Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2018 Páx. 38830

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 1 de agosto de 2018, da Secretaría Xeral Técnica e do Patrimonio da Consellería de Facenda, pola que se declara a Comunidade Autónoma de Galicia herdeira ab intestato de Antonia Lombardía Fernández.

Antecedentes:

Mediante a Resolución do 29 de setembro de 2017 acordouse a incoación do procedemento administrativo para a declaración da Comunidade Autónoma de Galicia como herdeira ab intestato de Antonia Lombardía Fernández (ABI/2016/0003).

A citada resolución publicouse no Boletín Oficial del Estado (núm. 256, do 24.10.2017), no Diario Oficial de Galicia (núm. 200, do 20.10.2017), na páxina web da Consellería de Facenda, e foi exposta nos taboleiros de anuncios dos concellos de Santiago de Compostela e Baralla por prazo non inferior a un mes.

Constan no expediente os correspondentes certificados de defunción e derradeiras vontades relativos á persoa causante, nos cales se acredita o seu falecemento, o 29 de maio de 2015, en Santiago de Compostela, e que non tiña outorgado testamento rexistrado. Así mesmo, figura igualmente incorporado certificado do seu empadroamento no Concello de Santiago de Compostela e queda xustificada a súa veciñanza civil galega.

Non se recibiron alegacións, documentos ou outros elementos de xuízo que cuestionen a sucesión a favor da Administración autonómica, o que corrobora o informe emitido para o efecto pola Policía Autonómica de Galicia e as manifestacións de terceiras persoas unidas ao expediente.

Das consultas efectuadas perante o Catastro Inmobiliario, no Índice xeral informatizado de predios e dereitos do Rexistro da Propiedade e no Rexistro Xeral de Contratos de Seguros de Cobertura de Falecemento, así como da información obtida de entidades bancarias e por outras fontes, determinouse, en principio, que polo menos forman parte do caudal hereditario da persoa finada os bens e dereitos que se adxudican no punto segundo desta resolución, sen prexuízo da inclusión na herdanza daqueloutros que se identifiquen con posterioridade a esta declaración como de titularidade da persoa causante.

A Asesoría Xurídica emitiu informe sobre a adecuación e suficiencia das actuacións practicadas para a declaración da Comunidade Autónoma como herdeira ab intestato da persoa causante.

Fundamentos xurídicos:

Lei 2/2006, do 14 de xuño, de dereito civil de Galicia, artigos 267 e seguintes.

Código civil, artigos 657 e seguintes.

Lei 33/2003, do 3 de novembro, do patrimonio das administracións públicas, artigos 20.6, 20.bis e 20.ter.1.

Lei 5/2011, do 30 de setembro, do patrimonio da Comunidade Autónoma de Galicia, artigos 4 e 56.

Decreto 94/1999, do 25 de marzo, sobre réxime administrativo da sucesión intestada a favor da Comunidade Autónoma de Galicia.

Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Decreto 30/2017, do 30 de marzo, polo que se establece a estrutura orgánica da Consellería de Facenda, artigos 4 e 7.

Segundo o anterior,

RESOLVO:

Primeiro. Declarar a Comunidade Autónoma de Galicia única e universal herdeira ab intestato de Antonia Lombardía Fernández, con DNI 33145288B, entendéndose legalmente aceptada a herdanza a beneficio de inventario.

Segundo. Adxudicar á Administración autonómica os seguintes bens e dereitos da herdanza identificados:

– Abanca, conta de aforro: 2080 0300 83 3000866432.

– Abanca, conta de aforro: 2080 0300 87 3001426176.

Terceiro. Publicar a presente resolución no Boletín Oficial del Estado, no Diario Oficial de Galicia e na páxina web da Consellería de Facenda, área temática de Patrimonio, anuncios que se poden consultar no seguinte enlace: http://www.conselleriadefacenda.es/areas-tematicas/patrimonio/anuncios

Unha copia desta resolución será remitida para a súa exposición pública, por prazo non inferior a un mes, nos taboleiros de anuncios dos concellos de Santiago de Compostela e Baralla.

Esta resolución poderá ser recorrida por infracción das normas sobre competencia e procedemento mediante recurso de alzada, no prazo dun mes, perante o conselleiro de Facenda, de conformidade cos artigos 112.1, 114 e 121 e seguintes da Lei 39/2015, do 1 de outubro, do procedemento administrativo común das administracións públicas.

Os que se consideren prexudicados en canto ao seu mellor dereito á herdanza ou noutros dereitos de carácter civil pola declaración de herdeira ab intestato ou a adxudicación de bens a favor da Comunidade Autónoma de Galicia poderán exercer as accións pertinentes perante o órgano da xurisdición civil correspondente.

Santiago de Compostela, 1 de agosto de 2018

A secretaria xeral técnica e do Patrimonio
P.S. (Resolución do 10.7.2018)
Ángeles Vidal Ruiz
Subdirectora xeral de Apoio Técnico-Xurídico