Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx. 37895

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 20 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Lugo, polo que se notifica a Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 3 de xullo de 2017 que modifica o Acordo da zona de concentración parcelaria da Órrea-Galegos (Riotorto).

De conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, notifícase ás persoas interesadas na relación adxunta por medio do presente anuncio publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a resolución ditada no expediente de modificación do Acordo da zona de concentración parcelaria da Órrea-Galegos (Riotorto-Lugo), que foi devolta polo servizo de Correos.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a eficacia do acto notificado quedará supeditada á súa publicación no BOE.

Os interesados poderán comparecer, no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE, nas oficinas do Servizo de Infraestruturas Agrarias da Xefatura Territorial da Consellería do Medio Rural de Lugo, sitas na rolda da Muralla, 70, baixo primeiro, Lugo, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres, para o coñecemento íntegro da resolución administrativa citada e constancia de tal coñecemento.

Expediente: resolución.

Acto notificado: Resolución da Dirección Xeral de Desenvolvemento Rural do 3 de xullo de 2017, pola que se modifica o Acordo da zona de concentración parcelaria da Órrea-Galegos (Riotorto-Lugo).

Durante o prazo dun mes contado desde o día seguinte á publicación desta resolución no BOE, os interesados poderán interpoñer recurso de alzada contra a mesma ante a Consellería do Medio Rural, na forma legalmente prevista.

Lugo, 20 de xullo de 2018

María Olga Iglesias Fontal
Xefa territorial de Lugo

ANEXO

Número de propietario

Apelidos e nome

127

Fernández Braña, Carmen

127

Fernández Braña, Manuel

210

Freijo Sobrado, Manuel

215

García Fernández, Florinda

273

Gómez Vázquez, Rosendo

381

Pérez Pérez, José

465

Veiga Cotarelo, Salustiano

465

Veiga García, Ana María

465

Veiga García, Francisco Manuel

465

Veiga García, Mª del Carmen

581

Sistemas Enerxéticos Fonseca, S.A.

127

Fernández Braña, Carmen

127

Fernández Braña, Manuel

645

Yáñez Pérez, Mª Luz

645

Yáñez Pérez, Manuel