De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 6 de xullo de 2018 relativo ao proxecto de rehabilitación do pazo de Laia e os seus anexos para uso hoteleiro, concello de Palas de Rei, promovido por Gustavo Enrique Castellano Hernández.
Este informe pódese consultar na ligazón http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).
Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2018
María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático