Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx. 37881

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

ANUNCIO do 11 de xullo de 2018, do instrutor do expediente sancionador PSC/2018/08, polo que se notifica a proposta de resolución do expediente citado, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 12 de marzo de 2018 o secretario xeral técnico da Consellería de Sanidade asinou o Acordo de Incoación de expediente sancionador á entidade Centro Óptico Smara, cuxa titularidade corresponde a Beatriz Rodríguez Pereira, NIF 36063309E, con enderezo para os efectos de notificacións na avenida Castelao, nº 23, 1º dereita, Vigo, 36209 Pontevedra.

Con data do 14 de xuño de 2018, o instrutor do expediente sancionador PSC/2018/08 emitiu a proposta de resolución, que se remitiu á interesada por correo certificado concedendo un prazo non inferior a dez días nin superior a quince, co fin de que poidese alegar ou presentar os documentos e informacións que considere pertinentes, ademais de informar que tiña á súa disposición toda a documentación do expediente.

Con data do 21 de xuño de 2018, ás 12.15 horas, o Servizo de Correos fixo o primeiro intento de notificación e o 22 de xuño de 2018, ás 19.10 horas, o segundo intento, resultando ámbolos dous infrutuosos, polo que foi devolta a correspondencia por ausente na repartición.

En conformidade co disposto polo artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, tentándose a notificación da proposta de resolución ditada no procedemento sancionador PSC/2018/08, e non podéndose practicar, esta farase mediante publicación dun anuncio no Boletín Oficial del Estado, podendo, con carácter potestativo, publicalo previamente no Diario Oficial de Galicia. En concordancia co anterior, por medio deste anuncio notifícaselle á persoa que se relaciona no anexo a proposta de resolución adoptada.

Segundo establece o artigo 46 da citada lei, a interesada dispón dun prazo de dez días, contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio no Boletín Oficial del Estado, para examinar a proposta de resolución nas dependencias da Inspección Sanitaria de Ferrol, situada na plaza de España 19, 5º, Ferrol (A Coruña).

Para que conste e lle serva de notificación á persoa interesada, asino e selo este anuncio.

Ferrol, 11 de xullo de 2018

José María Pérez Martínez
Instrutor

ANEXO

Número do expediente: PSC/2018/08.

Interesado: Beatriz Rodríguez Pereira.

NIF: 36063309E.

Última dirección coñecida: avenida Castelao, 23, 1º dereita, Vigo, 36209 Pontevedra.