Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx. 37863

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio

ANUNCIO do 20 de xullo de 2018, da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, polo que se fai publico o informe de impacto ambiental sobre o proxecto da conexión do porto seco de Monforte de Lemos coas estradas LU_933 e CN_120, treito LU-933, no concello de Monforte de Lemos, promovido pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI) (expediente 2018/0001).

De conformidade coa Lei 21/2013, do 9 de decembro, de avaliación ambiental, artigo 47, número 3, faise público o informe de impacto ambiental do 16 de xullo de 2018 relativo ao proxecto da conexión do porto seco de Monforte coas estradas LU_933 e CN_120, treito LU-933, no concello de Monforte de Lemos (Lugo), promovido pola Axencia Galega de Infraestruturas (AXI).

Este informe pódese consultar na ligazón http://www.cmaot.xunta.gal/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático, sitas en Santiago de Compostela (San Lázaro, s/n, planta baixa).

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2018

María Cruz Ferreira Costa
Directora xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático