Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 157 Luns, 20 de agosto de 2018 Páx. 38686

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía, Emprego e Industria

RESOLUCIÓN do 12 de xullo de 2018, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se somete a información pública a actualización do plan de restauración da concesión de explotación Laxe da Cruz número 2732 (PO/C/02732), situada no termo municipal de Ponteareas (Pontevedra).

En cumprimento do disposto no artigo 6 do Real decreto 975/2009, do 12 de xuño, sobre xestión dos residuos das industrias extractivas e de protección e rehabilitación do espazo afectado por actividades mineiras, sométese ao trámite de información pública a actualización do plan de restauración da concesión de explotación Laxe da Cruz número 2732 (PO/C/02732), situada no termo municipal de Ponteareas (Pontevedra) e solicitado por Áridos Puenteareas, S.L.

O que se fai público facendo constar que, durante o prazo de trinta días hábiles, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia, o proxecto e plan de restauración se atopan dispoñibles ao público, para a súa consulta, na Sección de Minas da Xefatura Territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra e no portal da Consellería de Economía, Emprego e Industria (http://ceei.xunta.gal/expediente-explotacions-mineiras). As posibles alegacións achegaranse durante o prazo sinalado, dirixidas ao xefe territorial da Consellería de Economía, Emprego e Industria en Pontevedra, en calquera das oficinas previstas no artigo 16.4 da Lei 39/2015, de 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Pontevedra, 12 de xullo de 2018

Ignacio Rial Santomé
Xefe territorial de Pontevedra