Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37423

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 106/2018).

Eu, María Teresa Vázquez Abades, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execucion de títulos xudiciais 106/2018 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Almudena Díaz de Pablo contra a empresa María Dolores Ferreiro Varela, sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

Parte dispositiva:

Declaro extinguida a data da presente resolución a relación laboral que unía a Almudena Díaz de Pablo con María Dolores Ferreiro Varela, condenando a esta a aboarlle a Almudena Díaz de Pablo a suma de 1.994,59 euros en concepto de indemnización pola extinción da relación laboral, a suma de 16.299,94 euros en concepto de salarios de tramitación desde a data do despedimento ata a presente resolución, resultando un total de 18.294,53 euros.

Notifíquese ás partes e ao Fogasa a presente resolución e fágaselles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 2 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a María Dolores Ferreiro Varela, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza