Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 155 Martes, 14 de agosto de 2018 Páx. 37987

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO de citación (PO 234/2016).

Eu, Rafael González Alió, letrado da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento deste xulgado do social co número PO 234/2016, seguido por instancia de Dalia Barrero Díaz contra a entidade Moi Bon Natal, S.L.U., sobre reclamación de cantidade, foi ditada a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación.

Letrado da Administración de xustiza: Rafael González Alió.

Lugo, 11 de abril de 2018.

Suspendido o acto de conciliación e/ou xuízo nas presentes actuacións, por resolución precedente, sinálanse novamente para o día 13.3.2019 ás 10.30 horas, citando ás partes en legal forma e coas advertencias legais, as cales deberán concorrer ao acto para o cal se citan con todos os medios de proba de que se tenten valer, actos que non se suspenderán pola incomparecencia dos demandados.

– Mantéñense todas as decisións que foran adoptadas para a precedente vista suspendida.

– Declarada insolvente a empresa demandada na ETX 93/17 deste xulgado, acórdase trasladar ao Fondo de Garantía Salarial a demanda e esta resolución, para o seu coñecemento e efectos.

Notifíquese ás partes facéndolles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles tentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou semellantes, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación. Mediante recurso de reposición que se interporá no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación ante o/a letrado/a da Administración de xustiza que dita esta resolución, con expresión da infracción que contén a xuízo do recorrente, sen que a interposición do recurso teña efectos suspensivos con respecto á resolución impugnada.

O/a letrado/a da Administración de xustiza».

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

E para que sirva de citación á entidade Moi Bon Natal, S.L.U., expídese este edicto.

Lugo, 12 de xuño de 2018

O letrado da Administración de xustiza