Visto o artigo 5.7 do Decreto 442/1990, do 13 de setembro, de avaliación do impacto ambiental para Galicia (DOG núm. 188, do 25 de setembro),
RESOLVO:
Dar publicidade mediante esta resolución á declaración de impacto ambiental formulada pola Dirección Xeral de Calidade Ambiental e Cambio Climático o 19 de xullo de 2018, relativa ao proxecto do parque eólico Mouriños, nos concellos de Cabana de Bergantiños e Zas (A Coruña), promovido por Renovables Aragón, S.L.U., e que se poderá consultar na ligazón http://www.cmati.xunta.es/resolucions-da-avaliacion-ambiental-de-proxectos e nas dependencias da Dirección Xeral de Enerxía e Minas da Consellería de Economía, Emprego e Industria, sitas no Edificio Administrativo San Caetano, bloque 5, 4º andar, en Santiago de Compostela.
Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2018
Ángel Bernardo Tahoces
Director xeral de Enerxía e Minas