Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 158 Martes, 21 de agosto de 2018 Páx. 38822

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (PO 892/2016).

Demandante: José Manuel García Vázquez

Demandados: Fogasa, Transcerofer, S.L.

Avogado: letrado de Fogasa, (...)

Eu, Susana Varela Amboage, letrada da Administración de xustiza do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 892/2016 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Manuel García Vázquez contra Transcerofer, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

«Sentenza 364/2018.

Santiago de Compostela, 19 de xullo de 2018.

Vistos por Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela e o seu partido, os presentes autos 892/2016, seguidos por instancia de José Manuel García Vázquez, representado pola letrada Anxos Canela Regueiro, contra a entidade Transcerofer, S.L.

Decisión.

Que debo estimar a demanda presentada a instancia de José Manuel García Vázquez contra a entidade Transcerofer, S.L. e, en consecuencia, condeno a demandada a aboarlle ao demandante a cantidade de 11.113,97 euros como cantidades debidas en concepto de salarios debidos máis o xuro de mora do 10 % sobre a dita cantidade.

Todo sen prexuízo das responsabilidades legais do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes comparecidas, facéndolles saber que esta non é firme e que contra ela cabe interpor recurso de suplicación, que se presentará no prazo de cinco días hábiles contados desde o seguinte ao de notificación da presente, ante este órgano de xustiza para ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, logo de consignación legalmente prevista para tal efecto na conta de depósitos e consignacións deste xulgado, respectando as consideracións e requisitos previstos nos artigos 190 e 191, ambos os dous da Lei reguladora da xurisdición social.

Así o acorda, manda e asina, Ana María Souto González, maxistrada xuíza de reforzo do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Transcerofer, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de anuncios deste xulgado.

Advírteselle á destinataria que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de xullo de 2018

A letrada da Administración de xustiza