Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 156 Venres, 17 de agosto de 2018 Páx. 38290

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Teixeira

ANUNCIO de notificación no procedemento de execución subsidiaria de xestión da biomasa vexetal.

Intentada a notificación aos interesados no procedemento sen que fose posible efectuala, e de conformidade co disposto no artigo 44 da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas, por medio deste anuncio comunícaselles e requíreselles ás persoas responsables descoñecidas a súa obriga de xestión de biomasa vexetal e retirada de especies arbóreas prohibidas. Concédeselles para facelo un prazo máximo de quince (15) días naturais, desde a publicación no Boletín Oficial del Estado do anuncio preceptivo.

Indícase que o texto íntegro do acto que se notificará, así como o expediente no seu conxunto, están á disposición dos interesados para o seu exame e coñecemento nas dependencias municipais do Concello da Teixeira.

Referencias catastrais:

1. 32081A011000050000GR: Benito Losada.

2. 32081A055002900001HE: en investigación.

3. 32081A055002900000GW: en investigación.

O que se publica para os efectos indicados.

A Teixeira, 8 de agosto de 2018

Miguel Antonio Cid Álvarez
Alcalde