Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38635

IV. Oposicións e concursos

Servizo Galego de Saúde

ANUNCIO do 29 de xuño de 2018, da Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, polo que se dá publicidade da resolución da mesma data pola que se convoca procedemento de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo das categorías de técnico en coidados auxiliares de enfermaría, técnicos especialistas de laboratorio e técnicos especialistas de radiodiagnóstico.

Conforme os criterios reitores das bases de mobilidade interna voluntaria do persoal estatutario fixo, correspondentes ás categorías de persoal sanitario diplomado e de formación profesional, e de persoal de xestión e servizos das institucións sanitarias de atención especializada do Servizo Galego de Saúde, aprobadas pola Mesa Sectorial o 23 de decembro de 2009, a Xerencia de Xestión Integrada de Ferrol, tras un proceso de negociación coa representación legal dos traballadores deste centro sanitario, e con base nas competencias atribuídas polo Decreto 43/2013, do 21 de febreiro (DOG núm. 47, do 7 de marzo), polo que se establece a estrutura orgánica do Servizo Galego de Saúde; polo Decreto 168/2010, do 7 de outubro, polo que se regula a estrutura orgánica de Xestión Integrada do Servizo Galego de Saúde, e a Orde do 5 de xullo de 2012 (DOG núm. 139, do 20 de xullo), sobre delegación de competencias en órganos centrais e periféricos do Servizo Galego de Saúde, o xerente de Xestión Integrada de Ferrol

RESOLVE:

Primeiro

Anunciar a convocatoria de prazas de mobilidade interna voluntaria do persoal fixo das categorías de técnico en coidados auxiliares de enfermaría, técnico especialista de laboratorio e técnico especialista de radiodiagnóstico, así como as bases que rexerán a convocatoria. O prazo de presentación de instancias será de vinte (20) días hábiles contados desde o día seguinte ao da súa publicación.

A formalización das solicitudes de participación, así como o rexistro dos méritos para a súa posterior valoración, efectuarana as persoas concursantes a través do currículo do profesional habilitado (FIDES expedient-e), ao cal se accederá na forma que se indica no anexo III da convocatoria.

Segundo

Ordenar a súa publicación nos taboleiros de anuncios da Dirección de Recursos Humanos da EOXI Ferrol, na intranet da EOXI Ferrol e no punto de atención ao traballador.

Contra esta resolución poderase interpoñer recurso de alzada, ante a Dirección Xeral de Recursos Humanos do Servizo Galego de Saúde, no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte ao da súa publicación nos termos da Lei 39/2015, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Ferrol, 29 de xuño de 2018

Ángel José Facio Villanueva
Xerente de Xestión Integrada de Ferrol