Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2018 Páx. 37978

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1143/2018-PM).

Tipo e número de recurso: (RSU) recurso de suplicación 1143/2018 PM

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 232/2014 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: José Pérez Fernández

Avogado: Alberto Muñoz Rodríguez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, David Fernández Grande, S.L., Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Umivale Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales S.S. número 15, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61, Juan Manuel Natividad Argibay, Mutua La Fraternidad-Muprespa, Mutua colaboradora coa Seguridade Social número 275, Esmegra, S.L., Juan Carlos Valencia Leiros, Robulus, S.L., MC Mutual, Maderas Morán, S.L., José Luis Crespo Martínez, Granitos JFS, S.L., Granitos de Castilla, S.L., Soutelo, S.L., Manuel Martínez Rodríguez

Avogados: Alfredo Briales Porcioles, Luis Esteban Leyenda Martínez, Lorenzo Sabell Peláez, Alberto Fresco González, Juan Carlos Vázquez García, Ruth Álvarez-Valeiras García, José Luis Feijóo Borrego e María del Pilar Estévez Rodríguez

Eu, M. Asunción Barrio Calle, letrada da Administración de xustiza da Sección Primeira desta Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1143/2018 desta sección, seguido por instancia de José Pérez Fernández contra a empresa Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, David Fernández Grande, S.L., Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo, Umivale Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales S.S. número 15, Fremap, Mutua de Accidentes de Trabajo y Enfermedades Profesionales nº 61 e Juan Manuel Natividad Argibay, sobre accidente de grao, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que estimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de José Pérez Fernández, contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 dos de Vigo, en proceso sobre incapacidade, promovido polo traballador recorrente, debemos revogar e revogamos a dita resolución, e estimando a demanda declaramos o demandante afecto de incapacidade permanente total derivada de enfermidade profesional para a súa profesión de barreneiro de canteiras e condenamos o INSS, a Mutua La Fraternidad-Muprespa, a empresa Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., a Mutua MC Mutual e a empresa Robulus, S.L. a estar e pasar por tal declaración, condenamos o INSS e a TXSS ao aboamento da prestación que legal e regulamentariamente proceda nunha porcentaxe do 67,02 % e condenamos a Mutua La Fraternidad-Muprespa que aseguraba o risco da empresa Canteras Hermanos Cortiñas, S.L. nunha porcentaxe do 28,38 %, e á Mutua MC Mutual nunha porcentaxe do 4,6 %, ao ser a aseguradora da empresa Robulus, S.L., e absolvemos o resto de codemandadas das pretensións na súa contra deducidas.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguido de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos
0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Canteras Hermanos Cortiñas, S.L., Juan Manuel Natividad Argibay, Esmegra, S.L., Juan Carlos Valencia Leiros, José Luis Crespo Martínez, Granitos JFS, S.L., Granitos de Castilla, S.L. e Soutelo, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza