Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 154 Luns, 13 de agosto de 2018 Páx. 37837

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (165/2016).

Eu, Juan Rey Pita, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento de clasificación profesional 165/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ouhni Lhouceine, Oliver Dinardi Cris contra Semcor 3000, S.L., Economical Jurist, S.L.P. e o Fogasa, sobre clasificación profesional, ditouse resolución o 6 de xullo de 2018 contra a que se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días. Faise saber que no devandito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E para que sirva de notificación en legal forma a Semcor 3000, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2018

O letrado da Administración de xustiza