Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38198

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1184/2015).

Eu, María Adelaida Egurbide Margañón, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1184/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jaime Pérez Fernández contra a empresa O Boi de Carlos, S.L., sobre ordinario, ditouse sentenza cuxa resolución é a seguinte:

«Decido que, estimando a demanda interposta polo demandante Jaime Pérez Fernández debo condenar e condeno a empresa O Boi de Carlos, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 2.936,37 euros polos conceptos reclamados na demanda.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela non cabe recurso de suplicación.

Así por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación en legal forma ao Boi de Carlos, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no DOG.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 20 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza