Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 153 Venres, 10 de agosto de 2018 Páx. 37460

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego de Promoción Económica

RESOLUCIÓN do 19 de xullo de 2018 pola que se notifican as resolucións ditadas no expediente IG174.2010.2.73 e catro máis.

Intentadas as notificacións persoais e devoltas polo servizo de Correos ao resultar imposible a súa práctica, de conformidade co establecido no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, pola presente resolución, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións, que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.

Os actos obxecto do presente anuncio non se publican na súa integridade en virtude da cautela prevista no artigo 46 da Lei 39/2015. Advírteselles aos interesados de que contra as resolucións, as cales esgotan a vía administrativa, poderán interpoñer un recurso contencioso-administrativo ante os xulgados do contencioso-administrativo de Santiago de Compostela, no prazo de dous meses contados a partir do día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Non obstante, previamente poderán interpoñer un recurso de reposición ante o mesmo órgano que ditou a resolución impugnada, dentro do prazo dun mes contado a partir do día seguinte á publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. O expediente ponse de manifesto aos interesados neste centro directivo sito en Santiago de Compostela, Complexo Administrativo San Lázaro, s/n.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2018

Juan Manuel Cividanes Roger
Director xeral do Instituto Galego de Promoción Económica

ANEXO

Nº expediente

DNI/razón social

Programa de axudas

Data resolución

Órgano que dita a resolución

Notificación

IG174.2010.2.73

Azetanet, S.L.

Proxectos de mellora dos equipamentos das pemes do sector servizos cun investimento subvencionable superior a 30.000 € e ata 200.000 € (Resolución do 15 de abril de 2010, DOG nº 80, do 29 de abril)

21.6.2018

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG179.2017.1.22

33319208M

Axudas para o programa de apoio ao acceso ao financiamento operativo (activo corrente) das pemes (Re-solve 2017) (Resolución do 29 de decembro de 2016, DOG nº 249, do 30 de decembro)

20.2.2018

Directora da Área de Financiamento do Igape

Resolución de arquivamento por desistencia

IG190.2017.2.131.APCC

Wota, Marek Mariusz

Axudas aos servizos de análise do potencial competitivo, profesionalización e desenvolvemento estratéxico (programa Re-Acciona), cofinanciados polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional con cargo ao programa operativo Feder Galicia 2014-2020 (Resolución do 27 de xuño de 2017, DOG nº 129, do 7 de xullo)

21.5.2018

Director da Área de Competitividade do Igape

Resolución de arquivamento por renuncia

IG204.2015.1.152

Luchana Restauración, S.L.

Axudas para a bonificación dos custos do financiamento das pemes de Galicia, titulares de préstamos superiores a 25.000 € (Programa de apoio financeiro ás pemes) (Resolución do 5 de xuño de 2015, DOG nº 115, do 19 de xuño)

15.5.2018

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total

IG230.2016.1.70

Poe and You, S.L.N.E.

Axudas para a execución de accións de promoción exterior das empresas galegas (Galicia Exporta empresas) (Resolución do 28 de decembro de 2015, DOG nº 247, do 29 de decembro)

6.4.2018

Director xeral do Igape

Resolución de expediente de incumprimento total