Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38258

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural

ANUNCIO do 1 de agosto de 2018, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se notifica o emprazamento relativo ao procedemento ordinario 96/2018, interposto ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, contra unha resolución relativa á concentración parcelaria de Touro-Quión (Touro-A Coruña).

De conformidade co disposto nos artigos 42.2 e 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, logo de intentada a notificación sen que se puidese efectuar, notifícase por medio do presente anuncio, publicado no Boletín Oficial del Estado (BOE), a Rafael Lamas Penas a apertura do procedemento ordinario número 96/2018 pola Sección Primeira da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, interposto por Ramón José Lamas Penas contra unha resolución relativa á concentración parcelaria de Touro-Quión (Touro-A Coruña).

O que se lle notifica en canto interesado no procedemento, emprazándoo a fin de que poida comparecer, se así o considera oportuno, perante a mencionada sala no prazo de nove (9) días contados a partir do seguinte ao da publicación deste anuncio no BOE.

Así mesmo, este anuncio publicarase no Diario Oficial de Galicia, ben que a súa eficacia quedará supeditada á súa publicación no BOE.

A Coruña, 1 de agosto de 2018

Mónica López López
Xefa territorial da Coruña