinculado con algunha das demais entidades públicas ou privadas galegas sen ánimo de lucro. Por persoal vinculado entenderase aquel que teña unha relación laboral ou ben que acredite unha relación de cooperación coa entidade.

Segundo. Solicitudes

1. Para poder ser beneficiario da actividade formativa deberá presentarse unha solicitude axustada ao modelo normalizado que se inclúe como anexo II das bases da convocatoria anteriormente mencionada, que irá acompañada dos documentos que se especifican no artigo 8 das devanditas bases.

2. As solicitudes deberán presentarse na forma e no prazo establecidos no artigo 7 e 9 das bases reguladoras, que sinala un mes contado a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio da convocatoria no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. Importe e financiamento

1. O importe total destinado a financiación das prazas para a actividade formativa ascende a un total de vinte e oito mil euros (28.000 €).

2. A FGE aboará un máximo de 700 euros a cada persoa beneficiaria, segundo os gastos orixinados, xustificados e pagados, unha vez finalizada a estadía en Bruxelas e acreditada a participación en todas as actividades. O prazo de xustificación será dun mes a partir da data de finalización da actividade formativa en Santiago de Compostela.

3. O financiamento desta actividade enmárcase na epígrafe gastos por axudas e outros, axudas monetarias, con cargo á conta 65001, axudas monetarias individuais, do orzamento de gastos da FGE para o exercicio 2018, que ten crédito adecuado e suficiente para o seu financiamento por importe total de 28.000 euros.

Cuarto. Prazo de duración do procedemento de concesión

Unha vez rematado o prazo para a presentación de solicitudes, estas serán tramitadas e valoradas de acordo co procedemento establecido nas bases reguladoras.

O procedemento de concesión non poderá ter unha duración superior aos tres meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia.

Quinto. Información aos interesados

1. Sobre este procedemento administrativo (PR816A) poderase obter documentación normalizada segundo as bases reguladoras na sede electrónica da Xunta de Galicia https://sede.xunta.gal ou información adicional na Fundación Galicia Europa, a través dos seguintes medios: páxina web oficial da Fundación Galicia Europa:
http://www.fundaciongaliciaeuropa.eu

O teléfono: 981 54 10 12 ou enderezo electrónico: santiago@fundaciongaliciaeuropa.eu

Presencialmente: Fundación Galicia Europa, rúa do Hórreo, 61, Santiago de Compostela.

2. Para dúbidas relacionadas con dificultades técnicas ou necesidade de máis información durante o proceso de obtención ao presentar os formularios por vía electrónica, poderán facer as súas consultas ao teléfono de información 012 ou ao correo electrónico 012@xunta.es

Sexto. Información básica sobre protección de datos de carácter persoal

Os datos persoais recadados neste procedemento trataraos, na súa condición de responsable, a Xunta de Galicia-Fundación Galicia Europa, coas finalidades de levar a cabo a tramitación administrativa que derive da xestión deste procedemento e a actualización da información e contidos da carpeta do cidadán.

O tratamento dos datos baséase no cumprimento dunha misión de interés público ou no exercicio de poderes públicos, conforme a normativa recollida na ficha do procedemento incluída na Guía de procedementos e servizos, no propio formulario anexo e nas referencias recollidas en https://www.xunta.gal/informacion-xeral-proteccion-datos. Con todo determinados tratamentos poderán fundamentarse no consentimento das persoas interesadas, que se reflectirá esta circunstancia, no devandito formulario.

Os datos serán comunicados ás administracións públicas no exercicio das súas competencias cando sexa necesario para a tramitación e resolución dos seus procedementos ou para que os cidadáns poidan acceder de forma integral á información relativa a unha materia.

Co fin de darlle a publicidade exixida ao procedemento, os datos identificativos das persoas interesadas serán publicados conforme o descrito na presente norma reguladora a través dos distintos medios de comunicación institucionais de que dispón a Xunta de Galicia, como diarios oficiais, páxinas web ou taboleiros de anuncios.

As persoas interesadas poderán acceder, rectificar e suprimir os seus datos, así como exercer outros dereitos ou retirar o seu consentimento, a través da sede electrónica da Xunta de Galicia ou presencialmente nos lugares e rexistros establecidos na normativa reguladora do procedemento administrativo común, segundo se explicita na información adicional recollida en https://www.xunta.gal/proteccion-datos-persoais.

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2018

Alfonso Rueda Valenzuela
Vicepresidente da Fundación Galicia Europa